Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/08/08

Execución de menores

Amnistía Internacional mándanos un chamamento: axudemos a parar a execución de menores. Arredor deste 12 de agosto, dous mozos iranís serán executados colgados dunha grúa; foron condenados a pena de morte por delitos cometidos cando eran menores de idade. Irán é o país que máis menores executa, en contra dos compromisos internacionais e do dereito internacional.



Preme na imaxe para asinar e poder salvalos entre todos.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Paréceme indignante... A xente cada día está peor. Dame noxo que exista xente capaz de facer semellantes barbaridades.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.