Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/07

Para que no me olvides

Veño de ler este libro de Marcela Serrano, unha das miñas escritoras preferidas. Era o único que me faltaba, e non me defraudou, como ningún dela.
Marcela Serrano naceu en Santiago de Chile en 1951. Os seus libros defenden reivindicacións feministas (todos están protagonizados por mulleres) descubrindo o papel central da muller na sociedade contemporánea. Fai gala dun enorme coñecemento da psicoloxía humana e contaxia co seu alento creativo. As súas narracións están cheas de vigor sen demasiadas pretensións estilísticas. Fai unha defensa aberta, honesta e consecuente do mundo da muller, na búsqueda dos espazos que posibiliten o logro dunha felicidade moitas veces esquiva.
Ademais desta novela é autora de Nosotras que nos queremos tanto (1991), Antigua vida mía (1995), El albergue de las mujeres tristes (1997), Nuestra Señora de la Soledad (1999), Lo que está en mi corazón (2001) e Hasta siempre, mujercitas (2004)
Neste libro, Para que no me olvides, a autora busca unha metáfora que lle permitise falar do silencio das mulleres no seu sentido máis profundo, e farao por medio da afasia. Especial e triste é o final, sen lugar a dúbidas.
Cuando estábamos de novios, J. L. no me compartía con nadie: todo hombre cercano era una amenaza. Sin embargo, él seguía visitando a sus amigas de antes, incluso las invitaba a salir de vez en cuando. (...) Como nos han anulado nuestras diferencias. Anulado y subrayado. Ese silencio es el silencio pleno de palabras que sobran o es el silencio gastado del cansancio?

Unha muller é a histora dos seus actos e pensamentos, das súas feridas e entusiasmos, dos seus amores e desamores. É a historia do pequeno, o trivial, o cotián. É a historia de moitos homes. É a historia do pobo e da súa raza. É a historia das súas raíces e da súa orixe. É a historia do seu sangue. É a historia dunha conciencia e das súas loitas interiores. Tamén é a historia dunha utopía.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.