Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/05/13

Rosalía pequeniña

???????????????????????????????

Volvamos gozar de Rosalía musicada, desta volta da impresionante voz de Uxía Senlle. Publica Galaxia na súa colección "Sonárbore" esta marabillosa entrega en formato álbum ilustrado maxistralmente por Marina Seoane. Rosalía pequeniña é un libro precioso que se converte en imprescindible para achegar a figura de Rosalía aos máis novos e novas, con dez poemas adaptados para unha nena que soña ser poeta, rebelde e rebuldeira que chama pola alborada. Para colmo do inmellorable, está prologado pola prezada e laureada Begoña Caamaño. Unha xoia para escoitar, para ler, para admirar, e para logo profundar na figura máis importante da nosa Literatura.



Poema "Como chove miudiño"








Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.