Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/11/12

María Fumaça

Vén de publicar Galaxia este fermoso álbum-CD-DVD con ilustracións de P. Pastor subtitulado "cantar e bailar para ser máis feliz": María Fumaça abrangue 24 letras cheas de vida e de ledicia conducidas por unha teteira vermella que convida a tomar algo quente para nos esquecer do frío outonizo.
O libro gravita arredor de Ruí, un neno cunha parálise cerebral moi severa que, a pesar desa problemática, ten unha gran capacidade para gozar da vida. Temas musicais e vídeos coa participación de Uxía Senlle, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro, Quico Cadaval… Algúns dos vídeos foron elaborados con pictogramas para que os nenos con necesidades especiais poidan gozalo. 
Un obxectivo marabilloso que dá gusto sentir nesta publicación: a discapacidade como aceptación nun ambiente festivo e optimista.
 
 

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Convida a cantar e bailar. Falta fai!

Anxinho dixo...

Eu xa cho teño encargadiño aos Reis...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.