Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/07

Non á violencia contra as mulleres (V)

Facendo caso á recomendación-aportación dunha das nosas máis queridas visitantes-comentadoras-tímidas que non nos di o seu nome (será que lle gustan as adiviñas?), hoxe traémosvos a canción de Revólver: Lo que Ana ve, un gran de area máis posto polos nosos artistas da canción:






Grazas aos e ás que nos ledes e nos axudades neste gran empeño da loita conta a violencia machista.

Arte e publicidade

Houbo un tempo no que a arte e a publicidade se aliaron, e iso é o que puidemos ver no MNAC (Museo Nacional d´Art de Catalunya) durante o pasado mes de setembro. Unha exposición de 80 obras das preto de 600 que compoñen o fondo do Museo e que agora nos convidan a mirar cara atrás e ver como naceu algo do que hoxe en día estamos saturados, a publicidade. CAMBIOU ALGO O CONTO, NON?


Retranca

Hoxe ás oito preséntase a nova revista Retranca no Café Moderno de Caixa Galicia en Pontevedra. Chega ao mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega, e conta coa Santa Compaña como Mascota, baixo o lema "Lerasnos de mortos se non nos les de vivo". O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla aos lectores cunha foto do rei, que -disque- espertará as paixóns máis ardentes.
A Kiko da Silva, director e promotor do proxecto, súmanse nestas páxinas firmas como Manuel Rivas, Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Pinto e Chinto e un longo etcétera.
Estamos desexando tela nas nosas mans para pasar, de seguro, un rato agradábel.

Mulleres e Filosofía

"Non é que non existisen mulleres filósofas. É que os filósofos preferiron esquecelas, aínda que ogallá despois se teñan apropiado das súas ideas". Con esta frase de Umberto Eco comeza un interesante artigo que fala da presenza da muller na Filosofía.
Se indagamos no tema, comprobaremos que dende a antiga Grecia o acceso da muller á Filosofía e a súa visión por parte dos filósofos foi difícil. Moitas persoas téñense interesado, ao estudar o pensamento de Platón, por que este deixa aberta a posibilidade de que houbese raíñas-filósofas no seu deseño de Estado ideal e xusto ou se estaba realmente a favor da igualdade da muller nunha época na que só os varóns eran "dignos". Varios autores apuntan que Platón fixouse nas mulleres da cidade de Esparta cando deseñou o seu estado. Elas eran adestradas no deporte, eran fortes, polo que poderían ir á guerra. Pero a realidade da Atenas do século V a.C. era outra: estaban no fogar e daban fillos. Só algunhas hetairas como Aspasia conseguiron unha mellor formación. Na época helenística apareceu a primeira filósofa recoñecida como tal: Hipatia de Alejandría.
Dentro da tradición filosófica occidental, a historia das ideas ten sido a historia dos HOMES, nome xenérico que de xeito convencional emprégase para designar ao xénero humano. O feito é que a realidade filosófico-político-social constrúese dende a perspectiva masculina, é dicir, as perspectivas de xénero do século XX teñen un problema de base: constrúense a partir de conceptos creados por homes. Invítamosvos (e recomendámosvos) a ler todo o artigo de Nadia L. Orozco titulado "La creación de la mujer" só cun click. Nel comeza mencionando que un dos pais de gran parte dos conceptos que aparecen na filosofía política é Aristóteles, mestre que crea un mundo onde a muller ten un papel secundario; fala da muller que crea Maquiavelo: "a fortuna é muller e cómpre tela submisa, castigala e golpeala...". Pasamos a descubrir que o home é racional, pero a muller é carnal e irracional, é dicir, o home ten dereito á vida, á liberdade e á propiedade; o home subordina á muller xa que a súa vida pertence ao marido, tanto como a súa liberdade e a súa propiedade. O problema do suxeito político para as mulleres consiste fundamentalmente en que este é un suxeito masculino: o home defínese a partir de si mesmo, a muller só a partir da súa relación cos homes... Se ledes todo o artigo, veredes como non ten desperdicio.
Podemos preguntarnos con Cristina M. Null: Están os filósofos contra a muller?

E, de paso, mirade a seguinte presentación sobre o tema que aparece en La lechuza de Minerva:


30/10/07

Non á violencia contra as mulleres (IV)

Hoxe déixamosvos unha curta rodada por Víctor Manuel nunha casa de acollida, unha boa ferramenta para reflexionar sobre a situación dos malos tratos ás mulleres. Esta curta foi elaborada para a campaña "Hay motivo" organizada por cineastas españois ante as eleccións xerais do 2004. O seu título: El club de las mujeres muertas.




Test

Non todo o mundo ve xirar a esta bailarina cara ao mesmo lado.
Como a ves ti, no sentido das agullas do reloxo ou á inversa?

Os investigadores confirmaron que na maioría das persoas o hemisferio esquerdo é o máis verbal e o dereito está especializado na percepción visual e no recoñecemento da emoción.

Cara a que lado está xirando esta moza?

Se ves que xira no sentido das agullas do reloxo, o hemisferio dereito é o dominante do teu cerebro; e se a ves xirar cara ao outro lado, é o hemisferio esquerdo o teu dominante.


* Se a ves xirar cara á esquerda, estas son túas características: O hemisferio esquerdo vén a ser algo así como o cerebro “lóxico”. Os centros do lado esquerdo do cerebro controlan a fala, a escritura, a numeración, as matemáticas e a lóxica:
  • Utilizas a lóxica
  • Estás orientado aos detalles
  • Baséaste nos feitos
  • Son importantes as palabras e a linguaxe
  • Presente e pasado
  • As matemáticas e as ciencias
  • Baséaste na realidade, utilizas formas de estratexias e es práctic@
  • Gústache a seguridade.

* Se a ves xirar cara á dereita no sentido das agullas do reloxo: O hemisferio dereito é o centro das facultades visuais-espaciais non verbais, especializado en sensacións, sentimentos, prosodia e habilidades espaciais; habilidades visuais e sonoras non da linguaxe como as artísticas e musicais.

  • Usas os sentimentos
  • Estás orientad@ á “visión xeral”
  • Baséaste na imaxinación
  • Son importantes os símbolos e as imaxes
  • Presente e futuro
  • Filosofía e relixión
  • Es unha persoa crédula, utilizas a percepción espacial e baséaste na fantasía
  • Es impetuos@
  • Gústanche os riscos.

Se puidesemos aprender a equilibrar a forza de ambos hemisferios, situaríamonos máis cerca da nosa capacidade potencial máxima.

