Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/10/12

A punta de pistola

Hai persoas -ás que admiro profundamente- que levan esculpidas na súa face a bondade, e son capaces de reter esa bondade e practicala toda a súa vida nesta tremenda sociedade na que vivimos. Así é Fran Alonso, alguén á quen aprecias desde o momento en que o coñeces. Ou iso é o que me sucedeu a min.
Por iso aledeime moito cando souben que foi el o XII Premio de Novela por Entregas "La Voz de Galicia", libro que vén de publicar a editorial Xerais co nome d ' A punta de pistola. Novela breve e con capítulos curtos que se corresponden coas bases do Premio. Consegue o autor imprimir a obra de ritmo enérxico -o final, un pouco precipitado- atendendo á realidade social: a marxinalidade e a desestruturación familiar é o eixo da historia principal, mentres que nos arrabaldes conviven a historia da primeira muller camioneira, Celia Rivas -da que eu nada sabía-, e unha camioneira blogueira esperta e espelida da que botamos de menos maior profundidade psicolóxica. O feito de termos estas dúas historias -que o autor fía para encontrárense- aporta á lectura dous ritmos diferentes e afastados un do outro que aportan á lectura maior interese.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.