Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/02/13

Quíxente tanto!

Seguimos con Rosalía de Castro. Desta volta, cun poema musicado que o noso prezado alumno César Castillo, recén chegado de terras foráneas, ofreceunos. Sei do seu esforzo, pola lingua e pola timidez, así que o meu agradecemento é dobre. Mañá interpretará este tema para todo o alumnado. Nós ofrecémolo en primicia!

7 comentarios:

Departamento de LGL dixo...

Gustoume moito esta versión. Moitos parabéns para Eduardo!

Ronsel dixo...

Moitas grazas. Eduardo?

Dept.Biblioteca dixo...

Gracia, gústame moito, moito, máis que Aid, que gustazo; poñerei o vídeo nas clases con permiso, podes traelo a Poio cando queiras, está invitadoooo e ti tamén. Parabén ao alumno e á profe.
Rosalía agora e sempre.

Ronsel dixo...

A min tamén me gusta máis que Aida, que non me gusta, xa que me parece que todo o seu disco é plano. E cando queres que o leve, alá imos! A ver se o convenzo para que me musique algún poema máis!

Román dixo...

Desculpade, parabéns para César, un artistazo!

Carmen dixo...

Parabéns para ese mozo, arte e sensibilidade, que gusto.

Ronsel dixo...

Grazas a todos. Mañá falareille do seu éxito!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.