Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/08

Vivamos como galegos

Segunda entrega da campaña de Gadis que nesta ocasión trasládanos a Nova Iorque... en castelán, porque se comprades nos seus establecementos, comprobaredes que vivimos como galegos noutra lingua que non é a nosa. Pero, iso si, con orgullo. Vivan os tópicos (e os erros):

Tenorio


Da Biblioteca Pino Manso chéganos este recorte que me encantou: unha nova revisión ao mito clásico un pouco pasado... moi axeitado ao Samaín:


Non á violencia contra as mulleres (XLIX)

O espello do teu silencio:

30/10/08

Para... e pensa


Huecco ofrécenos en "Mirando al cielo" a pretensión (lograrémolo algún día?) unha vez máis de cambiar o son das balas polo son da música
"Es la victoria de una derrota. Un soldado en el frente decide dejar todo por amor y regresar a casa para abrazar a su novia. El amor quiere ganar a la guerra, aunque el final es tremendamente realista. Para ello tuvimos que construir escenas y decorados desde la nada. Estoy muy orgulloso con el resultado pues el rodaje nos ha llevado mucho tiempo y esfuerzo", declarou Huecco en Warner.





Vía

Adis Abeba, favelas e metrópoli

Recoméndovos este texto de Carlos Agulló sobre Etiopía, publicado na Voz o día 4 deste mes. Nos anos 80, Etiopía foi o símbolo da fame africana. Hogano volve a verse ameazada pola pantasma da fame.
A nena orfa e pobre e o home negro máis rico do planeta son as dúas caras do paradoxo de Etiopía. Sendo o país con maior crecemento económico de África, enfróntase á ameaza da fame.
A cidade está a experimentar unha profunda transformación. Imponentes edificios de aluminio e cristal, centros comerciais, barrios completos de vivendas municipais, unha inmensa circunvalación que está a construír China, a gran aliada do despegue etíope (a que prezo?)... en contraste brutal con enormes barrios de favelas sen auga, sen luz, sen asfalto onde vive a inmensa maioría dos case cinco millóns de habitantes.


29/10/08

Non á violencia contra as mulleres (XLVIII)

Hai un ano, aproximadamente, comezabamos a nosa particular campaña contra a violencia machista, nunhas datas nas que vemos aproximar o "Día de" e nas que comprobamos como, desgrazadamente, todo segue igual. Pero nós non cansamos, día si e outro tamén estaremos denunciando o maltrato nunha sociedade que parece non madurar:

Homofobia

Todos e todas debemos loitar na nosa sociedade pola xustiza e a igualdade. Este é o verdadeiro obxectivo que nos debe unir, o dereito a amar:

28/10/08

A importância de uma virgula

Publicidade pola liberdade de expresión da Associação Brasileira de Imprensa.



Vía Capítulo 0


Igualdade de oportunidades

Si, habelas hainas, o caso é atopalas:




Vía



Para que quero pés...

... se teño ás para voar.
Curta de animación fermosisíma con música de tango titulada "En tus brazos".
No pares, quiero quedarme en tus brazos.




Tango Animation - En Tus Brazos (In Your Arms) - video powered by Metacafe


Vía

27/10/08

El retorno a la tierra

Este cómic, do mesmo autor que Los combates cotidianos, Lacernet, reflicte a volta ao campo dunha parella urbanita e o desasosego que este cambio provoca, así como a dificultade para a adaptación ao novo medio, o que constiuirá todo un reto, sobre todo a incapacidade para comprender o xeito de pensar e de ser da súa nova veciñanza. E todo iso cunha sorna eficaz para ver desenganos e cómicas situacións que son todo unha delicia. Contado a través de curtos gags dunha soa páxina que o fai, se cabe, máis atraente. E como creo que debe ser habitual neste autor, cunha sinxeleza de personaxes, case infantís, nos que sobresae a súa expresividade. Todo un descubrimento, para min, claro.





