Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/11/08

O noso 25 de novembro

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística promovemos varios actos no día de hoxe para falar deste tema que tanto nos preocupa diariamente. Aproveitando que o noso centro conta co Ciclo Medio de Actividades Físico-deportivas no medio natural, usamos as bicicletas como reclamo contra a violencia por todo Silleda. No recreo fixemos un pequeno acto de lectura de poemas a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato e durante toda a mañá os grupos da ESO pasaron a ver os vídeos preparados para esta ocasión e que están colgados neste blogue.
Unha xornada de reflexión para tentar facer un mundo mellor


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.