Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/04/08

Musimáticas (II)

Ás veces o azar fai que descubramos cancións sorprendentes. Hoxe veño de escoitar por primeira vez o último disco de Iván Ferreiro (ex-vocalista de Los Piratas) titulado "Mentiroso mentiroso". E hoxe mesmo lamentei ter tardado tanto en facelo, porque nel atopei unha canción que mestura dúas das miñas paixóns: a música e as matemáticas.
O título (Personalidad múltiple) non reflexa demasiado este contido aritmético e se nos poñemos a analizar a letra con calma, comete algún que outro gazapo matemático, pero tampouco hai que ser tan tiquismiquis.
Non sei se vos gustará, pero polo menos agardo que vos sirva para que teñades a tentación de darlle unha escoita ao disco. Asegúrovos que paga a pena.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.