Nontodovanserlibros(XV)

Hoxe imos dedicarlle esta sección á "Dama Branca do Blues". Non sabemos se o alcume lle vén pola cor da súa pel ou do seu nariz, pero, de todos os xeitos, Janis Joplin foi moita Janis. Tanta, que cada ano que pasa multiplícanse os seus seguidores, da mesma maneira que aumenta o número de botellas de whisky na tumba de Jim Morrison.


Naceu no ano 1943 en Texas. No primeiro ano de instituto, tinguiu o pelo de laranja e uniuse a unha pandilla de xoves radicais polo que se convertiu nunha marxinada polos seus compañeros de clase, sendo durante esta étapa unha persoa moi impopular. Rexeitaba o racismo e acusábaselle de ser "amiga dos negros". Aos 16 anos comezou a manifestar o seu amor pola música. Frecuentaba os bares de Louisiana, onde escoitaba música negra. Comezou a cantar aos 17 anos.


Gravou o seu primeiro disco cando estudaba Belas Artes na Universidade de Texas e comezou a cantar de forma habitual en bares. En 1963, a cidade de San Francisco coñeceu o talento de Janis Joplin. Foi neste período cando comezou o contacto coa droga que a mergullou nun estado de abandono ata o final dos seus días.


O 4 de outubro de 1970, en plena gravación do seu disco póstumo Pearl morreu por sobredose de heroína. Janis pasara por experiencias similares e saíra con vida, pero esta vez no tiña a ninguén para ayudala. Descubriron o seu corpo unhas 18 horas despois. Coma homenaxe, no disco anteriormente citado deixouse o tema "Mercedes Benz" a capella, sen música, xa que foi a última canción que Janis gravou.
Unha prodixiosa voz negra dentro dunha muller branca. Un talento inmenso; unha vida marcada polas drogas; en definitiva, un dos grandes mitos da música á altura de lendas coma Jim Morrison ou Jimi Hendrix.

É moi probable que moitos dos que nos visitades con asiduidade nunca xamais tiverades oído falar dela. Só vos podo pedir desde aquí que escoitedes esta voz única e inigualable e me deades a vosa opinión.
Que teñades boas vibracións!

free music

29/10/07

Sempre hai un lugar para a poesía (XXIV)

Ás veces, é difícil atopar a poesía no mundo. É difícil atopala no día a día de cada un, na tristura e na soidade que tantas veces nos acompaña. É difícil atopala entre as caras de xente que nos rodea, que pasa sen ver aínda que mire, que fai dano e traizoa. É difícil atopala buscando máis lonxe, entre a desolación da pobreza, da inxustiza, da fame. É difícil atopala nos beizos dun neno que chora, entre armas e penurias. É difícil atopala entre a guerra, entre a violencia de calquera tipo. É difícil atopar poesía entre bágoas que sulcan o ceo. É difícil atopar poesía.
Porén, volvo a ela, buscando tantas veces palabras que ocupen o meu baleiro. Palabras que tantas veces non temos.
Non sempre é doado.
Seguiremos na súa procura, buscando versos que nos falen de vida e de esperanza, versos que denuncien as inxustizan, versos que arreden a nosa soidade. Versos, poemas...
Esta topeina de casualidade, non é unha pasada, pero creo que ten frases fermosas. É de Gonzalo Márquez Cristo, poeta colombiano:

Oficio de olvido

Una mujer se besa en el espejo, se oculta con su alma, el agua es su soledad.
Un niño escondido en un armario intenta morir.
Las lágrimas de un hombre caen en su taza de café.
Una adolescente con el índice detiene la manecilla del reloj y se estremece.
En el viento hay un mensaje que no comprenderemos.
Tu sombra se rebela.
Nos preparamos para huir de todo lo que amamos.
Quien no parta será olvidado.
El viento dialoga con el fuego.
Espero mi voz.
Viajar también es lo contrario a la muerte.
Mientras la semilla engañe al pájaro no estaremos perdidos.
Nos amaremos en otros rostros.
Nadie se oculta en la memoria.
¿Vendrá alguien a enterrar nuestros nombres?

Non á violencia contra as mulleres (III)

Hoxe turno para unha voz especial, que a min persoalmente encandila. Estamos a falar de Pasión Vega, coa súa canción María se bebe las calles, fantástica letra de denuncia social:



Como vedes, calquera tipo de modalidade musical serve para facer unha mesma denuncia. Esperamos as vosas opinións (e as vosas suxestións)!

28/10/07

Novos tempos

Un pouco de humor nunca vén mal, e aquí volo deixamos, para afrontar a semana, que vén sendo a última do mes, para afrontar Samaín (que non Hallo...?), para afrontar a violencia que non cesa, para afrontar o día o día, que ás veces é o que máis custa...
Sorrisos para todos e todas:

Matemáticas e poesía

Matemática e poesía, dúas palabras tan complexas, pero cunha relación moi estreita. Aínda que pareza raro, a matemática e a poesía enlázanse no abstracto do universo no que se desenvolven. Ao crear un poema, polo xeral, expresamos as nosas ideas de diversas maneiras e utilizamos representacións metafóricas, por citar un exemplo. Así mesmo, ao crear matemática, utilízanse emblemas por medio de símbolos, que en moito casos tenden a ter vida propia só no noso razoamento.

E para pór de manifesto dun xeito claro esta relación entre poesía e matemática, quérovos amosar este poema dedicado a un número místico. Odiado por poucos e idolatrado por moitos. O número Pi (∏).

El Número Pi
(Poema de Wislawa Szymborska)

El número Pi es digno de admiración
tres coma uno cuatro uno
todas sus cifras siguientes también son iniciales
cinco nueve dos, porque nunca se termina.

No permite abarcarlo con la mirada seis cinco tres cinco
con un cálculo ocho nueve
con la imaginación siete nueve
o en broma tres dos tres, es decir, por comparación
cuatro seis con cualquier otra cosa
dos seis cuatro tres en el mundo.

La más larga serpiente después
de varios metros se interrumpe
Igualmente, aunque un poco más tarde,
hacen las serpientes fabulosas.
El cortejo de cifras que forman el número Pi
no se detiene en el margen de un folio,
es capaz de prolongarse por la mesa, a través del aire,
a través del muro, de una hoja, del nido de un pájaro,
de las nubes, directamente al cielo
a través de la total hinchazón e inmensidad del cielo.
¡Oh qué corta es la cola del cometa, como la de un ratón!

¡Qué frágil el rayo de la estrella
que se encorva en cualquier espacio!

Pero aquí dos tres quince trescientos noventa
mi número de teléfono la talla de tu camisa
año mil novecientos setenta y tres sexto piso
número de habitantes sesenta y cinco décimos
la medida de la cadera dos dedos la charada y el código
en la que mi ruiseñor vuela y canta
y pide un comportamiento tranquilo
también transcurren la tierra y el cielo
pero no el número Pi, éste no,
él es todavía un buen cinco
no es un ocho cualquiera
ni el último siete
metiendo prisa, oh, metiendo prisa a la perezosa eternidad
para la permanencia.

