Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/03/14

Inventario ilustrado das árbores

Se xa tiñamos o Inventario ilustrado dos mares e o Inventario ilustrado dos animais, agora completamos colección con Inventario ilustrado das árbores que conta coas ilustracións de Emmanuelle Tchorukriel e o texto da científica Virginie Aladjidi. Publicado, claro está, por Kalandraka. As mesmas características: non é tan só un álbum ilustrado senón que é tamén un libro de divulgación científica, deses que sempre estamos a dicir que ben nos cómpren na nosa lingua e dos que andamos tan escasos. Vocabulario realacionado coas follas e os bosques, os nomes científicos, características... un inventario ben completo que resulta moi útil polo que de visual nos ofrece: ilustracións científicas que nos lembran aquelas que os científicos de antes debuxaban a man para ter todo ben ordeado. Importante lembrar a función ecolóxica dos bosques, algo que en Galicia temos ben esquecido como ben demostran os incendios continuos que sofre a nosa terriña.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.