Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/05/08

Así se quita un premio

Por vez primeira desde que trafegamos ronseis, este blogue estivo calado varios días. A razón: un tempo de reflexión pola descualificación do Premio Edublogs que nos fora concedido.
Para @s que non teñades coñecemento sobre este suceso, querémosvos explicar o acontecido: fomos acusados por un "anónimo" de redactar algunhas das nosas entradas (non chegan ao 10% das 800 existentes) sen poñer as referencias pertinentes. O xurado, autodescualificándose, avísanos de que sería preferible "a nosa retirada" por honradez.
Aclararemos, se cómpre, que nunca tivemos intención de nos apropiar de palabras alleas nin atribuírnos méritos doutras persoas; antes ben, desexabamos achegarvos na nosa lingua informacións diversas que existían na rede en castelán. Non é o noso propósito inventar, senón difundir e compartir, despois dunha selección previa que supón tamén horas de traballo.
É precisamente a nosa honradez a que nos presenta ante vós, lectores e lectoras do noso blogue, para que sexades vós quen nos xulgue. Nunca fixemos un blogue para acadar un premio, senón que a súa construción débese ao noso alumnado, ao noso soño e esperanza de que eles constrúan un futuro mellor a partir destes breves momentos de reflexión, cultura e ocio EN GALEGO.
Ambos estamos orgullosos do noso traballo e as palabras de Charo, Olga, Bolbor, Vicky, Fran e Montse no blogue do premio así como as diversas mensaxes recibidas fannos intuír que estamos no camiño correcto. Agardamos –e necesitamos- os vosos comentarios: de vós depende que sigamos construíndo ronseis.


25/05/08

A idade de ouro das mafias

Recoméndovos que leades íntegra esta entrevista de Guillermo Altares a Misha Glenny, xornalista que investigou durante anos o crime organizado. Espeluznante.

Os protagonistas da mafia xa non son os tradicionais sicilianos, senón que son personaxes máis sofisticados e hábiles que sabes aproveitar os puntos flacos do sistema no que viven. Nun mundo global, é dicir, todo o planeta.
O paro é un caldo de cultivo terrible para o crime organizado, porque dispón de recursos humanos xigantescos para recrutar.
Non esquezamos que España foi un lugar de asentamento para as mafias sobre todo por unha industria determinada: a cocaína. Este desembarco viuse tamén propiciado por unha das operacións máis claras da mafia: a chantaxe a cambio da protección, que medra ao abrigo da construción.

Vía Libro de notas

Adicción

Adiccións non perigosas, cremos... ou non?:



Vía Libreros

Inmortalidade

O outro día lin un artigo que me pareceu moi interesante sobre a lonxevidade, esa coa que o ser humano soña desde os principios dos tempos. E parece que vai conseguindo algúns logros, comparando a media de idade actual coa de hai cen anos. De todos os xeitos, nada que se asemella ao que vos vou contar:

Revistas científicas fixéronse eco do descubrimento de evidencia do que podería ser o ser vivo máis lonxevo coñecido, unha conífera norueguesa que posúe un sistema de raíces con restos en estratos correspondentes a 9550 anos de antigüidade. Pero hai ademais outros organismos record en termos de lonxevidade:
Pando, un bosque de álamos trementes radicado en Utah (EEUU), tamén coñecido como o xigante tremente. Pando é unha colonia clónica de árbores que comparten o sistema de raíces. Todos os membros da colonia teñen o mesmo perfil xenético, o que unido á compartición das raíces xustifica pensar na colonia como un único organismo, do que cada membro clónico sería só unha extremidade. Este organismo, cunha extensión de 43 hectáreas, ten unha idade estimada de 80000 anos.
Sen ir tan lonxe, hai un formidable exemplo de colonia clónica en Ibiza: trátase dun exemplar de Posidonia oceánica, unha planta mariña de 8 quilómetros de lonxitude e uns 100000 anos de antigüidade.
Hai outro organismo que case se pode considerar inmortal. Trátase da Turritopsis nutricola, unha hidromedusa que ten a fantástica capacidade de reverter o seu estado adulto e converterse de novo en pólipo. Este proceso pode repetirse indefinidamente, o que a efectos prácticos supón que un exemplar nunca morre. O proceso polo que se produce unha nova diferenciación de células xa diferenciadas denomínase transdiferenciación, proceso polo cal algunhas especies animais conseguen rexenerar algúns dos seus órganos. Porén, a completa volta á infancia desta medusa é realmente excepcional.

Vía La Singularidad Desnuda

24/05/08

Xeitos de dicir

A curta "Historia dun letreiro", do mexicano Alonso Álvarez Barreda, gañou o premio Special Cannes 2008 outorgado no marco do Short Film Corner, no que competiron case dous mil curtamexistras de todo o mundo.



Vía Digizen

A vida secreta dos libros

Cando non os miran nin os tocan, cando non hai clientes nin vendedores, cando non hai lectores... poden suceder cousas estrañas:



Vía Libreros

Ler na cama

Un bo propósito: ler antes de durmir... sempre que non quede no propósito e se cumpra, claro. Para ilustralo, un bo vídeo que topei en Libreros, da curta "Bosteza" de Toni Nievas.

Pradolongo

O xoves pasado acudiron ao noso centro o director e os protagonistas de Pradolongo para presentarnos a película e invitarnos a ir vela ao cine. Xa que eu non puiden asistir pedinlle a unha das asistentes que realicese esta entrada no blogue, polo que as palabras que tedes a continuación son de Andrea Díaz:
Faláronnos da película, das súas opinións persoais e do estado do cine en Galicia e en galego. Pero ademais diso tamén nos deron consellos sobre como deixar de lado os nervios antes de subir a un escenario. Foron moi simpáticos connosco, e moi amables e cercanos. Fixéronnos pasar un rato verdadeiramente agradable. E podemos dicir que grazas a eles estrear a nosa pequena obra se fixo un chisco máis fácil e fixémolo con maior confianza, porque nos revelaron algúns trucos e nos prestaron a súa axuda: por iso pouco antes de comezar a obra algúns fomos correr!

