Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/11/08

O Rei Catástrofe


Cando pensaba que xa tiñamos todos cómics en galego, atopamos un novo, un libro da editorial Astiberri cuxos autores son Lewis Trondheim e Fabrice Parme (non topei a portada en galego, polo que vola deixo en castelán).
Nesta ocasión estamos ante o primeiro tomo "A Adalberto non lle falta cara", un neno rei insoportable que só atende ao seu propio aburrimento e manda que se lle cumpran todos os seus gustos, por moi extravagantes que sexan. Vaia, un personaxe odioso de principio a fin. As viñetas, a toda cor, son moi especiais en canto a unha solución de non continuidade que lle dan un aspecto máis infantil.
A min non me gustou especialmente, a verdade. A ver que din os meus alumn@s.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.