Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/02/08

O inferno existe

Kyriakos traballa como xestor de proxectos de axuda humanitaria en Darfur, Sudán. A súa crónica de como se vive alí ten a virtude da sinxeleza, sen o vezo, para ben e para mal, do xornalista.
A súa base está na cidade Geneina, capital do Darfur Oeste, a uns 10 quilómetros da fronteira co Chad. Traballan en 8 campos de refuxiados nos arredores da cidade e noutros 8 máis afastados:
"A guerra segue. Cada vez máis xente deixa as súas casas fuxindo cara aos campos de refuxiados. A súa capacidade é limitada, non caben todos. Familias, sobre todo mulleres e nenos, camiñas de 2 a 4 días baixo o sol durante o día e con frío durante a noite. Algúns tiveron tempo para levar algo de comida e roupa, mentres que outros chegan aos campos sen nada.
Aquí non hai nada, só area e casas medio destruídas. As condicións son horribles, con moito po, vento forte: non podes ver, a area métese nos ollos. Comes area coa comida, respiras area co aire, mesmo se non tapas a botella axiña bebes area coa auga.
Todo está moi suxo, os aseos, as camas nas que durmimos. Mesmo se pasas o trapo mollado, aos poucos minutos todo está cheo de area novamente e a pel sécase moi rápido.
A seguridade é un tema importantísimo. Hoxe pechamos con sacos de area as fiestras, así diminuímos as posibilidade de que algunha bala entre. Durante as noites óense disparos, ás veces explosións.
Non podo afastarme máis de 20 metros de onde traballo e durmo. Non podo abrir as portas. Só podemos acceder con helicópteros aos campos que están afastados. De irmos por terra seguramente non chegariamos nunca: os grupos de guerrillas e os "Janjaweed" agardan que cometas ese erro.
Todos os días hai mortos na poboación, as violacións non son noticias raras senón diarias. Unha noticias confírmanse, outras non.
Onte o Goberno prohibiunos o acceso ao Norte, que está baixo control do "Justice Equality Movement". Gran parte desta poboación -que depende da axuda humanitaria- quedará sen comida, medicinas e auga.
Fixen a miña primeira coordinación de entrega de axuda no campo Ryad. Se non tes sorte e chegas antes dos camións cos abastecementos, sofres máis. Os nenos berran, a xente cae ao chan, teñen moi pouca hixiene e hai moscas por todas partes, nos seus ollos, nas súas orellas... Os que son un pouco máis maiores apréixante polo pantalón e piden. Os líderes das comunidades preguntan cada minuto onde está a axuda.
Cando a axuda chega hai que ter sorte. É importantísimo que se teña feito correctamente "Needs Assessment"; as cantidades de axuda teñen que ser equivalenten ao número de persoas. Pero é difícil porque chega xente nova todos os días, dependendo da guerra, das atrocidades, da súa intensidade, de canta xente deixa as casas... Os casos de malaria e SIDA son relativamente poucos, pero non os de diarrea.
A palabra "coordinación" é máxica, pero é complicadísimo lograr o que significa. Varios actores participan neste sistema: os departamentos das Nacións Unidas, donanates, UE, ONGs, e por suposto o corrupto goberno de Sudán. Cada un fai o que lle dá a gana, ou peor, o que responde aos seus intereses. É difícil coordinar todo isto.
Hoxe falei con alguén dos "cascos azuis". Estivo tres anos en Afganistán e leva medio ano en Darfur. Pregunteille onde é máis difícil... "Si el infierno existe en este planeta, está aquí" contestou.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Ese lugar
dende logo
non se fixo para
vivir senon para morrer
saúdos

Anónimo dixo...

Aínda que sería marabilloso
mandar para aí a ... bah!!
Non digo nomes... DPT
Sinto ser tan malo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.