E onte á tarde fomos ver a película. En xeral, non gustou demasiado, xa que non lles pareceron moi bos actores e actrices, curiosamente o que máis lles chamou a atención foi a dialectoloxía, tan diferente da nosa fala; o máis criticado: o final. De todos os xeitos, un pracer ver cine galego e pasar unha tarde en tan boa compaña.



Trailer PRADOLONGO from pradolongo on Vimeo.

23/05/08

Montaña rusa

Un exemplo de publicidade creativa ao servicio da música clásica. É unha idea da axencia suíza de publicidade Euro RSCG para a promoción da Orquestra de Cámara de Zurich: unha interpretación moi suxerente dunha partitura.





Vía Desequilibrios

Fotorrealismo

Magnífico traballo dun artista descoñecido que domina a técnica fotorrealista:



Vía Tokland

22/05/08

Non á violencia contra as mulleres (XXXVII)

Impresionante este cartel de publicidade da Asociación Portuguesa de Axuda ás Vítimas (APAV). "O silencio doe", campaña contra os malos tratos a mulleres.



Vía Sexismo Publicitario

O vello e o mar

Supoño que case todos e todas coñecedes esta novela de Ernest Hemingway, que ademais está traducida á nosa lingua e que vos recomendo, lida nos meus tempos mozos. Aquí tedes unha adaptación animada de Petrov, que podedes ver completa en You Tube, como non.




Vía Mangas verdes

21/05/08

Actualidade da poesía

Alejandro Félix Raimundo reflexiona acerca das razóns últimas polas que un poeta segue escribindo poesía, a pesar de ser unha manifestación literaria de supervivencia heroica:
"No contexto dunha época caracterizada pola búsqueda do éxito inmediato e polo culto da imaxe, dominada polas esixencias do mercado e indifente aos intereses máis profundos do ser humano, a poesía aparece como unha manifestación estraña e quizais anacrónica (...) A poesía é, a causa do lugar marxinal que ocupa na sociedade do noso tempo, a máis indicada entre todas as actividades humanas para xerar un proxecto de vida alternativo. Ao non buscar o éxito e ao non "pretender" cambiar a sociedade, representa unha acción que constitúe un fin en si mesma. Unha acción que lle permite ao home obxectivarse evitando ao mesmo tempo o risco de toda alienación. Dicir que a poesía actúa sen pretender non equivale a presentala como cómplice dunha determinada orde social e política, senón presentala no seu aspecto máis característico: como un misterio que irrompe na existencia do ser humano transformándoa. A poesía é crítica respecto de calquera sistema, e éo polo feito de utilizar a linguaxe nun sentido diferente ao cotián, facendo posíbel dese xeito o acceso a realidades virtuais que tornan máis ampla, fecunda e profunda a nosa experiencia vital. (...) A poesía resulta fundamental nunha época como a nosa porque nela cada vez somos máis incapaces de facer unha cousa por amor a ela mesma. É unha aproximación ao inefable que se distingue pola súa enorma capacidade de suxerir".



Breakdance: orixe

Non nos gusta poñer tantos vídeos seguidos no blogue, pero estes días tivemos moito traballo e andamos algo "abandonados" polo que de súpeto topamos tantos que vos queremos achegar que case se nos acumula o "choio". Así que aí vai, outro vídeo -e temos máis na recámara!-. Este é moi simpático: aplicar a un baile ruso unha banda sonora hip hop tipo ‘It’s like that’, de Run DMC, para atopar o pasado oculto do breakdance.



Vía Mangas Verdes

Libro de peto

A editorial Punto de Lectura produciu o mes pasado este vídeo no que unha serie de escritores e lectores definen o que é un libro de peto e que o fai especial. Este vídeo é unha homenaxe ao formato que permite encher os petos de gran literatura, de xeito cómodo e barato.
Que é para ti un libro de peto?



Vía Papel en blanco

20/05/08

Bolsas

Descubrimos en Migramundo un vídeo que nos encanta: como reutilizar as malditas bolsas de plástico que nos dan no super cada día. Como xa sabedes, o plástico non é biodegradable, e contaminan por moito, moito tempo. No vídeo dannos algunhas ideas: unha demostración máis de que cómpre usar o maxín para reutilizar os materiais antes de que se convirtan en residuos.



Vía Usar y no tirar

Letras

Cristina mandounos esta fermosa presentación que non queremos deixar de vos amosar. Verédela xa noutros blogues de bibliotecas escolares. Porque que sería de nós sen as Letras? Coas Letras lemos máis e mellor, somos mellores.


video

19/05/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XXXI)

Hoxe tiven (tivemos) o enorme pracer de emocionarnos escoitando a un auténtico mestre non só da poesía senon do recitado: Carlos Oroza. Recoñezo que este home de aspecto fráxil nado en Burela alá polo ano 33 soubo emocionarme coa súa voz, co seu sentir, coa forza das súas palabras, dos seus versos.
Se ao talento de Carlos lle engadimos o marabilloso traballo realizado polos alumnos de 2º e 3º ESO recitando, reinventando e interpretando de forma visual os seus poemas, dounos como resultado un espectáculo precioso. Pagoume a pena madrugar hoxe. Sen dúbida.






