Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/11/07

El hombre del salto

Hai distintos xeitos de chegar a un libro; ás veces lemos por recomendación, outras por intuición, outras por pasar tanto tempo na libraría que acabas mercando non sabes cal de todos os que queres, e outras -coma neste caso- por medio dun marcapáxinas. Si, este libro compreino grazas ao marcapáxinas que o anunciaba. Vale, e porque nunca nada lera deste autor (perdónnnnnn) e falábase del para o Nobel (que despois foi para unha muller: Ben!!!)
Un dos "efectos" máis interesantes da literatura é o poso que pode deixar a lectura dun libro cando esta remata. Eses minutos ou horas nos que pensas nel, asimilando, lembrando... ou tentando esquecelo. Quizais ata poidamos medir o gusto por ese libro segundo a duración deste tempo.
Este libro deixa a un nun estado de desolación... (por que lerei eu estes libros???)
El hombre del salto é unha novela densa que nos pasea pola vida arredor dos atentados do 11-S, especialmente a dun home que sobrevive aos ataques, e tamén nos acerca a un dos terroristas nos meses previos aos ataques. E por suposto, está a figura do home do salto, quen lle dá título á novela.
DeLillo afástase dos tópicos, o derrubamento das Torres é o telón de fondo para pór en escena a un grupo de persoas destrozadas que tentan refacer as súas vidas, ou darlles sentido. A novela é gris, como as torres, e toca diversos temas nas rúas dunha cidade pantasma chea de figuras anónimas, cunha narración fragmentaria, desasosegante, deprimente, con cambios constantes de personaxes e situacións: un labirinto narrativo, un acerto técnico.
"No por ello mi vida es más interesante que la tuya. Se puede hacer que suene más interesante. Pero en la memoria, en esas profundidades non hay muchos colores fuertes ni sensaciones desbocadas. Todo es gris, todo es espera"
"En días como este escribía poemas. Tenían algo en común, la lluvia y la poesía. Más adelante fueron el sexo y la lluvia los que tenían algo en común. Los poemas solían ser sobre la lluvia, la sensación de estar en el interior mirando deslizarse las gotas solitarias..."
"Había empezado a comprender que la muerte es más fuerte que la vida. Allí donde el paisaje lo consumía, cascadas de agua detenidas en el espacio, un cielo al que nunca se le veía el final"



1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

A vida, por moitos sensabores, por moitas decepcións, por moitos desenganos, que os hai. Cantos e de que xeito!. A vida, querido Ronsel, sempre é mellor e máis forte que a morte porque cando menos o podes esperar, sempre xorde a ESPERANZA...!!
Bicos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.