Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/02/13

O carballo con botas

Un libro para os máis pequenos e pequenas, un conto ben fermoso de Anxo Moure con ilustracións de Cristina Ouro publicado por Sotelo Blanco: O carballo con botas fala da importancia de coidar o medio ambiente, da fascinación da natureza e do perigo dos incendios, que destrúen todo canto é de noso. Pero un libro que tamén afonda na crueza da guerra e da soidade. E sobre todo, no medio da destrución, do lixo, do vello... sempre xorde a esperanza, a vida, o futuro. E se os bosques teñen árbores, nós teremos contos. Que sería do ser humano sen os contos? Por iso, este libriño convértese nun imprescindible para que a rapazallada entenda certos valores que nunca, nunca, debemos esquecer.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.