Non á violencia contra as mulleres (II)

Tal como prometimos onte, cada día un novo post sobre o tema. Comezamos con vídeo-clips, e seguimos con eles. Un xeito moi eficaz de achegarnos á poboación máis nova... e non tan nova.
No de hoxe, haberá moitas imaxes que vos soan... lembrades onde e cando as utilizamos?
Onte, rap; hoxe, rock: Reincidentes cantando "Ay Dolores":

27/10/07

Actúa contra o cambio climático

Ás 3.00 da madrugada atrasaremos os reloxos unha hora para reducir o gasto enerxético. Greenpeace propón que este momento sinale o comezo de novas accións cidadáns para loitar contra o cambio climático a través da acción e a reivindicación. Pide aos cidadáns que se unan ao apagón convocado para o día 15 de novembro entre as 20,00 e as 20,05 baixo o lema FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA. A convocatoria consiste na desconexión do consumo eléctrico en vivendas, centros de traballo públicos e privados e instalacións e equipamentos públicos durantes eses 5 minutos en favor do planeta.
Con este xesto preténdese facer visíbel a loita contra o cambio climático e esixir medidas urxentes para actuar contra el. “El ahorro, la eficiencia y las energías renovables son las solución, y para ponerlas en práctica se necesita la voluntad política que emana de la presión ciudadana”
Ademais, Greenpeace lembra que as enerxías renovables poden satisfacer por si soas a demanda total de enerxía da España peninsular do ano 2050. Accións tan sinxelas como cambiar bombillas axudan a combater o cambio climático.

Vida

Un fragmento de Julio Scherer García que nos fala da vida... a vida é o que se dá, o demais non sería vida...:

La vida sentida va por donde va el amor, la amistad, el compromiso, la lealtad, la entereza cuando la injusticia asola y el sufrimiento cala.
La vida va cuando las personas se miran a los ojos para conocerse y reconocerse más allá de los días sin contrastes.
La vida se da en los principios, en un modo compartido de entender para qué estamos aquí.
La vida se da en el recuerdo de los hombres y las mujeres insustituibles.
La vida se hace adentro, en los rincones de cada uno, y se expresa afuera, en la intimidad extrovertida.
La vida deseable, la que vale la pena, se da para querer y ser querido.

Non á violencia contra as mulleres (I)

Comezamos xa a conta atrás para chegar a este día (25 de novembro) que ano tras ano nos lembra a toda a sociedade que esta está enferma, que hai un "algo" (eu diría que un "moito") que non funciona. E comezamos por suposto a traballar o tema nas aulas onde imparto clase. E xunto con iso, este blog ocuparase todos ou case todos os días de atacar o tema dalgún xeito ou outro. Para que non se esqueza, para que combatamos a erradicación da violencia sexista e machista, para que loitemos pola igualdade, que é ao fin e ao cabo o fondo e a forma da cuestión. É só un gran de area máis no lento camiño da contenda que poderá rematar cando non teñamos que falar destes días.
E comezamos hoxe cun vídeo musical: El final del cuento de hadas, de El Chojin, rapero onde os haxa:

26/10/07

Facendo cadrados...

De novo a golpe de venres ofrecémosche a oportunidade de enredar cun deses xogos clásicos que tanto nos entretiveron na infancia. ¿Acaso nunca xogaches a formar cadradiños? Non mo creo!!

Por cortesía de nosolomates, só tes que pinchar na foto e... a xogar!!

La naranja mecánica


Poucas películas me teñen impresionado tanto coma esta. Tanto que non son capaz de volver a visionala. Unha gran película que arestora volve a estar nas nosas bocas polos tempos de violencia gratuíta que estamos a vivir.
36 anos pasaron dende que Stanley Kubrick a dirixiu. Supuxo unha auténtica conmoción. Esa conmoción que me causou e non son capaz de describirvos con palabras: o emprego da violencia máis demoledora, da hiperviolencia, apalear homes, violar mulleres... nunha linguaxe suburbial inédita daquela e un protagonista (Malcom McDowell) que rachaba a pantalla dende o seu propio corazón latente e cunha música que nos involucraba dentro do filme e facíanos estremecer.

Pasaron os anos e vemos agora a violencia nas rúas, na televisión, nos telexornais... e non nos conmocionan. Un mozo, de súpeto, patea a unha rapaza máis nova quizais porque o seu delicto é ser inmigrante, mentres outro mira para outro lado... Estamos acaso tan acostumados que xa nada nos move a berrar, a pensar que o ser humano é o único animal capaz de destruírse gustosamente?

El urinario

Xa vos destes conta, non? Este libro é de... LORENZO SILVA!!!.
Ás veces, coñecer un escritor é contraproducente. Ben porque non sabe comunicarse co alumnado, cando o traes á aula, e resulta un tremendo tostón, ben porque falas con el e como persoa te desencanta, e te acabas preguntando como é capaz de escribir así sendo como é. Con Lorenzo Silva ocorre todo o contrario: non só sabe acercarse ao universo adolescente, senón que ao tratalo todo divismo e todo orgullo temido nin existen nin existirán nunca.
Sempre lembrarei o día que tiven a sorte de coñecelo, as horas previas, os nervios, o medo a que el non fose como maxinara... e o pouco tempo que puidemos disfrutar da súa compañía. Falamos de problemas de integración, de interculturalidade, da Galicia profunda... e ademais, tivo o detarlle de me contestar ao e-mail que lle mandei para dar as grazas. Creo conservar aínda o eco da súa voz e a maxia que nos contaxiou no tinteiro baleiro do silencio. E conservo por suposto as súas palabras: lamento tener nada más una vida estrecha y limitada para corresponder a tanta generosidad. Así é el.
En canto ao libro que teño nas mans, non será o meu preferido, quizais por esta tristura que destila -e que non foi a mellor opción nestes momentos da miña vida- e o pesimismo tan fondo que contaxia, quizais pola lembranza doutros seus libros lidos. A historia introdúcenos no territorio obsceno de dúas cartas escritas por alguén a quen a sociedade considera unha persoa de éxito. Outra historia moi diferente é como se ve el a si mesmo, como sente e como respira, como ve o mundo ao que pertence. A atmosfera asfixiante do desencanto, a lúcida ironía da autocrítica e as pantasmas converten a novela nunha metáfora da decepción, da soidade, da insatisfacción...
"En casi todos los momentos señalados de mi vida ha habido un urinario (...) donde se vierte la destilación de toda la inmundicia del alma"


25/10/07

Matemático Rodríguez


Pisándolle os "dereitos" matemáticos a Anxo, vouvos falar dun personaxe importante da comarca do Deza, xa que naceu o 25 de outubro de 1770: Xosé Rodríguez González, o máis insigne científico do Estado español do seu tempo.
Catedrático de Matemáticas aos 28 anos, amplía os seus estudos en Europa e intercambia coñecementos cos grandes científicos do seu tempo. Será precisamente cun deles, Arago, con que estude a triangulación do meridiano entre Dunquerque e Barcelona.
Profesor de Astronomía e director do Observatorio Astronómico de Madrid, creador da sección de Mineraloxía do Museo de Ciencias Naturais... Home liberal e ideas avanzadas ao seu tempo, falece en Santiago en 1823.



