Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/12/08

Feliz ano

Anxo propúxose facer un cartel especial para desexarvos un feliz 2009. E conseguiuno, non si?

Hai exactamente un ano falabamos de todo o que nos quedaba por dicir neste blogue, tantas lecturas, tantas cancións, tantos retos... e tanta inxustiza. Este cartel fala precisamente de todo isto, do que é importante para nós, e cremos que tamén para vós, por iso nos seguides. O mellor: que todo podemos falalo na nosa lingua.
Falar do 2009 é motivo de esperanza. Eu, persoalmente, lembrarei o 2008 como un ano nefasto. Teño moitos desexos gardados nun recuncho para pedir coas uvas da noite. Coma tod@ vós, maxino. Desde aquí desexámosvos que esas peticións se cumpran; pero non podemos esquecer arestora a fin de ano en Gaza, como noutros lugares do mundo; non podemos nin debemos esquecer a falta de Dereitos Humanos que rexe o mundo que nós empeñámonos en manter. E por iso seguiremos aquí, se vós queredes acompañarnos. Que o novo ano nos agasalle con 365 días de entradas no blogue e coa vosa lectura.
Feliz ano a tod@s!!!


3 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola!! Pois si que quedou ben chusquiño o cartel! En relación a el, o que eu quero para o 2009, entre outras moitas cousas (por pedir que non sexa)é seguir gozando do pracer e o privilexio que supón este blogue, en galego.
Saúde e terra.

Anónimo dixo...

Vaia... a trafegando ronseis sempre lle toca o peor lado do funil.
Feliz novo ano, ZpZp

Antonio Martínez dixo...

Feliz aninovo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.