Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/09/08

Curta historia de amor

Hai curtas que non só contan unha historia, tamén resaltan a nosa condición humana agasallando beleza e paz, melancolía positiva.
“A SHORT LOVE STORY IN STOP MOTION” é unha animación do director de cine e animador Carlos Lascano.
Veredes como vos gusta!





Vía Capítulo 0

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gusta, gusta...
Igual é unha parvada (moi propia, dirá alguén)pero sempre un queda coa idea de que as vidas non son máis que círculos que van medrando ata pecharse: de calvos a claros, de claros a escuros... e volta atrás... resulta ata sinxelo de soñar.
Igual o mundo non é máis que a cachola dunha gran nai de pelo crecho, chea de voltas que fan voltas, de liñas que medran e morren revirando o destino de cada quen... todas se semellan tanto que ata parece estúpido emocionarse coa eterna rutina de nacer-querer-morrer... pero é así, será porque ata resulta sinxelo de soñar?
Saúdos (algo cursis) para tod@s.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.