Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/04/12

Libros pola tanxente

Este curso decidimos dedicar o mes do libro ás matemáticas. Fixemos este cartel que, como podedes ver, é a espiral de Arquímedes manipulada con algunhas portadas de libros de mates e nomeamos a actividade como "Libros pola tanxente".
Temos pensado facer moitas actividades, así que... estade atent@s! de momento, ide fotografando por aí o que vexades que pode haber de matemático na vida. Hai premios!


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.