Picasso

Pablo Picasso naceu tal día coma hoxe, 25 de outubro de 1881, en Francia. Morreu en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973.

É un dos grandes mestres do século XX, quizais o artista que máis fama alcanzou fóra do ámbito profesional, xa que existen máis de 1500 obras súas en museos que reciben o nome de "Museo Picasso". Encontrou no retrato, o sexo e a carnalidade a súa fonte inagotábel de inspiración, sendo un home alegre e extrovertido.

Figura excepcional, foi protagonista e creador inimitable das diversas correntes que revolucionaron as artes plásticas do século XX, dende o cubismo até a escultura neofigurativa, do gravado ou a augaforte á cerámica artesanal ou á escenografía para ballets. A súa obra inmensa en número, variedade e talento, esténdese ao longo de máis de setenta e cinco anos de actividade creadora, que o pintor compaxinou coa política, o amor, a amizade e o goce da vida por riba de todo.

Thales e...cuales

Hoxe vouvos dar unha lección de matemáticas falando do coñecido Teorema de Thales.

"Se tres ou máis rectas paralelas son intersecadas

cada unha por dúas transversais,

os segmentos das transversais

determinados polas paralelas,

son proporcionais"

¿Que non o entendestes? Ups... pois o único que se me ocorre é que volo explique o grupo arxentino Les Luthiers co seu particular sentido do humor:

24/10/07

Ir á Biblioteca

Xa que hoxe estades de celebración, non podemos esquecer que este día debe ser todos os días do ano, coma sempre sucede. E para celebralo de xeito especial deixámosvos un vídeo para pasar un pequeno rato agradábel:

Actrices francesas

Pido perdón ao Capitán Kalandraka, pero é superior a min: sempre teño que achegarvos estas cousas que tanto me gustan. Amosámosvos 50 actrices francesas en tres minutos. Probade a ver cantas coñecedes. A que se fosen americanas coñeceriades máis?:

Cuestión de tamaño

Os libros son como as persoas: ás veces teñen "boa pinta" e acabamos odiándoos; outras veces xa non nos achegamos a eles, e cando lles damos unha oportunidade, sorpréndennos; outras acompañarannos toda a vida. Claro que sempre se poden elixir polo tamaño:



23/10/07

Stringfever

Stringfever é un cuarteto de corda, "o primeiro cuarteto xeneticamente modificado", que en lugar dos instrumentos acústicos clásicos utilizan os eléctricos. É dicir, aínda perdendo un pouco de sabor logran crear novos efectos no son realmente orixinais. Tan orixinais como tocar o Bolero de Ravel no mesmo chelo eléctrico! Decidide vós:



Ou tamén podedes escoitalos nunha completa historia da música en 5 minutos, desde os clásicos ao rock ou disco:

Deborah Kerr. O beixo

A actriz británica Deborah Kerr finou este xoves aos 86 anos de idade.
Nada en Escocia en 1921, iniciou a súa carreira participando en numerosas películas británicas, antes de cruzar o Atlántico e converterse nunha das maiores estrelas de Hollywood. Padecía Parkinson dende hai anos.
Muller de sólida formación teatral e lene beleza, reflectiu á perfección todo un estenso rexistro de turbulentos personaxes con gran fondura psicolóxica.
Un dos momentos máis importantes para os cineadictos é o beixo máis tórrido, símbolo de desexo contido que un ser humano pode experimentar, neses dous corpos mollados sobre a area: o beixo en De aquí a la eternidad (1953). O beixo no cine é ela rebozada pola area con Burt Lancaster, unha detonación desbordada de amor. En palabras de César Casal, un arrebato que multiplicou o seu efecto ao protagonizalo unha muller de porcelana, unha beleza fría que sabía conter a súa paixón ata transtornar ao público.
Era un clásico do Hollywood grande, cando os filmes teñen guións que se poden recitar. Empezou evanxelizndo o Himalaya en Narciso negro. Fixo cine de aventuras (Las minas del rey Salomón, Quo Vadis?). Provocou terremotos cando se namorou dun alumno en Té y simpatía. Foi madrata puritana en Buenos días, Tristeza...
Seis nominacións ao Óscar e un só, honorario. E sempre a lembraremos na praia:



Nontodovanserlibros(XIV)

O GRUNGE é un xénero musical, inspirado no punk e no hard rock, con toda a esencia do indie rock. Xorde a finais da década dos oitenta e a principios dos noventa, con membros que proveñen da época coñecida popularmente como a Xeración X. Bandas de cidades do Pacífico Noroeste dos Estados Unidos como Seattle ou Portland fixeron do grunge un xénero músical moi popular. Foi a compañía discográfica Sub Pop, principal impulsora do xénero, a que dá a coñecer ás bandas máis populares do xénero: Nirvana, Pearl Jam, Soundgarden e Alice in Chains. A postura anti-comercial e anti-industrial coa que vían estas formacións a música foi determinante para labrarse un importante sitio na historia do rock. A crecente popularidade coa que foron recibidos algúns traballos do estilo fixo que moitas bandas se sentisen incómodas nesa posición, orixinando a súa separación na maioría das ocasións. Só Pearl Jam segue en activo e editando novos traballos.

Como estilo musical, caracterízase polas guitarras distorsionadas, melodías repetitivas, e batería pesada de herdanza punk e heavy metal, sendo máis complexo que o punk nas súas melodías pero sen a pesadez do heavy.

Aquí che deixamos unha pequena selección de cancións representativas deste movemento que marcou a xuventude de miles e miles de persoas. ¿Quen non escoitou mil e unha veces o mítico Smells like teen spirit de Nirvana?



free music

22/10/07

Rede

Para unha persoa especial, así un pouco... ghrande, "papáblog", medio desubicado coma min, unha tandade de chistes para recuperar sorrisos:

Malas palabras

Escritores nos encontros, escritores en conferencias, escritores e peculiaridades...
Disfrutade dunha pequena charla sobre as "malas palabras" de Roberto Fontanarrosa (no III Congreso Internacional da Lingua Española)

Fomentar a lectura

Despois dunha fin de semana falando do tema, non nos imos esquecer xa, non si? Aínda que sexa en clave de humor, que sempre cómpre...




