Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/07/08

American Gangster

O verán, ou as vacacións, permite achegarnos a libros e películas aos que non tivemos tempo durante o curso. Onte vin esta peli que vos recomendo se vos gusta este mundo dos gángsters, situada esta vez nos anos 70 americanos. Dirixida por Ridley Scott e protagonizada por Denzel Washington e Russell Crowe, está baseada nunha historia real. Creo que ambos actores realizan moi boas actuacións, como era de esperar, e tanto a fotografía como a música están á altura, pero sempre lonxe da insuperable "El Padrino". Para o meu gusto, recréase demasiado en escenas de xente drogándose, pero supoño que é algo inherente a min, o feito de ver as agullas... Por outra parte, case nos fai amar ao "malo" da peli, sempre interesante desde ese punto de vista, ao igual que nos presenta a un poli "bo" pero cheo de matices odiosos; é dicir, o máis real é esa visceralidade dos personaxes que resultan inclasificables para o espectador: quen é o bo e o malo?. Por suposto, como boa película americana que se precie, triunfa a moralidade.



1 comentario:

Anónimo dixo...

Para min, un peliculón

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.