Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/04/14

Aula Suso de Toro (I)

Xa temos nova aula! Desta volta, contamos coa presenza de Suso de Toro, a quen, todo hai que dicilo, esprememos en demasía. Rematamos esgotados! Case todo o centro quixo estar presente e non puidemos evitalo: non todos os días se teñen personalidades así.








Houbo un pouco de todo e xa volo iremos amosando con calma, posto que os vídeos tardan algo máis. 
O alumnado de 1º de Bacharelato agardou ao noso escritor cunha presentación na que ían intercalando anacos escollidos dos libros lidos por eles con anterioridade:


E o alumnado de2º de Bacharelato de Ética e Filosfía do Dereito realizou este vídeo sobre un texto escrito por Suso de Toro: "Non marchedes sen loitar antes".


Tamén no Faro de Vigo e  na Voz de Galicia.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.