Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/09/07

Oito millóns de razóns

Que aínda non liches este libro? Pois a que esperas! Hai oito millóns de razóns para facelo.
Son oitos millóns as persoas en todo o mundo que compraron un exemplar do libro de máis éxito nos últimos anos: La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón.
A novela é un faiado. Esa é unha das súas grandes virtudes. Nas súas páxinas hai un pouco de todo: novela histórica, novela de intriga, novela de amor...
Neste libro dáse a capacidade do autor para enganchar ao lector e a calidade da escritura. Ruiz Zafón manexa o argumento e a alquimia das palabras.
Ata existe a posibilidade de patear Barcelona seguindo as pegadas do libro! Porque é unha novela de viaxes prodixiosas sen saír de Barcelona.
Eu pregúntome intrigada que escribirá agora. Porque despois de tanto éxito, supoño que calquera obra que escriba posteriormente será comparada con esta. E aí radica a dificultade do éxito.

"Alguien dijo una vez que en el momento en que te paras a pensar

si quieres a alguien, ya has dejado de quererle para siempre"

Mil veces he querido regresar y perderme en un recuerdo del que apenas puedo rescatar una imagen...

5 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Elixíchedes un dos meus libros favoritos.
"Le hablé de cómo hasta aquel momento no había comprendido que aquella era una historia de gente sola, de ausencias y de pérdida, y que por esa razón me había refugiado en ella hasta confundirla con mi propia vida, como quien escapa a través de las páginas de una novela porque aquellos a quien necesita amar son sólo sombras que viven en el alma de un extraño"

Anónimo dixo...

Pois eu vou confesar que abandonei a lectura deste libro, alá polo 2004. Comecei a lelo pero non me enganchaba e deixeino. Non me gustan as historias de Carlos Ruiz Zafón. Será moi bo libro, pero sempre para quen lle guste :)

unBico!

Anónimo dixo...

Y a quien le guste, que siga con La ciudad de los prodigios, de Eduardo Mendoza. Quizá es el gran maestro de Ruiz Zafón. Es una novela distinta, quizá de más alcance, pero que atrapa igualmente y dibuja con humor y pericia cincuenta años de historia de la ciudad.

Anónimo dixo...

Un dos meus libros favoritos. Encántame Ruíz Zafón e especialmente esta novela.
Lina unha e outra vez e ségueme gustando.

Xermana

Anónimo dixo...

"De libros malditos del hombre que los escribió, de un personaje que se escapó de las páginas de una novela para quemarla, de una traición y de una amistad perdida; es una historia de amor y de jodio, y de unos sueños que viven de la sombra del viento". Coñecín a Carlos Ruíz Zafón polo 2004, cun libro que me encantou chamado "el príncipe de la niebla" e cando Gracia me falou deste aventureime a lelo sen siquiera pensalo, e a verdade e que non me defraudou. Moitas grazas por poñerme nas miñas mans esta novela tan auténtica e chea de ilusións por cumplir.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.