Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/01/08

Territorio ocupado


O primeiro libro lido no noso club de lectura, Momentos de silencio compartido, foi este libro, Territorio ocupado, de Fran Alonso. E escollémolo porque pensamos que é o libro ideal para situarnos neste mundo descoñecido que o noso club quere comezar a explorar.
Territorio ocupado non é exactamente unha novela, senón que o autor utiliza as técnicas literarias ao servizo do xornalismo para introducirnos nese mundo ocupado inxustamente por un país veciño, Marrocos, que se nega a deixalo vivir como nación, pero que tamén nos lembra que España decidiu abandoar á súa sorte aos saharauis aínda cando estes solicitaban desesperados a súa axuda. Un libro que non ten personaxes, senón persoas. Un libro feito desde a solidariedade. Un libro que proclama unha reflexión. Unha crónica humana que nos fala da vida cotiá, dos pensamentos, das reflexións... dos seus protagonistas.
E o noso obxectivo viuse cumprido: aprendemos moito e agora sabemos como e por que comezou todo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.