Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/03/14

44 poemas para leer con niños

Descubrín a Mar Benegas cando realicei (semella que hai miles de anos mais non pasou tanto tempo: foi no 2011) unha exposición de álbums ilustrados e descubrín unha editorial que me encantou polo seu nome: República Kukudrulu.  E logo os seus títulos. E con eles o libro de poemas A lo bestia, de Mar Benegas. A partir de aí tiven a oportunidade de seguila no Facebook e ir topando outros traballos dela coma este.
E así cheguei a estoutro libro que tamén me encanta: 44 poemas para leer con niños  -e sen nenos- é unha guía estupenda para falar de poesía, con poemas e notas a pé de páxina, con propostas, e cun Decálogo imprescindible de "Cómo no leer un poema":

1
Al poema no le gusta que lo interroguemos antes de leerlo. ¡Es tan agradable dejarse llevar por él! Un poema leído con prejuicios es un poema echado a perder.
2
Al poema no le gusta el «no lo entiendo», ¿acaso intentamos entender la inmensidad del mar o los colores de un cielo encendido al atardecer?
3
Al poema no le gusta que lo leamos como si fuera la lista de la compra: qué alegría le da que lo leamos acompañando con la voz; serios como sopranos o divertidos como si dijésemos un trabalenguas; cada uno tiene una forma de lectura que lo hará mejor poema.
4
Al poema no le gusta que lo lean en público sin vestirse adecuadamente. Es coqueto. Si practicamos un poco
antes de leerlo delante de otros, nuestra voz se convertirá en parte del poema y lo hará crecer.

(...)
 
As gardas do libro lémbrannos a Fran Alonso:




porque tal como el afirma, "a poesía non morde". E así se repite aquí en castelán. Non só non morde, senón que debe estar preto dos máis peques.

Logo vén unha selección de poemas. Unha boa selección. Poemas coñecidos e poemas descoñecidos. Poemas sorprendentes. Poemas que xogan. Poemas que entristecen.



"No me gustaría dejar de recordaros lo hermoso que es compartir la lectura en voz alta: el vínculo que se genera es de los que perduran en la memoria. Recordad que cuando vuestra familia ríe, lee, juega, recita, conversa o piensa junta, está construyendo recuerdos"

Por certo, a editorial chámase Litera...

44poemas2
44-poemas644-poemas-2
44-poemas544-poemas-4
44-poemas-3


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.