América de Carlos Oroza



Me he refugiado en este trozo oscuro y estoy inmerso en esta oscuridad.
Y es más inmensa aún la noche inmensa y casi muerta la noche arrastro con su voz tremenda.
Por eso cuando ibas por la carretera y te desviaste hacia el mar
Y me contaste que habías visto salir de debajo de las aguas brazos .
Brazos trepando. Trepando hacia la arena.
Comprendí que eran seres. Miles de seres que el mar había rescatado.
Miles de años de seres de America escapada.

América estaba al lado del mar tratando de subir por una inmensa cuesta blanca arriba
De arena blanca hasta llegar al blanco fronterizo com la carretera.
Era toda América crucificada a la orilla.
Toda la América insalivada y fija.
Brazos saliendo del mar crucificados avanzando brazos pájaros sin cabeza.
Brazos voces sumisas en la orilla.


Y Poe estaba americando y Poe llevaba un bicho que habia salido por su boca.
Y era Poe Poe Poe.
Poe haciendo ruidos con el agua.
Poe besando por el alma de la playa.

Y toda aquella gente que venía suspendida por la carretera
No se daba cuenta de nada porque no tenían la costumbre de mirar la oscuridad.
Ni sus ojos estaban habituados a la noche.
Eran los ojos oriundos los ojos de una infinita estepa sedienta y soleada.

Y fue horrible enfrentarse con "aquello". Enfrentarse con la carretera y bajar al mar.
América estaba crucificada a la orilla. Toda la América hundida. La América errante.
Y los brazos se alzaban. Se alzaban y se hundían.
Se alzaban gateando hasta llegar al blanco fronterizo entre la carretera y el mar.

Era América crucificada. América hundida que trataba de llegar a la carretera.
Aquella noche en la playa cruzaste. Tocaste aquellas manos.
Y las manos se soliviantaron. Empezaron a levantarse y a rechazarte.

Empezaron a golpear en el mar a sublevar las olas
A devolver al aire al cielo al techo la lluvia que había secado.
Y tu has tocado has dado con las manos en el aire
Has dado con las manos en el agua y estarás golpeando – golpeando de nuevo como el agua.

Y Poe estaba americando.
Y Poe llevaba un bicho que había salido por su boca.
Poe haciendo ruidos con el agua..
Poe besando por el alma de la playa.

Y América ya no recibía calor. América estaba crucificada.
Penetraste aún más. Llegaste al pie del agua te transformaste.
Y querías atraer las cosas.

Atraerlas a la carretera y llevarlas a la noche inmensa y seca.
Y había miles y miles de Kilómetros y ellos estaban estancados.
Estaban estampados por la espalda y por el pecho.
Estaban estampados en la arena y contra el agua.

Y Poe estaba americando.
Y Poe llevaba un bicho que había salido por su boca.
Y era Poe Poe Poe.
Poe haciendo ruidos con el agua..
Poe besando por el alma de la playa.


Y América estaba crucificada a la orilla.
Y no había conseguido avanzar ni un milímetro tan solo.
Desesperadamente de amar amer mi alma se multiplicaba.
Y se engendraba buscando canales para salvarse.
Y no podía ser. Tropezaba contra la carretera y no podía avanzar.
Y volvía formando círculos a incrustarse en los dedos de América.

Y Poe estaba americando.
Y Poe llevaba un bicho que había salido por su boca.
Y era Poe Poe Poe.
Poe haciendo ruidos con el agua..
Poe besando por el
alma de la playa.

18/05/08

Ponte ao meu lado

Achegámosvos o correo que nos chegou aos centros polo Día das Letras Galegas:

Na celebración das Letras Galegas, o cerne do noso patrimonio inmaterial, a lingua, érguese como a bandeira do achegamento e da convivencia. Unha lingua compartida na que galegos e portugueses vivimos o noso día día. Nela creamos os nosos mellores tesouros intanxíbeis. Nela soñamos o mundo e nela aprendemos a amar a falar. A lingua que nos xunta e nos achega a unha grande comunidade de falantes espallados por todo mundo. Este patrimonio, sustentado na lingua, debe ter o máximo recoñecemento internacional. Reclamamos que os poderes políticos inscriban o patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa do Patromonio Inmaterial da Humanidade, tal como foi recomendado pola propia Unesco.
Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común:
o patrimonio inmaterial galego-portugués.
Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas!




PONTE DO MEU LADO

A ponte serve para atravessar
A ponte serve para ligar
a terra que a água desuniu
os dois lados do mesmo rio,
A ponte serve para nos juntar
A língua serve para falar
A língua serve para beijar
Quem nos fala ao coração
E nos segura a mão
A língua serve para nos juntar

Ponte deste lado,
A ponte que me leva aí
Põe-te ao meu lado
E fico pertinho de ti