21/10/07

Circo acrobático nacional de Pekín

Para rematar ben o día de onte, fomos ao circo. A un circo especial, polo menos para min. Podo asegurarvos que foi unha auténtica pasada velos voando polos aires... menos mal que erraron un par de veces para demostrarnos que eran humanos! Creo que absolutamente todo o público estaba conmocionado coa actuación, aplaudindo sen cesar ante a mostra de profesionalidade duns mozos e mozas que non perderon o sorriso ante a estreiteza e baixura do escenario, a todas luces insuficiente.
E non só destacan polas súas acrobacias, senón pola súa posta en escena: combinación de música, luces, baile, cores... un agasallo para calquera.
Por suposto, enriba das sillas un folleto no que se nos amosaba a súa historia e de que constaba o espectáculo, patrocinado por caixanova e concello de Lalín en CASTELÁN. E como non, anuncios en castelán, que a ninguén lle estraña. Teremos a oportunidade de vermos o noso idioma normalizado nalgún futuro afastado?


Fundado en outubro de 1950, este circo ten realizado nestes anos unha importante contribución ao mundo das acrobacias. Dende 1990 presentan shows baseados na esencia da acrobacia tradicioanl, recollendo ideas do baile, da ópera e do teatro chinés. Desde a súa fundación foi condecorado con 18 medallas de ouro en diferentes competicións internacionais, e está considerado como un dos máis importantes circos do mundo.





Xornadas en Compostela

Como xa sei que todos os blogs estades a reiterar canto aprendemos nas xornadas, o ben que estaban organizadas... eu, como non, voulle dar unha reviravolta para falar das "miñas" xornadas, por aquilo de sermos virtualmente... incorrectos.
E para iso, nada como coller unha coctelera e ir metendo nela os...
Ingredientes:


Moita xente (demasiada)
+
camaradería
+
boa disposición
+
reencontros
+
sorpresas
+
compañías excepcionais
+
cea con apagón e vela
+
saber ler, saber escribir, saber escoitar
+
un par de latadas
+
amizades
+
poñente cunha dose exacta de humor, música e sabedoría
+
poñente que sabe e comunica
+
boa organización
+
bicos, apertas, cariños
...
mesturamos ben e alehop!: temos as xornadas. O mellor: vós. O peor: as confusións (ola! ti es a da biblioteca do Colmeiro...) E quen cre arestora que Cristina e Pilar non fan a propósito o de deixar o relator mellor para despois de comer para que non poidamos durmir?
Ah! Creo que me perdín algo especial: a actuación do noso azafato particular. Segundo me confesou pola noite, el cría nun principio que o ramo de flores era... mellor, xa volo contarei!!! E seica o ramo converteuse en caldeiro... xa me contaredes!

20/10/07

Unha muller chamada Audrey

Audrey Hepburn naceu un 4 de maio de 1929 na cidade belga de Bruxelas, descendente dunha familia da aristocracia holandesa. O seu verdadeiro nome era Edda Kathleen Van Heemstra Hepburn - Ruston. No ano 1939, tras a separación dos seus pais, trasladouse a Londres e foi alí onde comezou a estudar danza e arte dramático.
En 1952 o director William Wyler ofreceulle protagonizar a comedia Vacaciones en Roma. A partir de aí a súa vida cambiou: nacera unha nova estrela do cine. Obtivo o seu primeiro premio, o Oscar á mellor actriz. Despois logra o seu primeiro éxito como protagonista en La princesa que quería vivir, que soubo cointerpretar con Gregory Peck.
A partir dese marabilloso período comeza a filmar sen parar e estender a súa longa traxectoria con varias películas imposibles de esquecer como Desayuno con diamantes (1961) ou Sola en la oscuridad (1967), incursionando nun papel máis dramático en Historia de una monja (1959), e volvendo á comedia en Sabrina (1954). Con estas catro películas estivo nominada ao Oscar á mellor actriz.
En 1988 foi nomeada embaixadora de UNICEF e a súa solidaridade humanitaria polos nenos pobres marcou os seus últimos días de vida. As viaxes a Sudán, El Salvador, Guatemala, Honduras e Vietnam foron ocupando unha longuísima axenda onde sempre faltaban horas. Viaxou a Somalia pouco antes de que se lle declarara a enfermidade terminal que a fixo abandoar toda a súa xenerosa actividade. Morreu o 24 de xaneiro de 1993.
Hoxe, Audrey deixounos a imaxe máis fermosa de todos os tempos. A súa personalidade e o seu estilo foron dignos dunha moda inesquecible, inmortalizada no tempo. O seu sorriso foi a forma no que as mozas da época debían sorrir; a súa figura esvelta e tenue, era a silueta que todas as mozas debían ter.
"Se no ceo existen os anxos, estou convencido de que
deben ter os ollos, as mans, o rostro e a voz de Audrey Hepbrun".


Sempre hai un lugar para a poesía (XXIII)

Isto é como o mundo ao revés. Hoxe esquézome de números, novas tecnoloxías, notas musicais e ciencia, e vou falar de poesía. E fágoo porque a ocasión ben o merece e porque sei que José Ángel Valente é un dos poetas favoritos da miña sociacompañeiradeblog.
E aproveitando que ela hoxe está de celebración, aquí lle deixo este agasallo...


19/10/07

A xogar...coas matemáticas!

En vistas de que hoxe é venres, empeza a fin de semana e seguro que precisades dun momento de distracción, ofrecémosvos dúas posibilidades para que pasedes uns minutos agradables. Se queredes divertirvos con estes xogos matemáticos, só tedes que premer en cada unha das fotografías.


TORRES DE HANOI: Consiste en tres varillas verticais e un número indeterminado de discos. Non hai dous discos iguais, están colocados de maior a menor na primeira varilla ascendentemente, e non se poden colocar ningún disco maior sobre un menor a el en ningún momento. O xogo consiste en pasar todos os discos á terceira varilla colocados de maior a menor ascendentemente.


TETRIS
: É un xogo xeométrico ruso inventado por Alexey Pazhitnov en 1985 que consiste en colocar as pezas correctamente co fin de formar liñas. Existen distintas versións do xogo. A orixinal que aquí che presentamos ten sete pezas diferentes.

18/10/07

Mans máxicas

Imos facer un pouco de maxia. Estades preparados?
Vexamos... na nosa chistera particular introducimos unha marabillosa canción, unha pequena dose de humor e moitos quilos de imaxinación.
Agora, coas nosas mans virtuosas damos un golpe coa variña máxica e... allehop!!

video

17/10/07

Risoterapia Matemática

¿Que pasaría se mesturamos habilmente un feixe de libros de matemáticas cunha boa dose de humor? Pois para o debuxante Forges, o resultado sería algo así:


Imos ao cine? Siiiiiiiiiiii!!!!

