Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/11/07

Mulleres poetas do 27

Carlos Pineda reivindica ás poetas da Xeración do 27, esquecidas ou arrinconadas en case calquera antoloxía. Primeiro habería que preguntarse cales son as razóns deste esquecemento, entendendo por tal non só a negación a lembrar, senón a eliminación definitiva de toda referencia ou imaxe. Son razóns simplemente sociohistóricas ou son razóns estéticas? Responde quizais ao feito diferencial de ser muller?
1.- Concha Méndez (Madrid, 1898 - México, 1986)
Poeta madrileña, amiga de Luis Buñuel, García Lorca e Rafael Alberti, pronto publica o seu primeiro libro, Inquietudes (1926). En 1933 establécese en Londres coa súa parella, o poeta Manuel Altolaguirre, onde fundan a revista hispano-inglesa 1616; porén, o proxecto editorial no que participará e será clave para a poesía española será a revista Caballo Verde, dirixida por Neruda. No ano 1991 edítanse as súas Memorias habladas, memorias armadas, na editorial Mondadori.
Foi posuidora dunha poesía contida na súa expresión e dunha impresionante soltura rítmica que lle confire ao seu alento poético unha cualidade de transparecia que engana tras unha primeira lectura. Poeta áxil para esconder tras a enunciación pura (calculada estratexia da sorpresa conceptual), profundas críticas á condición humana signada polo cinismo e o sarcasmo.
Quisiera tener varias sonrisas:
Quisiera tener varias sonrisas de recambio
y un vasto repertorio de modos de expresarme.
O bien con la palabra, o bien con la manera,
buscar el hábil gesto que pudiera escudarme...
Y al igual que en el gesto buscar en la mentira
diferentes disfraces, bien vestir el engaño;
y poder, sin conciencia, ir haciendo a las gentes,
con sutil maniobra, la caricia del daño.
Yo quisiera ¡y no puedo! ser como son los otros,
os que pueblan el mundo y se llaman humanos:
siempre el beso en el labio, ocultando los hechos
y al final... el lavarse tan tranquilos las manos.

2.- Ernestina de Champourcín (Vitoria, 1905 - Madrid, 1999)
Coñece en 1930 na tertulia do Café Regina (á que asistían escritores como Valle Inclán ou Max Aub) a súa parella sentimental, o poeta Juan José Domenchina, quen morre en 1959. Publica nestes anos: En silencio (1926), La voz en el tiempo (1931) e Cántico inútil (1936). Marcha a México, onde publica Cárcel de los sentidos (1964) e Poemas del ser y del estar (1972); aquí traballará para a Revista de Occidente. En 1972 regresa a España, publicando en 1993 Del vacío y sus dones, demostrando un gran alento poético silenciado só pola morte.
A súa poesía é intimista, mirando cara ao ámbito do relixioso desde o corpo, seguindo a tradición hispánica da poesía mística e usando un vocabulario que intensifica a súa efectividade poética porque contén o abraio do divino no cotián.
La oración:
Ese muro implacable, tan ciego, tan callado…
y yo a los pies del muro con mi sed y mis ansias,
yo sola, rodeada de todo lo que esquivo…
¡Qué lucha de lo inútil contra la pura esencia!
Un reflejo en el muro… una luz resbala
sobre esa cal inmóvil de un blanco impenetrable…
¡Es Tu sombra, Señor! Qué minuto de gloria.
Y después… qué silencio en qué sombras de noche.
Aquí estoy todavía… Yo sé que existe el pozo
donde dormita el agua que ofreciste a mis labios.
Yo sé que sólo falta una grieta en el muro;
la que yo podré abrir mientras espero y amo.
Dame fuerzas, Señor. Aunque transcurran siglos
me encontrarás aquí, rendida y obstinada,
soñándote y amándote mientras pasan las horas,
mientras mi sed de Ti va adelgazando el muro…

3.- Josefina de la Torre (Palmas de Gran Canaria, 1907 - Madrid, 2002)
Desenvolveu un intenso labor novelístico a carón de Luís Buñuel. Aos vinte anos publica Versos y estampas, con prólogo de Pedro Salinas, e en 1930 Poemas de la isla. En 1968 publica o seu terceiro poemario, Marzo incompleto, co que pecha un ciclo caracterizado, entre outras cousas, polo tema amoroso abordado desde a complementación dos opostos ao xeito de Descartes: a partida e a espera, o silencio e o beixo, o desexo e a permanencia, dicotomías que manteñen en tensión a súa poesía, unha poesía que non promete amores ideais, senón humanos, é dicir, necesitados de dor, sufrimentos e a promesa do encontro.
Foi tamén actriz e guionista.
Tú en el alto balcón...
Tú en el alto balcón de tu silencio,
yo en la barca sin rumbo de mi daño,
los dos perdidos por igual camino,
tú esperando mi voz y yo esperando.
Esclavo tú del horizonte inútil,
encadenada yo de mi pasado.
Ni silueta de nave en tu pupila,
ni brújula y timón para mis brazos.
En pie en el alto barandal marino
tú aguardarías mi llegada en vano.
yo habría de llegar sobre la espuma
en el amanecer de un día blanco.
Pero el alto balcón de tu silencio
olvidó la señal para mi barco.
Y me perdí en la niebla de tu encuentro
–como un pájaro ciego–, por los años.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.