Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/12/12

Marcopola

Gustoume moito a proposta de Jacobo Fernández Serrano con este Marcopola, a illa remeira. As orixes de Marcapola publicado por Xerais. Gústame non só polo cómic en si, que tamén, senón pola importancia que ten que se publique cómic galego pensando nos máis peques. Cómpren publicacións deste tipo na nosa literatura, cómic con calidade e con continuidade, libros en galego para enganchar a lectores novos en formato cómic, algo que ás veces semellaba un tanto esquecido. Aínda que leo con abraio que esta publicación data do 2009 en castelán para se publicar posteriormente en francés e catalán. Vaia, que tarde chegamos sempre!
Unha illa ben illada e soa que precisa de amizade e aventuras será ben seguro un éxito: como non o vai ser se ademais temos un osiño aviador chamado "libro"! A min, dende logo, xa me conquistou. Co dinamismo e fluidez propios dun bo cómic, o libro ofrece divertimento e chiscadelas ben doces. E cunha imaxe fluída que dá consistencia e bo facer ao conxunto. 
Agardamos a segunda entrega!



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.