Queremos tanto a Julio

En 1994, aos dez anos da morte de Cortázar, a editorial Nueva Nicaragua publicou un pequeno libro-homenaxe titulado Queremos tanto a Julio, remedo da súa colección de contos Queremos tanto a Glenda e no que colaboraron non menos de vinte destacados escritores do ámbito hispánico. O título é especialmente elocuente, pois Cortázar sempre foi o paradigma de escritor que espertaba entre nós unha adhesión reverencial que participaba dunha estraña combinación do cómplice e o carismático, ao que non eran alleos o seu compromiso político de entón nin certos indicios de estrañeza fisonómica -altura extraordinaria, ollos separados e o seu recoñecido efebismo, pois por Cortázar (literalmente) non pasaban os anos-.
Ademais dos seus desasosegantes e perfectos contos, que para moitos lectores son o seu cume creativo, Cortázar escribiu Rayuela e para moitos todo cambiou. Aínda que impregnada como poucas do espírito da súa época, moitos a lemos con fruición devota, coa expectación de quen se cre a piques de descubrir os máis segredos arcanos, coa conciencia de dispórnos a vivir unha experiencia iniciática, pois iso era o que outros nos transmitiran. Agora, tempo despois, resabiados e escépticos, podémonos preguntar polas razóns que animaron tanto fervor: A súa audacia formal? A proposta dunha radical opera aperta que non é no fondo senón a negación irónica de toda ars combinatoria ao uso? A súa vontade provocadora? A súa linguaxe, desde o coloquial rioplatense ás simas do lirismo máis exacerbado e máis antisolemne? A concepción radical do poético como instrumento liberador do reprimido? O seu humor desmitificador? A ambición abarcadora do seu potencial significante? Todo isto e moito máis, pero sobre todo a promenade de Oliveira supuxo para moitos un novo ethos, ligado a unha percepción insólita do contixente e o rexeitamento das convecións nun contexto ante todo efectivo e erótico, unha proposta de liberdade onde fundamentar a nosa educación sentimental e a posibilidade dun imaxinario na que proxectar un novo espazo utópico. Hoxe, corenta e cinco anos máis tarde, todo este xigantesco "work in progress" renóvase coa tirada de dados de cada nova e libérrima lectura que Julio (a quen queremos tanto) nos propón.

A inmiscusión terrupta é un conto breve de Cortázar incluído en Último round (1969). Aquí tedes unha curta realizada con el. A característica deste conto é que "se infaventa las malabras y amostiga el mulcho, por lo que es muy fano para diversos fines paravénticos. Espero que les melgue". E se premedes aquí teredes o texto completo, publicado polo blogue No sólo libros. (A narradora coñecédela, estivo hai dous anos no noso centro!)
Eu tan só quería prender en vós a mecha que non se apaga de Cortázar.



Grazas, Marcos.


17/05/08

Tamén Día de

Tamén hoxe é o Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia, é dicir, liberdade sexual e que cada un viva como queira. Vive e deixa vivir:



Poesía contra a ignorancia


Adherímonos á rede de Blogues pola lingua e ao contido do seu manifesto, reproducindo o poema "Deitado fronte ao mar" de Celso Emilio Ferreiro:

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

Día de

Día das Letras Galegas e Día da Internet. Hai mellor xeito de celebrar o Día da Internet ca traballando na nosa lingua? Hai uns días recibimos un Premio que nos enche de orgullo, pero máis porque este espazo virtual está integramente en galego, porque o premio nolo agasallan desde fóra de Galicia. Prestixio para o noso idioma, que é polo que loitaremos constantemente. A Internet significa loitar pola liberdade, na nosa lingua, a que nos procura a nosa propia identidade.


Sabedes que este ano as Letras adícanse a Xosé María Álvarez Blázquez, polo que hoxe deixámosvos a súa voz. A gravación deste poeme de Roseira do teu mencer é de 1968, realizada por Radio Nacional.

16/05/08

Retos matemáticos... e no tanto (VIII)

Despois das últimas alegrías en forma de premios e éxitos escénicos, cómpre volver pronto á normalidade. E que mellor maneira que retorcendo os miolos, non credes?


Reto 1.- Amadeo viviu unha cuarta parte da súa vida en Madrid, unha quinta parte en Granada, un tercio en Sevilla e, finalmente, 13 anos en Zaragoza. A que idade morreu Amadeo?


Reto 2.- Lourdes Cortés, unha famosa millonaria, quería ter unha mansión onde todas as ventás estiveran encaradas cara o sur. Encargou este proxecto ao prestixioso arquitecto Armando Casitas que, despois de moito pensar, deu coa solución. Cal foi?

Reto 3.- Un señor vive no décimo andar dun edificio de 12 prantas. Todos os días cando sae á rúa colle o ascensor e baixa ata o portal. Porén, cando regresa á casa colle o ascensor e sobe ata o oitavo andar e usa as escaleiras para subir os dous andares restantes. Se o ascensor funciona perfectamente, por que fai esta manobra?
Axuda: cando sobe con alguén en ocasións si que chega ata o décimo andar.

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: DAVID
Reto 2: Non hai medios buratos!!
Reto 3: Unha frase curta

Reto 4: Un

15/05/08

Premio Espiral

Hoxe erguémonos coma marabillosa nova de que nos concederan o Primeiro Premio na categoría de Blogs Colectivos dentro do certame Edublogs.

Quixeramos desde aquí agradecer a todos os que nos apoiastes para que isto fose posíbel e a tod@s e cada un dos que visitades este humilde recuncho cibernético.

Mil grazas a tod@s.

Bóla de neve

Cantas veces teño falado xa da experiencia que supón o novo enfoque dirixido á aula de 4º de ESO? Hoxe teño que volver a facer referencia a este traballo. Porque o que comezou como un obradoiro de teatro dentro da aula, lendo personaxes de diferentes obras, acabou sendo o que hoxe vos presento: unha obra clásica "adaptada", con 19 personaxes e de case hora e media de duración. E é que resulta imposible negarse a tanta vitalidade.
Son moitas as horas empregadas, moitos os risos e moitos os enfados. Son moitos os nervios. Pero aquí estamos, unha dobre función agarda por nós no día de hoxe, e podo dicir que confío neles para que todo saia ben, pero tamén podo afirmar que me sinto orgullosa do seu traballo paseniño, da evolución da que fun testemuña nestes últimos meses. Hoxe, último ensaio, sorprendíame a min mesma porque aínda conseguen emocionarme, aínda conseguen facerme rir a gargalladas. Sorpréndeme a súa capacidade de engaiolarme e enfadarme, de deixarse querer.
Por iso invítovos a que veñades velos actuar hoxe ás nove da noite, tanto se estades preto ou lonxe, invítovos a que asistades a unha clase de lingua galega desta que vos fala cun sorriso debuxado nos beizos porque Vostede ten ollos de muller fatal.