Hoxe fomos ao cine, o alumnado de 4º de ESO e mais eu, ver Nocturna, unha fábula animada sobre a noite e o medo á escuridade... EN GALEGO!
Nocturna é sobre todo un conto tan fresco como suxerente e, ao mesmo tempo, loce unha potencia visual impresionante. É unha historia de pesadelos, de noites, de luz e escuridade, con personaxes tan orixinais como o Pastor de Gatos, o Sr. Moke ou o Sr. Pee, incluíndo á sinistra Sombra que tanto medo provoca no orfo Tim.
Nocturna supón un paso máis na progresión da animación española cara a modelos solventes en canto á calidade de produción e suxerentes en canto á vitalidade de historias en imaxes.
Combinando animación 2D con animación 3D (facturada dende a competente factoría Bren en Compostela), en Nocturna hai unha atmosfera que invita a abandoarte ás súas imaxes, axudada pola envolvente música de Nicolás Errera. Un produto só en apariencia destinado aos máis pequenos, posto que os maiores aprezaremos o seu agradábel regusto gótico de inxenuo conto de medo.
Os directores explicaron que con esta obra "pretendemos demostrar que o medo á escuridade é xerado pola nosa propia mente e imaxinación, e hai que controlalo; a escuridade é un dos medos máis universais e quixemos crear unha historia sen tempo nin lugar".
Creo que nos gustou a tod@s, aínda que mentiría se dixese que estiveron calad@s todo o tempo. O máis abraiante foi que pensaron que Anxo ía aparecer para darlles unha sorpresa... e que me pedisen máis sesións coma esta. Tentarei contaxiar tamén o meu amor polo cine... aínda que comprendo que non é fácil para seus pais trasladalos a Lalín. Agardo os seus comentarios neste blog que xa é parte deles, e que nos digan o que máis lles gustou a eles, coma os grilos de Andrea ou... tócavos!!!

video

Día Internacional pola Erradicación da Pobreza

Outro día máis, máis do mesmo: Días Internacionais para lembrarnos ao mundo do mal que está este. Pregúntome se todos estes Días servirán para algo. Onte falabamos da Alimentación, hoxe da Pobreza: tanto monta, monta tano. Porque se non existise a pobreza, todo o mundo estaría ben alimentado, digo eu. É dicir, suprimir un día levaría consigo unha tromba de auga enorme que arrastraría moitos Días de. Sería así de fácil. E de difícil. Cuestiónome, perdoen vostedes, se a nosa sociedade é máis solidaria que a de hai uns anos. Inquírome se a sociedade do futuro será equilibrada e poderá esquecer todos estes Días de. E dubídoo. E mentres me fago todas estas preguntas, honestamente creo que debo seguir falando destes Días de. Mellor morrer no intento!
Este Día declarouse en 1993 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co propósito de promover maior conciencia sobre as necesidades para erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países, en particular nos paísen en desenvolvemento, necesidade que se converteu nunha prioridade. Os xefes de estado comprometéronse a reducir á metade, ata o ano 2015, a porcentaxe das persoas que viven na indixencia, con ingresos inferiores a 1$ ao día.




Entre tod@s, algo poderemos facer, non?

Arcimboldo

O artista máis sorprendente do Renacemento chega coas súas fantasías ao Museo de Luxemburgo. Os seus retratos, realizados con froitas, verduras e animais, agúpanse por primeira vez nunha exposición.
Arcimboldo, famoso en todas as cortes europeas polas súas interpretacións manieristas e polo detallismo dos seus retratos, nos que utilizaba elementos da natureza naceu en 1526 en Milán, no seo dunha familia nobre e acomodada. Non se sabe ben cal era o seu nome, posto que utilizou varios diferentes tanto para o nome como para o apelido. Si se sabe que traballou durante algún tempo co seu pai, pintor, e que o seu primeiro traballo remunerado foron uns deseños que logo serían reproducidos nas vidrieras do duomo milanés e nuns tapices da catedral de Como. Grazas a estes traballos chegoulle un enorme prestixo en Europa, sendo chamado a Viena en 1562 para traballar na corte do emperador Fernado I. Alí elaborou as primeiras series do seu traballo máis famoso, Las cuatro estaciones, nas que comezou a empregar os elementos da natureza para configurar os seus retratos: un concepto artístico nunca visto ata o momento e que foi definitivo para que alcanzase o recoñecemento como pintor.
Arcimboldo foi o escenógrafo oficial da corte e a el se lke encomendaba a organización das grandes e pomposas festas, os torneos e as vodas. Foi el quen levou a Praga os primeiros fogos artificiais, o que deseñou moitis dos disfraces e as máscaras que se lucían nas festas de palacio e o que fixo desfilar os cabalos como dragóns. Tamén deseñou aparatos hidráulicos para animar as fontes, inventou instrumentos musicais e convirteuse en asesor artístico e ilustrador de fauna e flora por encargo de grandes científicos.
Aínda que a pintura de Arcimboldo, marcada pola curiosidade polo exótico, o raro e o monstroso foi valorada en vida, ao artista tocoulle vivir á sombra de grandes mestres, como Leonardo da Vinci, Rafael, Miguel Ángel, El Greco... E non todos os seus contemporáneos o admiraban: moitos dicían del que as súas obras eran "grotescas".
Tras a súa morte, en 1593, a súa obra caeu no esquecemento, probablemente porque as súas caricaturescas imaxes non toparon fácil explicación e comprensión. Só a admiración dos surrealistas, que caeron cativados polos seus xogos visuais, a súa imaxinación e a posibilidade da dobre lectura dos seus cadros, recuperou a súa figura do olvido dos séculos.




16/10/07

Nontodovanserlibros(XIII)

Aproveitando o lanzamento mundial do primeiro disco en directo do grupo e que resume os seus 25 anos de carreira musical, traemos a esta sección a banda norteamericana liderada por Michael Stipe, R.E.M. (abreviatura de Rapid Eye Movement)

Xurdida en 1982 no Estado de Georgia, é unha banda pioneira do denominado rock alternativo e inspiración de bandas de desenvolvemento posterior. Tras uns primeiros anos nos que se consegue un notable éxito a nivel de críticas, foi a principios da década dos noventa cando R.E.M acada o estatus de grupo de culto por diante de bandas como U2 ou Nirvana, grazas á publicación do album Out of Time, que contén temas como Losing my religion ou Shinny Happy People.

