Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/11/16

Cousas de papá

Raúl Gómez Pato é o artífice deste libro de poemas musicado por Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio que publica a editorial Xerais: Cousas de papá é divertido, imaxinativo e musical, xa que posúe rima cheas de suxestións e espírito lúdico. Tanto, que dos 17 poemas que contén o libro, 10 poderémolos cantar grazas ao disco que incorpora este libro, unha aportación gozosa para a poesía infantil que conta novamente na nosa lingua con poemas tenros e expresivos que resultan deliciosamente un bo xeito de comezar as aulas de infantil. 
Teño claro que se debería comezar a xornada escolar escoitando un poema.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.