Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/13

Na lingua que eu falo

Por fin puiden gozar con este libro-disco publicado por Galaxia onde Najla Shami canta a Rosalía de Castro. A cantante reinterpreta seis poemas en colaboración non músicos como Pedro Pascual, Sérgio Tannus ou Narci Rodríguez; ademais, suma aportacións de figuras como Uxía. Destaca nesta intérprete palestino-galega a súa doce voz e a súa evocación poética. Redobra Rosalía a súa voz grazas a esta reinterpretación poética-musical con ritmos diferentes e contributos singulares que conseguen ofrecernos novísimas creacións case descoñecidas con acento rosalián.


 
Camiño Branco - Najla Shami from Márcio-André on Vimeo.
 
 



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.