Aínda non comecei as vacacións, pero Gatiño si, e imos celebralo con el... e coa editorial Kalandraka, que presenta un suculento menú veraniego que iremos amosando estes días.
Gatiño e as vacacións de Joel Franz Rosell e Constanze v. Kitzing tráenos unha nova aventura do noso Gatiño. Desta volta, escoita como todos os seus amigos e amigas teñen grandes plans para as vacacións... pero que sucede coas súas? Por que el non pode estar á altura dos demais? Pero pronto comprenderá que hai cousas máis importantes, aprendendo que as circunstancias sociais son as que son e que non é o material o que prima: hai diferentes xeitos de gozar do lecer e do verán. Así que aquí contamos cun amplo abano de posibilidades, todas elas igual de marabillosas, porque o máis importante é gozar co que temos.
Sen comentarios
Publicar un comentario