Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/11/14

Libro do Mal Amor (II)

Xa vos falei o outro día deste proxecto que estes días ocupa o noso tempo e as nosas mentes: o Libro do Mal Amor, Haikus contra a Violencia de Xénero.
Amosámosvos daquela cinco haikus ilustrados. Nesta segunda entrega, van catro: de Ana Mª Fernández, Juan Carlos Martín Ramos, Concha Blanco e Miro Villar. Moitas grazas por participar.
Como vedes, dous están ilustrados por Mar García e outros dous por Arancha Diñeiro: grazas polo voso magnífico traballo!







2 comentarios:

Celia dixo...

Gústanme todos, mais o primeiro é un horizonte aberto e por iso me chamou especialmente.

María Jesús dixo...

Que marabilla!! Que gran idea e que grandes poetas!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.