Blogueiros unidos polos Dereitos Humanos

Este blogue non podía deixar pasar a oportunidade de participar na campaña Bloggers Unite For Human Rights. A idea é que hoxe, 15 de maio, a blogosfera lance unha mensaxe conxunta e global contra as violacións dos dereitos humanos que chegue a millóns de persoas de todo o mundo, incluso a aqueles lugares onde a liberdade de expresión está restrinxida.
Amnistía Internacional proporciona unha lista de temas como ideas que os blogues poden abordar, como o encarcelamento do periodista Shi Tao en China, as detencións ilegais en Guantánamo ou os asasinatos, secuestros, violacións e desprazamentos forzosos da poboación en Darfur.

Todos os que visitades o noso humilde recuncho cibernético sabedes ben que desde aquí sempre denunciaremos todos aquelas situacións que supoñan unha violación dos dereitos humanos.
E se aterras por aquí por primeira vez, convidámoste a que deas un breve paseo pola nosa web e o comprobes por ti mesm@.

14/05/08

Nontodovanserlibros (XXXI)

Hoxe 14 de maio cúmprense 10 anos da morte do cantante e actor nortemaericano Frank Sinatra. De alcume A Voz, foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX e deixou, a través dos seus discos e actuacións en directo, un legado canónico no que respecta á interpretación vogal masculina desa música. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo de toda a súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta, sendo esta última década a considerada como a etapa de maior calidade artística como cantante.

Tecnicamente, caracterizouse pola súa coidada precisión no fraseo e o seu dominio do control da respiración. En canto á súa categoría artística, esta radica na súa capacidade interpretativa para transmitir as emocións e sentimentos implícitos nas letras das cancións. A Sinatra recoñéceselle historicamente ter sido o primeiro cantante que fai un uso consciente dos medios de amplificación do son co obxecto de situar a súa voz por enriba do son da orquestra e aproximala á intimidade do oínte.
Ao longo da súa carreira profesional, Sinatra gravou máis de 1.300 cancións e participou en máis de cincuenta películas. Recibiu multitude de premios e homenaxes, entre os que se contan dez Grammys, o Premio da Academia de Artes e Ciencias da Gravación e a Medalla da Liberdade do goberno estadounidense. Vía Wikipedia

Sen dúbida algunha, ao falar de Sinatra véñennos á cabeza cancións como Strangers in the night, Fly me to the moon, New York New York ou a tantas veces versionada My Way. A continuación podes escoitar varias destas versións deste tema (cuxo autor orixinal é Paul Anka) que popularizou Sinatra. Formas distintas de interpretar a mesma canción.

free music


E de agasallo, a versión que fixeron os vigueses Los Piratas a finais do noventa.



Muto

Baixo o título de "Muto", o artista rueiro Blu agasállanos cunha obra dicindo que "pasou o inverno facendo algúns debuxos"; está realizado nas paredes de Bos Aires, combinando a arte urbana con vídeo. Seguro que vos gusta.




Vía Mangas Verdes

13/05/08

De profesión, preguntón

Onte asistín á presentación do último libro de Eduardo Galeano. Onte vibrei e emocioneime con Eduardo Galeano. Onte quixen parar o tempo para seguir a escoitar a Eduardo Galeano.
Manolo Rivas presentou a Eduardo Galeano. Lonxe da última vez que o vin, nun congreso bibliotecario, no que resultou tedioso e aburrido, onte achegouse coa súa verba, cun texto fermoso sobre unha historia case universal, a prolongación da obra de Galeano nun libro máis. O xeito da ollada que conta é o xeito da ollada do sentinela da fraga, da natureza, daquel que non ten cegueira; non é unha historia contada polos poderosos, que é o que normalmente acontece; non, é a historia dos esfolados, a historia da metade da humanidade, a historia da terra no sentido literal, a historia da guerra do espolio contra a natureza. A historia non é un xacemento de pretéritos, responde a unha demanda: ser un presente recordado, e responde tamén á necesidade de remexer na historia para atopar faíscas da esperanza. A musa da obra de Galeano é a conciencia. É a boca da literatura a transmitir información básica para a humanidade.
Logo comezou Galeano. Presentouse ante Galicia, onde chove da terra ao ceo; a choiva ocúpase de mollar o ceo en Galicia.
Galeano tenta ver o universo polo ollo da pechadura. No libro (Espejos) conta historias pequenas que conteñen a respiración da grandeza do universo. Ocúpase dos invisibles, dos que non saen na foto, porque o poder mutila todo o que toca. No libro tamén hai moitas historias de mulleres, porque elas son a metade negade da humanidade, mulleres descoñecidas, ignoradas; mulleres como Concepción Arenal, como a emperatriz Teodora, como Olimpia de Gauges a quen detiveron por pedir Dereitos para a Muller, os mesmos Dereitos que os homes lideraban na Revolución Francesa. Toda a humanidade somos máis ou menos o mesmo lixo ou a mesma marabilla; pero as mulleres non puideron demostralo.
Galeano pregúntase se a vida comezou en África, iso quere dicir que Adán e Eva eran negros? Todos vimos de alí, é a nosa orixe. Pero o racismo produce amnesia. África é a gran castigada nos últimos cinco séculos. Durante tres séculos, escravitude. Dous séculos máis, dá riqueza da terra a cambio de promesas do ceo.
Tamén falou da lingua guaraní, da súa supervivencia. O que demostra a certeza de que a palabra é sagrada. A palabra é a alma. Quen lixa a palabra traizoa a alma.
Entre outras moitas cousas quédome con esta frase: "A Cristo nunca se lle pasou pola cabeza que fose fundar unha empresa".
O mundo segue tendo cidadáns de 1ª, 2ª, 3ª e 4ª categoría, ao igual que os mortos. Pero coa esperanza de que o mundo contén outros mundos, e de que outro mundo é posíbel, estamos aquí.


