Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/11/08

Cenizas del cielo

A maioría dos habitantes de Valle Negrón viven próximos a unha central térmica. A Pol Ferguson, un escocés que escribe guías turísticas, a súa roulotte déixao tirado alí, ante a visión da central. Ferguson descubre a Federico, que leva anos loitando contra a contaminación da térmica, convencido de que o compromiso de Kioto acabará pechándoa.

Realizada polo director asturiano José Antonio Quirós, Cenizas del cielo foi seleccionada para participar na sección oficial da 21.ª edición do Festival Internacional de Cine de Tokio, onde levou o Gran Premio Natural TIFF.

O filme contou con xentes do lugar para o relativo á figuración.

Considerado a primeira longametraxe de ficción española sobre un tema medioambiental, Quirós redactou o guión a partir do compromiso de Kioto para salvar a Terra do desastre ecolóxico.

Greenpeace participa na promoción.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.