Henriette. Demasiados sueños


Estoutro cómic non me gustou tanto coma o anterior, aínda que é, pola contra, moito máis recomendábel para o público xuvenil. A protagonista é unha mociña con non moita sorte fisicamente falando (e segundo os cánons establecidos) pero cunha vida interior moi rica e chea de ilusións e proxectos entre os que se atopa o desexo de ser escritora. Os autores preséntannos unhas amigas antagónicas coas que xoga en inferioridade de condicións, así como uns pais fuxidíos que ignoran a súa idade, ante todo o cal a protagonista debe fuxir ao seu propio mundo onírico que se nos sinala en imaxes planas. Conseguen uns personaxes moi reais e expresivos.

Os autores son Philippe Dupuy e Charles Berberian. Publicado por Alfaguara.





Los combates cotidianos


Veño de ler este cómic do que desgrazadamente non hai versión en galego. Bótase de menos este xénero na nosa literatura, a pesar das últimas novidades segue a ter moi escasa presenza.
O autor, Larcenet, lévanos reflexionanda ata a vida adulta, con todas as súas consecuencias, cun manexo das imaxes (cor, sepia) realmente extraordinario. Por suposto, cun sentido do humor exquisito. Aporta tantos estados íntimos que é difícil non verse reflectido nalgún deles.
Gustoume moito, a verdade, e estou desexando ler as dúas partes que lle quedan.
No ano 2004 foi gañador do premio Angoulême ao Mellor Álbum.

A conta atrás



Primeira obra longa que trata a catástrofe do Prestige seis anos despois: novela gráfica para adultos que se presenta en dous tomos, editada pola Faktoría K e con texto de Carlos Portela e ilustracións de Sergi San Julián. A obra sitúanos un ano despois da catástrofe, con exercicios continuos de flash-back como fío condutor e cun abano de personaxes xulgados na propia historia. Os debuxos son, creo, boísimos, con cores grises e azuis principalmente.
O libro contén un limiar imprescindible de Manolo Rivas e unha entrevista cos dous autores, que reflicten o interese na historia e a aprendizaxe sobre os feitos.




O boneco



Este álbum ilustrado máxico, sen palabras, por seren innecesarias -lembrades que hai máis dun ano faleivos doutro libro sen palabras impresionantes: Emigrantes de Shaun Tan?-, obra de Michel Alzéal (Antibes, Francia, 1970) fala dun avó que marcha para o asilo/exilio deixándolle ao seu neto un boneco de trapo, o seu xoguete máis prezado, pero o neto, con outros costumes, esquéceo nun andel. Temos así unha historia sensible e intensa, cuns debuxos marabillosos, que nos falan do inexorable paso do tempo e das relacións interxeracionais cos seus cambios e abismos... insalvables?
Un deses libros que dá gusto ter entre mans, tal como nos ten acostumada a editorial Kalandraka, ou, neste caso, Faktoría K.









O único que queda é o amor

Agustín Fernández Paz acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura por O único que queda é o amor. Xa deron conta desta noticia os blogues das B.E. e a prensa, e a nosa inestimable colaboradora ocasional e constante lectora, Rosa Salgueiro, achéganos as súas reflexións sobre o libro:


Hai xa case un ano que lin este libro de relatos e non me pareceu o mellor que saíu da súa pluma. Con todo e aínda que só sexa polos relatos “Un radiante silencio” e “Loanza da filatelia” a súa lectura xa vale a pena.

Pareceume un libro de memoria (agora que tan de moda está a palabra): memoria da propia escrita (ten moitas conexións coa súa obra), das súas lecturas (cunha selección deliciosa de citas) e do amor, ou máis exactamente do amor que puido ser e non foi; neste sentido deixa un pouso un tanto amargo, unha sensación de que é moi doado (e un tanto azaroso) perder oportunidades na vida.

E o último relato, “Un río de palabras”, encabezado por unha cita de Valente (“El que da una palabra da un don”) ofrécenos unha imaxinativa e interesante proposta de animación á lectura que xa se experimentou con éxito nalgún concello e que penso que tamén podería resultar atractiva para os centros de ensino.


26/10/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XLVI)

Poema clásico que pertence aos Cuatro Cuartetos de T. S. Eliot:

El tiempo presente y el tiempo pasado
Acaso estén presentes en el tiempo futuro
Y tal vez al futuro lo contenga el pasado.
Si todo tiempo es un presente eterno
Todo tiempo es irredimible.

