Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/12/12

Carlos Negro presenta...Makinaria

 Di meu pai "el hombre propone y Dios dispone". E así sucedeu con este vídeo. Cando o ano pasado veu Carlos Negro naquel día inesquecible para todas e todos nós, o meu prezado compañeiro  Anxinho gravouno case integramente. Pero estragouse o ordenador, perdeuse o traballo... ata agora, que conseguiu recuperalo. E aquí está: só son uns meses de retraso, xa que Carlos veu máis ou menos polo mes de abril. Un día no que falamos de velocidade, da morte de mozos e mozas pola súa inconsciencia, de, en fin, Makinaria.




Grazas Carlos pola túa xenerosidade, pola poesía, polo teu bo facer, pola amizade.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.