O aneurisma cerebral que sufriu o batería Bill Berry durante un concerto que estaba dando o grupo en Laussanne (Suiza), e que estivo a piques de acabar coa súa vida, provoca o seu abandono do grupo dous anos despois e con el pérdese parte do espírito da banda. A marcha de Berry afecta á música de R.E.M., que comeza a entrar nunha etapa delicada.

O seu último disco de estudo saíu no 2004 baixo o título "Around The Sun", moi influenciado politicamente e cargado de críticas á política do goberno americano actual. Tras o lanzamento do disco, o grupo embarcouse nun Tour mundial de máis de 113 concertos, froito do cal se lanza agora un CD-DVD en directo co concerto do 12 de Febrero en Dublín.


Discografía básica
  • Murmur (1983)
  • Out Of Time (1991)
  • Automatic For The People (1992)
  • Monster (1994)
  • New Adventures In Hi-Fi (1996)


free music

Día Mundial da Alimentación

16 de Outubro, Día Mundial da Alimentación 2007: Facer realidade o dereito á alimentación.
Garantir que toda nena, neno, muller e home disfruten dunha alimentación axeitada con carácter permanente non só é un imperativo moral e unha inversión que produce elevados beneficios económicos: é a realización dun Dereito Humano fundamental.
O Día Mundial da Alimentación foi estabelecido polos Estados Membros da FAO no 20º período de sesións da Conferencia da Organización, celebrado en novembro de 1979. A data elixida é o aniversario da FAO. Dende entón, vénse celebrando en máis de 150 países.
A diversidade biolóxica é fundamental para a agricultura e a produción de alimentos. Pero o home presiona cada vez máis sobre as especies e os seus contornos. Como resultado, moitas plantas e animais están en perigo e tamén o están procesos naturais como a polinización polos insectos e a rexeneración dos solos polos microorganismos.
Para alimentar a unha poboación crecente, a agricultura debe proporcionar máis alimentos. Tamén será esencial aumentar a súa resistencia protexendo unha ampla gama de xeitos de vida con características únicas como as plantas que sobreviven á sequía ou os gandos que se reproducen en condicións adversas. Mediante prácticas agrícolas sotibles, pódese alimentar ás persoas e protexer os océanos, os bosques e outros ecosistemas que dan acollida á diversidade biolóxica.
Mentres, máis de 850 millóns de persoas pasan fame no mundo. Realmente dan calafríos, non si? E isto, lembremos, mentres se produce un 10% de alimentos que sobran. E non só isto, senón que cada vez hai máis persoas que non teñen garantido o acceso aos nutrintes básicos.
Moito nos queda por facer!!!



N1 lgr dla Mncha...

Libros en versión sms...: é a moda entre a xente nova nipona.

A xuventuda xaponesa é cada día máis partidaria de "baixarse" ao móbil e ler na súa pantalliña as novelas dos seus coetáneos. As chamadas keitai shosetsu teñen tanto éxito que algunhas alcanzan tiradas superiores aos 400.000 exemplares cando se publican en papel (isto é signo de que o soporte "libro" non caducou aínda, digo eu). Trátase, en xeral, de historias cotiáns escritas con frases moi curtas nas que destaca unha linguaxe elemental e diálogos contundentes, influídos polos dos "manga". Contan historias de alto contido romántico aliñadas con prebe de melodrama. E todo isto con personaxes moi planos e situacións bosquexadas sumariamente.
Segundo parece, os lectores deste tipo de novelas sms son mozas de quince a vinte anos, traballadoras, solteiras, soñadoras e máis ben fashion victims. Elas son o obxectivo das novas empresas editoras que ofrecen webs dende as que poden "baixarse" previo pago os dramas que len nas pantallas dos móbiles.
Por exemplo, unha das máis éxito, Love sky, (que vendeu máis dun millón de exemplares cando foi publicada como libro) conta a historia dun rapaz enfermo de cancro que rompe coa moza para que esta non sufra por el (!!!)


Se os libros falasen...

...non sei ata que punto serían tan "cotillas" coma estes!!

Preme na imaxe para vela máis grande

15/10/07

Colgando porqués

Un día atopei nun blog esta entrada que me gustou e quixen amosárvola. Unha reflexión máis á nosa vida, un por que, ou un porque sen respota:

Por que a palabra congruencia só existe no dicionario?
Por que os feitos e as palabras non se saúdan?
Por que a amizade queda no esquecemento?
Por que tanta miseria?
Por que gañan egoísmo e soberbia?
Por que é tan difícil pedir perdón?
Por que as nosas bocas non expresan brandas respostas para quitar a ira?
Por que...?



Ás veces temos resposta, pero fáltannos as iniciativas... ou as forzas.
Hai respostas como que congruencia ou solidariedade tráese nun peto da alma, porque as palabras teñen forza, porque para moitos a amizade non é importante, porque a soberbia está de moda, porque pedir perdón non é difícil, por iso non se fai, porque todo depende de nós...
E aínda así, que bo é preguntarse por que!

Sempre hai un lugar para a poesía (XXII)

Hoxe, un poema de García Lorca: Herido de amor, cantado por Ana Belén.

O vídeo foi feito en Puerto Plata, na República Dominicana, en 1998, con música de Joan Manuel Serrat.



La ladrona de libros

Rematei esta noite este libro fermosamente triste. Fermoso, polo xeito de contalo; triste, polo tema. Un tema tan recorrente como a Segunda Guerra Mundial, o nazismo, o exterminio, a Morte... e esta está tan ocupada transportando cadáveres, que ata chegas a comprendela...
Recoñezo que o comprei polo título, igual que fixen no verán con El cuento número trece, que xa vos recomendei. Compreino sen saber de que ía, sen saber que se convertería nun fenómeno de vendas. E logo, houbo outras lecturas polo medio, como pasa case sempre.
Pero aquí está. Ao pouco de comezar a ler soltei unha palabrota en alto: ___, pero se a narradora é a "...". Non volo vou dicir, aínda que me temo que é un segredo a voces. Pero se ledes só este blog, sen indagar máis, prefiro non desvelalo. Ten tanto sentido que sexa esa e non outra a narradora! Houbo tanta inxustiza, hai tanto horror... e temo que haberá tanta crueldade! Non seremos capaces de aprender destes momentos da historia que nos convulsionan e revolven as tripas? Parece que non... parece que o ser humano é incapaz de convivir en paz... Que mágoa!
Ás veces o texto parece que deixa de selo para se converter en obra dramática, e esta transporta ao lector á rúa, á cidade onde transcorren os acontecementos. A escritura chega a ser en moitas ocasións tamén poética, expondo idas acerca da relación seres humanos-morte moi interesantes.
Por suposto, coa lectura do libro, choras... quero dicir, eu chorei, pero calquera de vós tamén o fará, xa veredes.
¿Sabes?, durante un breve instante, a pesar de todos los colores que se cruzan y se enfrentan con lo que veo en este mundo, suelo atisbar un eclipse cuando se muere un humano. He visto millones. (...)
Cuando empezó a escribir su historia, se preguntó por el momento exacto en que los libros y las palabras no sólo comenzaron a tener algún significado, sino que lo significaban todo. ¿Fue al ver por primera vez una habitación llena de estanterías abarrotadas de libros?
... se fijó en los asombrosos ojos de su nuevo padre. Estaban hechos de bondad... y de plata, de plata líquida, esponjosa...
la música se reflejaba en su cara...
O hasta que las augas del cielo alemán volvían a tragarse las estrellas...
... esa noche la luna estaba zurcida al cielo, con puntadas de nube alrededor...
... las palabras estaban de camino, y cuando llegaron, las sujetó entre las manos como si fueran nubes y las escurrió como si estuvieran empapadas de la lluvia...
... es mucho más difícil hallarse a las puertas de algo que haberlas cruzado..
Las bombas cayeron, y las nubes no tardarían en arder ni las frías gotas de lluvia en convertirse en cenizas. Nevarían abrasadores copos de nieve.
He odiado las palabras y las he amado, y espero haber estado a su altura.

