Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/03/14

Lapidarias. Os versos escuros


Con que optimismo se achega un profesor a un libro cando este se produce por recomendación dun alumno! Pois con esta énfase merquei eu este libro, despois de oír ao meu alumno Isidro, unha e outra vez, que David Rodríguez era o seu heroe poético e que teño que buscar o xeito de coñecérmolo. Como chegou Isidro até aquí? Pois lendo Poetízate, claro. Tiñan que escoller un autor ou autora e Isidro non o dubidou nin un só instante. E así estamos. Lendo eu grazas á súa porfía. E gustoume, claro, non podía ser doutro xeito! Lapidarias. Os versos escuros, publicado por Xerais, é un libro de poemas que destacan pola súa brevidade e contención, xa que converte os versos en pura esencia expresiva, onde cavila sobre a vida ou a morte, o amor ou o desamor, e mesmo sobre deus e/ou o demos. E estas reflexións establéceas cun diálogo co lector/a e as fotografías que acompañan o libro xunto aos propios silencios, os espazos en branco.
Así que xa vedes, facédelle caso a Isidro, que eu:  “as veces é bo calar / a vida é máis curta que as palabras”

Escribir a dor
tampouco non cura

Austeridade barroca:
facelo en dez mil posturas
por un único orgasmo

Lapidarte a bicos

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.