Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/01/15

Reo

 Xesús Fraga é o autor de Reo, premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2103, que publica Galaxia. Unha introdución -para min, primeiriza- ao universo fraffiteiro. Un mozo conta en primeira persoa as súas experiencias vitais, o seu mundo, as súas dúbidas e mesmo a súa propia desesperanza... todo o que se convirta nun mozo que gosta de escribir en paredes e muros da súa cidade. Así, con este libro, aprendín que ese universo de "escritores" distinguen entre bombardeos, tags, flopeos, potas ou pezas. A carón desta afección, medran ritmos musicais como o rap,  para transformaren a incomunicación xeracional en arte da rúa.
Gustoume que presente o graffiti como unha actividade artística, algo que neste novela, ademais, axuda ao protagonista a seguir adiante, a ter unha meta, a querer ser o mellor. Gustoume tamén que o libro presente un mozo "de verdade" e que fale dos temas propios da nosa xuventude, como é o drama do paro familiar ou a incomprensión xeral dos adultos; tamén o inicio do amor. Coido que está ben tratado o tema da adolescencia, así como ese final aberto que deixa que o lector opine: cal será o futuro deste mozo? Poderá vivir con plenitude a súa vida grazas ao don que posúe?
Podedes visitar o blog do libro premendo aquí.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.