Eu pensando que necesitaba un "chute" de novela negra para engancharme á lectura! Pois non, Agustín Fernández Paz fixo que me pegase ao libro ata que o rematei...este Aire negro revisitado polo autor despois de 16 edicións na súa forma anterior de Literatura Xuvenil e agora na colección Narrativa da mesma editorial Xerais, e en palabras do propio autor "unha novela que reescribín o verán pasado, dándolle vida nova a unha historia que nacera hai anos. Agora si me que deixa satisfeito, e máis con esa portada de Nosferatu, unha película que aprezo especialmente". Como lectora, non teño máis que recomendárvola, sabendo quen é o autor e que está reescrita creo que sobra cada palabra miña. Simplemente que tedes garantido o enganche ao libro, e iso é máis que suficiente!
Grazas, Agustín, pola túa xenerosidade sempre.
Sen comentarios
Publicar un comentario