12/05/08

Día das matemáticas

Desde que no ano 2000 a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas o propuxera, o 12 de maio realízanse actividades en torno a algún tema que relaciona as matemáticas con outras disciplinas. Este ano, o tema escollido é a Música, intimamente ligado á matemática desde tempos Pitagóricos como ben nos explicaba no blogue o noso amigo Donald xa hai algún tempo...

Para confirmar que o que che contara o noso parrulo favorito era verdade, quéroche ensinar este video educativo en portugués (pero moi doado de entender) no que, a ritmo de samba, nos explican a fascinante relación musimática...

Aínda non te convencín???
Pois, como último recurso, propóñoche que fabriques coas túas propias mans un instrumento musical e te convenzas. Precisarás unha táboa de madeira duns 40 cm. de lonxitude, dous cravos, unha corda, preferiblemente de guitarra e unha goma elástica. Sigue os seguintes pasos:
→ Coloca os cravos sobre a táboa de madeira de xeito que entre eles haxa unha distancia de 12 ou 24 cm (múltiplos de 12)
→ Pega sobre a táboa unha tira de papel na que se debuxará unha liña recta marcando nela as fraccións 1/2, 1/3, 1/4, 1/5, 1/6 nos puntos nos que a fracción indique a distancia desde ese punto ao cravo máis próximo dividido entre a distancia total
→ Coloca a corda arredor dos cravos para que quede tensada.
→ Introduce a goma elástica por un dos extremos da táboa e fixa un punto determinado da corda.

Unha vez construído o instrumento:

→ Fai vibrar a corda varias veces e escoita o son; este será o ton principal.
→ Despois coloca a goma elástica, de modo que suxeite a corda onde está a fracción 1/2 e faina vibrar de novo. O ton producido será o mesmo, pero unha octava superior.
→ Posteriormente despraza a goma ata as fraccións 1/3, 1/4, 1/5, 1/6 e fai vibrar o lado máis longo da corda. Os sons que se escoitarán corresponden coa quinta, a cuarta, a terceira maior e a terceira menor respectivamente.

E para rematar a nosa particular celebración ronseira, unha canción titulada La calculadora que, se ben non ten moito que ver coas matemáticas e musicalmente deixa bastante que desexar, dálle unha nota de humor ao artigo. Non vos parece?


11/05/08

Con Víctor Omgbá

O venres pasado, 9 de maio, recibimos a visita de Víctor Omgbá. Unha reunión prevista para unha hora de duración que se prolongou até case as dúas horas polo diálogo aberto e ameno que se estableceu entre o escritor e o noso alumnado de 4º. Falamos de inmigración, de desigualdade, e sobre todo de África. O seu libro serviu de pé para establecer un conxunto de voces que amosaron o seu lado máis solidario para entender que está a pasar no mundo e de que xeito se pode solucionar. O alumnado quedou encantado do encontro, e é que cada vez que vén un escritor lles gusta máis có anterior. Tan activos son! Ogallá este tipo de encontros sirva para crear unha semente que medre sen parar e esta nova xeración sexa mellor e máis xusta. Así o tentamos, desde logo.
En canto ao seu libro, Calella sen saída, xa sabedes que pouco a pouco aparecerán as súas impresións nas Estelas dos Ronseis, que non paran de medrar. Temos lectores ávidos en 4º de ESO!
Esquecinme de facer fotos do encontro, parva de min!!!

Bendita auga

Nestes tempos nos que o problema da auga se agudiza por momentos, querémosvos amosar este fermoso vídeo-homenaxe á choiva. Espero que vos guste.

video

Mulleres Pulitzer

Os Premios Pulitzer son considerados como a máis alta distinción para as obras publicadas nos Estados Unidos. Outórganse cada ano desde 1917. Cantas mulleres coseguiron este galardón?:

.- 1921: Edith Wharton (1862-1937) : La edad de la inocencia
Foi a primeira muller nomeada "Doctor honoris causa" pola Universidade de Yale en 1923.
Se non coñecedes o libro seguro que coñecedes o estupendo filme, dirixido en 1993 por Martin Scorsese e que contaba con Daniel Day-Lewis, Michelle Pfeiffer e Winona Ryder.



.- 1923: Willa Cather (1873-1947) : Uno de los nuestros

.- 1923: Margaret Wilson (1882-1973) : The Able McLaughlins

.- 1925: Edna Ferber (1885-1968) : So Big

.- 1929: Julia Peterkin (1880-1961) : Scarlet Sister Mary

.- 1931: Margaret Ayer Barnes (1886-1967) : Years of Grace

.- 1932: Pearl S. Buck (1892-1973) : La buena tierra.
En 1938 conseguiu o Premio Nobel de Literatura, converténdose na primeira muller que levou ambros premios.
En 1936 esta novela foi levada ao cine, conseguindo dous óscars, un á mellor actriz, Luise Rainer.



.- 1934: Caroline Miller (1903-1992) : Lamb in His Bosom
Este mesmo ano gañou o Premio Prix Femina con esta mesma obra.

.- 1935: Josephine Winslow Johnson (1910-1990) : Now in November

.- 1937: Margaret Mitchell (1900-1949) : Lo que el viento se llevó
Inmortalizada no cine por Víctor Fleming en 1939.



.- 1939: Marjorie Kinnan Rawlings (1896-1953) : The Yearling
En 1946 foi protagonizada no cine por Gregory Peck e Jane Wyman: "El despertar".

