Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/01/13

O libro dos Reis Magos


Recoñézoo: dende que o vin no Facebook non parei ata atopar alguén que mo prestase. Ollo! prestado, que non houbo ninguén que tivese a ben engalanar a miña casa con este álbum tan fermoso ilustrado por Marina Seoane e de plumas femininas: Celia Parra Díaz, Eva Lozano Carpente, Yolanda Castaño, Elena Gallego Abad, Antía Otero, Rosalía Morlán Vieites, María Canosa, Lupe Gómez, Ledicia Costas,  Concha Blanco, Teresa González Costa, Rosa Aneiros, Oriana Méndez, Helena Villar Janeiro, Beatriz García Turnes, Andrea Porto Mato, Clara do Roxo, María Solar, Paula Carballeira, Dores Tembrás, Inma López Silva, Mercedes Queixas Zas, Anxos Sumai, Fina Casalderrey, Ana María Fernández, Rosa Golmar

 Un álbum pensado para que os Reis Magos, chegando cansos de tan longa viaxe, poidan dirixirse a nenos e nenas na nosa lingua sen necesidade de consultar o dicionario porque... magos, si, pero ás veces semella que non coñezan a nosa lingua. Así que este álbum soluciónalle a vida e o momento: teñen o discurso ben preparado e é ben fermoso. Ademais, poden escoller, que máis queren!
En fin, que cando teñen unha boa idea, tamén haberá que dicilo, para unha que teñen!!! O malo do asunto é que os mortais que non somos Magos quedamos sen o libro.
Así que si, o álbum é realmente fermoso.
 

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Concordo, para unha vez... Si que é fermoso, debería estar ó alcance de todos.

Carmela dixo...

Lin o do libro dos Reis Magos e eu levo moito tempo pensando en recuperar un libro que lle comprei á miña filla cando era pequena hoxe ten 28 anos era a carta do xefe indio Seattle cuns debuxos pintados a plumiña que era unha bendición. Canto daría por volver ter ese libro nas miñas mans pero non creo que poida, presteino e non o recuperei. Quería saber se o coñeces.
Saúdos

Ronsel dixo...

Síntoo, Carmela, pero non sei cal é o libro do que falas. Si coñezo o discurso, tópalo en internet facilmente, pero ese libro non sei cal é. Iso é o malo dos préstamos: non adoitan volver. Cantos teño perdido eu tamén!

MAR dixo...

Carmela, sería un que leva por título: Cacique Seattle. Cartas por la Tierra??? Podes buscalo na web é de 1996 ou por aí. Un saúdo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.