Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/09/14

Os dereitos da infancia

Aplausos. Ovacións. Parabéns. Agradecementos.
Todo isto para a editorial Xerais.
Que magnífica nova e canta emoción xunta nun álbum sobre os Dereitos da Infancia.
E que álbum!
Para comezar, direivos que conta coas ilustracións de Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración no ano 2011.
A seguir, infórmovos de que o prólogo vén da pluma de... Francesco Tonucci!!!
Para rematar, contareivos que os relatos veñen asinados por Antonio Almodóvar, Eliacer Cansino, Gloria Cecilia Díaz, Mariasun Landa, Gustavo Martín Garzo, Gonzalo Moure, Daniel Nesquens, Ana María Shua, Lorenzo Silva... e noso grandísimo Agustín Fernández Paz!!!
Si. Teño o libro comigo coa emoción compartida arestora convosco. Un libro que debe estar dende xa en todos os andeis das bibliotecas escolares. Porque, e non só, é un libro solidario. Porque cada Dereito vén acompañado dun relato reflexivo destes autores e autoras. E porque non debemos esquecer que a infancia ten dereitos. E estes, ás veces, non se respectan. E porque eses nenos e nenas son, xustamente, o noso futuro. De educalos en valores dependerá a nosa sociedade futura.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.