.- 1942: Ellen Glasgow (1873- 1945) . In This Our Life

.- 1961: Nelle Harper Lee (1926- ) : Matar a un ruiseñor
Levada ao cine por Robert Mulligan (unha das miñas pelis favoritas) e protagonizada por Gregory Peck, con tres óscars en 1962.



.- 1965: Shirley Ann Grau (1929- ) : The Keepers of the House

.- 1966: Katherine Anne Porter (1890-1980) : The Collected Stories
Candidata ao Nobel de Literatura en tres ocasións.

.- 1970: Jean Stafford (1915-1979) : The Collected Stories of Jean Stafford

.- 1973: Eudora Welty (1909-2001) : The Optimist's Daughter

.- 1983: Alice Walker (1944- ) : El color púrpura
Con este mesmo libro gañou o American Book Award.
Steven Spielberg realizou a versión cinematográfica en 1985, con guión da propia autora



.- 1985: Alison Lurie (1926- ) : Asuntos exteriores

.- 1988: Toni Morrison (1931- ) : Beloved
En 1993 recibiu o Premio Nobel de Literatura, converténdose na primeira muller de raza negra en recibir esta distinción.

.- 1989: Anne Tyler (1941-) : Breathing Lessons.
Autora tamén de El turista accidental, finalista deste premio en 1986. Este libro foi levado ao cine por Lawrence Kasdan e interpretada por William Hurt e Geena Davis, con catro nominacións aos óscars

.- 1992: Jane Smiley (1949- ) : Herederás la tierra (baseada en El Rey Lear de Shakespeare)
En 1997 adaptouse ao cine como "En busca del destino" dirixida por Jocelyn Moorhouse e interpretada por Michelle Pfeiffer, Jessica Lange, Jason Robards, Jennifer Jason Leigh, Keith Carradine.




.- 1994: Edna Annie Proulx (1935- ) : The Shipping News.
Do seu relato Brokeback Mountain Ang Lee realizou un filme considerado como o mellor nos óscars do 2005.



.- 1995: Carol Shieds (1935- 2003) : The Sone Diaries

.- 2000: Jhumpa Lahiri (1967- ) : Intérprete de emociones.
O seu libro "El buen nombre" foi tamén levado ao cine por Mira Nair no ano 2006.

.- 2005: Marilynne Robinson (1943- ) : Gilead.
Foi tamén premio da crítica no ano 2004.

.- 2006: Geraldine Brooks (1955- ) : Marzo, baseada en Mujercitas.
Seleccionaada polo Washington Post como unha das cinco mellores obras de ficción.

Vía Todas

10/05/08

Bendito Machine

Esta curta de animación é obra de Jossie Malis, nado en Lima en 1976 e que estudou publicidade en Santiago de Chile, ademais dun curso de dirección cinematográfica en Nova Iorque. Actualmente adícase a proxectos audiovisuais, entre os que destacan as curtas e as series de animación.
Nesta curta dúas tribos loitan para superpoñer a súa divindade, sen reparar no dano que poidan causar no outro bando. É, pois, un retrato da condición humana onde o poder é o único que importa. Nos deseños pódese observar a influencia da cultura Chavín e precolombina.
A animación está desenvolvida en flash, con estilo de teatro de sombras orientais.

Bo ollo

Unha das facetas máis importantes de National Geographic é a fotografía. Nela baséase un dos piares do seu éxito, xa que captar a realidade en formatos que case ningún humano é quen de notar a simple vista no devir cotián está ao alcance de poucos, tomando instantáneas das paraxes máis fermosas da terra.
Déixovos algunhas desas fotos impresionantes:




Vía Mangas Verdes

Sempre hai un lugar para a poesía (XXX)

Hoxe traémosvos a Juan Carlos Mestre - poeta-pintor-debuxante - (ten unha interesante páxina web), co seu poema "El hombre de gris" que pertence ao libro La poesía ha caído en desgracia:

Este es el poema en el que existe un hombre sentado, un hombre que está vestido de gris, que viaja a visitar a otro hombre que ni siquiera conoce, a un hombre que también ha tomado el tranvía y viaja a su encuentro y que va pensando lo mismo que el otro hombre de gris.

Este es el poema donde existen dos hombres sentados, los dos han amado, los dos han sufrido, los dos han tomado el tranvía, se ignoran, no saben que ambos viajan al encuentro de un hombre vestido de gris.

Este es el poema donde existen tres hombres sentados, tres hombres que hablan de un hombre que habrá de venir, un hombre que vestido de gris estará esperando el tranvía sentado en un banco no muy lejos de aquí.

Este es el poema en que cuatro hombres sentados se miran, pero ninguno se atreve a pronunciar la palabra, la misma palabra que está ardiendo en sus labios desde el instante preciso en que cada uno de ellos se decidiera a venir.

Esperan, aguardan a un hombre que aún no ha tomado el tranvía, un hombre que está abriendo el armario y saca su traje y se ve en el espejo vestido de gris.


09/05/08

O noso Planeta

Seremos quen de destruír tanta beleza?



Vía Islas Cíes

40 anos

Moito se fala estes días do 40 aniversario de Maio do 68, artigos e reportaxes se suceden para nos contar desa data mítica na que se quixo conquistar unha utopía, significando un enorme avance en moitos aspectos sociais. Foron tempos nos que a creatividade e a imaxinación tiveron importante pulo, ao igual que o cartelismo (obras anónimas conservadas na Bibliothèque Nationale de France), que é o que hoxe vos amosamos.

