Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/03/13

Poetizándonos

 Para ir abrindo boca, algunhas imaxes da visita de Fran Alonso onte ao noso centro. Non sei moi ben como dar as grazas a tanta xenerosidade vivida no día de onte, por parte dun alumnado poetizado e por parte de Fran, quen nos acompañou ata ben entrada a noite. Foi o meu mellor Día da Poesía grazas a eles.




Ademais, onte pola mañá sacamos a poesía ás rúas. Co alumnado de 1º de Bacharelato, totalmente volcado e entusiasmado coa idea, fomos polas rúas de Silleda recitando poemas e agasallándoos nun sobre, para que a poesía forme parte da vida cotía da vila. Creo que foi unha lección de vida para tod@s el@s, posto que puidemos observar de preto as reaccións dos veciños e veciñas cando nos achegamos a eles. Moito que aprender!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.