Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/03/08

La tercera virgen

Rematei de ler La tercera virgen de Fred Vargas. O bo deste tipo de novelas, policíacas, é que te absorben ata que as rematas, lendo con fruición cada liña, e esquecendo o mundo de arredor. A novela abre varias vías contendo misterio e aventuras e o detective principal non é un detective "al uso", conseguindo que a novela pareza máis lenta do que realmente é ata facer nós case imposibles. Ademais, temos a singularidade dun policía que fala en verso, unha Brigada que parece un reparto dunha obra de teatro e un escenario fabuloso, sobre todo para os que acabamos de vir de La France. Todas as pezas da historia están ben ensambladas, sen faltar o humor. A complexa investigación que pretende acabar cos crimes perfectamente executados pola Sombra é un exercicio deste xénero, dando ao libro un certo carácter fantasmal.



1 comentario:

Unitaria de Vide dixo...

hai algún tempo que estou enganchada a novela negra, en especial á de mulleres e descubrín que Fred viña de Federica logo de ler "Huye rápido,vete lejos", un descubremento perfecto. Cando lin no blog A nosa Biblioteca a reseña sobre "la tercera Virgen", un novo de Vargas, corrín a mercalo. Da gusto ler con ela . E Adamsberg é tal cual un personaxe do"siglo de antes de antes"

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.