08/05/08

Terrorista

Sei que me vai ser difícil facer a reseña desta miña última lectura: Terrorista de Jhon Updike. Por que? Porque é un libro denso no que destaca esa introspección nun mundo do que falamos tanto e do que realmente pouco coñecemos. Jhon Updike fai unha profunda análise da sociedade , esmiuzándoa, dándonos a coñecer as claves do terrorismo islámico e o modo de desactivalo; pero tamén ás veces parece non dar saído dunha trama que envolve e envolve sen fin.
A novela ten un arranque forte, comeza cunha reflexión do protagonista, de 18 anos, mediante a que nos introduce nos segredos da súa mente e de paso fai un retrato da hedonista e decadente sociedade estadounidense. Pero en moitos momento faise longa e pesada. A min, particularmente, gustoume sobre todo a parte do final, cando agardas por unha solución que non existe. Ou si. Pero as 200 primeiras páxinas pesáronme. Quizais debido a ese gusto excesivo pola descrición, á demasiada adxectivación que recarga o texto.
O mellor de todo é que podemos ler en galego, que iso si é un luxo do que gozamos cada vez máis.

Manifesto

Este vídeo resume as ideas principais do Manifesto comunista, un dos principais libros de filosofía política, coescrito por Marx e Engels por encargo da Liga dos comunistas.



E como curiosidade unha comparación entre os pitufos e o marxismo de moda na arañeira:



Vía La lechuza de Minerva

07/05/08

Minotauromaquia

Xa falamos anteriormente de Juan Pablo Etcheverry, realizador de curtas de animación tan marabillosas como "A flor máis grande do mundo". Hoxe traemos outra curta del, neste caso Minotauromaquia, inspirada no mito do labirinto do Minotauro e a partir da obra de Pablo Picasso, coa que recibiu moitos premios.



Vía Enredarte

Finalistas do II Premio Espiral Edublogs

Grazas a todos os que, dunha maneira ou outra, fixestes posible isto.

06/05/08

Todos co Sáhara

A situación empeora: o proceso de paz está bloqueado e iso afecta especialmente aos máis débiles. Mulleres, nenos e anciáns. Hai 200.000 persoas que foron españolas abandonadas no deserto desde hai 33 anos.

Frente Polisario del Sahara

É urxente que a cidadanía axude a devolver a liberdade ao pobo saharaui. Por iso, pídese ao goberno de España que recoñeza o status diplomático da Fronte Polisaria.

E para isto ponse en marcha a recollida de sinaturas: para conseguir que isto sexa posíbel entre todos.



Retos matemáticos... e non tanto (VII)

Unha semana máis, aquí estou disposto a intentar engaiolarvos cos meus retos matemáticos; e como vexo que estades ansiosos por dicir as respostas antes ca ninguén, hoxe douvos un máis de agasallo.
No fondo, o de retorcer o cerebro nunca está de máis, non?

Reto 1.- Por 500 comenza e por 500 remata. Ten un 5 no centro e a primeira das letras e o primeiro dos números o completan.
De que estamos a falar?
z
Reto 2.- Se seis persoas precisan seis días para facer seis buracos, canto tempo precisará unha persoa para facer medio buraco?
a
Reto 3.- Escribe unha frase curta coas seguintes letras:
a - c - e -r -n - u -t - h - a -f - u - r - a - s
a
Reto 4.- Cantos vasos de auga podería beber, como máximo, un home adulto co estómago baleiro, supoñendo que cada vaso ten que estar cheo e é de 25 cc e que o estómago dun home adulto ten unha capacidade máxima de 15 litros?
a
Solucións ao reto anterior:
Reto 1: Dividir acorda en dous significa facelo ao longo
Reto 2: Están de costas
Reto 3: O dicionario

05/05/08

Xosé Poldras

Unha das intencións primeiras da colaboración entre Iniciarte e nós é a de darvos a coñecer artistas galegos. Hoxe, co permiso do meu socio colaborador, vou darme o gusto de vos informar sobre un artista amigo meu e compañeiro do que sempre será o noso centro, Ribadavia.

Xosé Poldras fórmase en Salamanca, s ' Hertogembosch e Maastrich. Expón desde 1989 e no ano 2002 comeza a súa participación en proxectos editoriais. O groso da súa obra é o gravado, aínda que traballa tamén a pintura, a fotografía e a escultura.

Obra en Coleccións:

Colección de gravado da Biblioteca Nacional de Madrid.
Colección de Artes Plásticas da Deputación da Coruña.

Bienal internacional de Vila Nova de Cerveira.
Colección “Arte de Nuestra Améric
a” La Habana. Cuba.
Museo Majdanek de Lublin, Polonia.
Embaixada de Taiwan en España.

Centro Cultural Deputación de Ourense.
Museo etnolóxico de Ourense.

De autoría compartida, en: ARTIUM, Biblioteca Municipal “Juan Pablo Forner” (Badajoz), Casa Municipal de Cultura “Juan Ramón Jiménez” (Punta Umbría - Huelva), Centro de Arte Reina Sofía, Centro de Poesía Visual (Córdoba), Consorcio Museo Vostell Malpartida, Guggenheim, Universidad del País Vasco, MUSAC (León), CGAC, Escuela de Arte (Granada), entre outros.

Exposicións en Ourense, Vigo, A Coruña, Lugo, Salamanca, Barcelona, Pamplona, Madrid, Porto e Vila Nova de Cerveira, Portugal; Spilimbergo, Italia; Bages, Francia e o Wingfield College Yard, Inglaterra.



Queremos destacar tres gravados que forman parte dun cartafol de seis danzas nas que figuras mitolóxicas se relacionan con figuras de mulleres, parte dunha exposición con Xabier de Sousa e Isabel Somoza que anda rulando por Galicia desde o 2004. Son figuras de mulleres deformadas polas súas culturas.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.