14/10/07

Froitos

Comezo este post quebrantando unha promesa feita a min mesma este martes: a de ser aséptica nas entradas deste blogue, a de non comunicar nada persoal. Pero, que cara_o! ás veces un necesita transmitir algo máis que unha lectura fermosa, unha información neutra... e, como di o meu prezado Antonio, se a alguén non lle gusta, que non o lea! Ademais, se non o fago así, querida Loly, Teléfonica vaise forrar!

Un dos temas máis recorrentes e máis importantes nesta nosa vida profesional é a lectura. Do novo ensaio de lectura no grupo de 4º de ESO que imparto este curso xa vos falei. E esta experiencia paréceme tan importante e tan fructífera, que fixo que estes días aos Ronseis lle nacese un irmán pequeno: un ronsel que a barca lectora deste curso vai deixando no seu percorrido polo mar da adolescencia.
Non sei se é contraproducente expresarme con tanta liberdade cando sei que len este blog, pero é de xustiza deixar por escrito que esta aula é a que me dá forzas para ir traballar cada día ao centro: a súa ledicia esgotadora, e mesmo un cariño incipiente que se deixa sentir, procúranme un ben co que non contaba. E teño que recoñecer que este amor meu polos libros comeza a dar os seus froitos nesas cabezas adolescentes que se deixan contaxiar polas miñas múltiples propostas de actividades que imos realizar (sempre dentro da aula, claro está).

A sorpresa deixa de selo cando contemplo con deleite o silencio que se establece na hora de lectura, cando "voo" entre eles para explicarlles algo que non entenden, cando procuro as súas libretas de reflexións, cando debo deixar a aula para ir á biblioteca por algún outro libro (aiiii!!!)..., len, e o que é máis importante, disfrutan coa lectura. Xa sabedes que choro por todo, pero de verdade, que emoción me percorre cando sinto que están vivindo esoutros mundos que a cadaquén lles está a ofrecer o seu libro! Tento explicarlles que o importante é iso: poder viaxar con cada libro, sentir carraxe, amor, odio, pena, ledicia, aventura, misterio... o que o libro lles estea a ofrecer nese momento.


Se algún libro non é capaz de conseguilo, que o deixen e comecen outro. Isto creo que foi o máis impactante: non ter a obriga de ler un libro que non lles gusta. Tento que saiban que, aínda non sendo lectores, sempre toparán un libro escrito para eles (este lema sóame, verdade Anxo?). E isto tendo en conta que lles suplico un pouco de paciencia porque deseguida se desesperan se non entenden o que ocorre nas primeiras páxinas do libro, acostumad@s como están á velocidade actual: "dádelle un tempo" e a medida que avanzan coméntanme como eu tiña razón e xa lograron entender o que nun principio parecía tan difícil...

Son consciente de que estamos ante un gran reto, porque debemos avanzar na asignatura. Porque o ano que vén estarán en bacharelato e quen lles dea clase comentará "Pero o ano pasado non fixestes nada?" e eu sorrirei porque espero ter axudado a formar LECTOR@S e PERSOAS, que é o que a min máis me importa. E porque agardo que lendo e escribindo aprendan galego, literatura galega... e que ata amen a poesía!.

A súa capacidade de concentración é, ás veces, subxugante. Un día cheguei e díxenlles: vouvos contar un conto. Este libro tan fermoso que espero coñezades. O silencio foi total. Entregáronse a escoitalo e logo a comentalo como soen facer os adolescentes: con paixón. E unha das nenas reclamoume: "eu non sei poñer voces coma ti!". Pois ben, tamén traballaremos a oralidade. "E o teatro?. A min gústame o teatro!" comentou outra. Vale, algo faremos de teatro... Está claro que esa hora semanal non nos vai chegar a nada. Pero si creo poder afirmar a golpe de outubro que imos ter uns resultados excelentes en xuño. E isto que non o lean!!!


E como lle debo unha á miña "pasota", que non o é, senón que é encantadora... grazas!


Segue as estelas dos ronseis

Falacias matemáticas

Unha falacia é unha afirmación matematica parecida a un paradoxo pero con erros sutís, case imperceptibles. Déixovos unha falacia escrita en versos. Se a pensades non é moi difícil. ¿Saberías dicirme cal é o erro?

"Dez viaxeiros esgotados,
nunha horrible aventura,
buscan abrigo e pousada
nunha noite fría e escura.

"Nove cuartos, non hai máis",
dixo o dono moi sereno.
"nun cuarto cada un,
durmen dous no noveno".

Que problema.
O pousadeiro daba voltas preocupado,
ninguén compartía o cuarto
entre estes homes cansados.

Era un ser intelixente.
Pronto se tranquilizou:
por compracer aos seus hóspedes
este é o plan que ideou.

Mandou dous ao cuarto A,
ao terceiro acostou en B,
en C dormiría o cuarto.
O quinto en D se quedou.
En E o sexto foi parar,
o séptimo en F caeu,
oito e nove en G e H
e de volta a A correu.
Alí aloxara a dous.
"Ah, vosa merced, vide aquí",
chamou ao décimo viaxeiro
e deixouno a salvo en I
En tan só nove cuartos
dez viaxeiros acollín,
para total desconcerto
de homes máis sabios ca min."

Espera antes de xulgar

Velaquí un perfecto exemplo para lembrarche que nunca nos debemos fiar das apariencias.
Ás veces, non todo é o que parece ser.

video

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.