En mi principio está mi fin.

Dices que repito
Algo que he dicho. Lo diré nuevamente.
¿Lo diré nuevamente? Para llegar ahí,
Para llegar adonde estás,
Para salir desde donde no estás,
Debes ir por un camino en donde no hay éxtasis, Para llegar a lo que no sabes
Debes ir por un camino que es el de la ignorancia.
Para poseer lo que no posees
Debes ir por el camino de la desposesión.
Para llegar a lo que no eres
Debes ir por el camino en que no eres.
Y lo único que sabes es lo que no sabes …..
Y lo único que posees es lo que no posees
Y en donde estás es en donde no estás.

Lo que llamamos el principio es a menudo el fin
Y llegar al final es llegar al comienzo.
El fin es el lugar del que partimos.

Fotografías aéreas

Seguindo coa fotografía, pero agora desde o aire. Esta fermosa selección pertence ao francés Yann Arthus-Bertrand:




Vía Mangas Verdes

Fotografías subacuáticas

Preciosa recopilación de todos os estilos de fotografías subacuáticas publicadas en Smashing Magazine.




Vía Mangas Verdes

25/10/08

Condometric

Aviso: este post pode ferir a sensibilidade de miradas inocentes!

Tocante á publicidade e produtos curiosos, hogano podemos atopar case de todo. Como este curioso profiláctico: Condometric, o primeiro preservativo que mide e amosa a lonxitude do pene. E eu que pensaba que o tamaño non importa!!! Para partirse:






Vía Mangas verdes

Cervexa

Cantos anuncios van de cervexa xa? Se a min non me gusta!!!


video





Global Warming

Vía Biblioafonso chéganos esta curta animada tan fermosa como impactante sobre o cambio climático:


Global Warming from ivan oviedo on Vimeo.

24/10/08

Infidelidades

Cuestión de estilos...




....ou de cariños

Estética africana



Cando lin, máis ben cando vin, a reportaxe en El Semanal, souben que quería achegárvola. E aquí está. Porque paga a pena, creo, botarlle un ollo e saber máis de culturas tan afastadas e diferentes. E de sacrificios tan estraños a nós, que vivimos outros sen apenas percatarnos. De que falo? Da ornamentación corporal que en África é símbolo de beleza, identidade e madurez. É o fotógrafo Steve Bloom que nola achega.
A decoración corporal en África constitúe unha importante forma de expresión. En toda África poden verse innumerables ornamentos, aínda que os máis abraiantes son aqueles que implican unha transformación (claro que na nosa sociedade temos lifting e demais) moitas veces traumática e dolorosa do propio corpo.




Un dos exemplos máis chamativos é a perforación e deformación do beizo inferior para introducir adornos nel. Na tribo dos muri, Etiopía, cando unha moza cumpre 15 anos extráenselle os incisivos inferiores e perfóraselle o labio inferior. No orificio resultante colócase un pequeno cilindro de madeira, que se irá reemprazando por outros de maior tamaño e despois por discos de arxila ou madeira. Obviamente, para poder comer, o disco debe retirarse, pero este adorno condiciona tamén a súa forma de fabar. Mesmo sen o disco, ao carecer de dentes, a súa fala é distinta á dos homes.




Outra práctica nas tribos de Omo é a escarificación. Consiste en levantar a pel coa espiña dun arbusto, practicar unha incisión e frotar as feridas con cinza, para que forme un tecido avultado, unha cicatriz identificativa. Realízase do mesmo xeito desde hai centos de anos para realzar a beleza dos seus corpos, no caso das mulleres, e cun importante simbolismo, no dos homes.





Tanto os suri como como os mursi seguen a tradición de levar discos nos labios, normalmente de arxila e e circulares, aínda que tamén de madeira. Considérano símbolo de madurez e identidade. Poden chegar a medir 25 centímentros.





Outra característica é pintar a cara con diferentes pigmentos. Os nenos suri fano desde pequenos con ocre e arxila branca, e os amigos locen idénticos deseños para facer gala da súa amizade.











Máis información en El Semanal ou no libro África de Steve Bloom, editado por Lunwerg.

As fotografías están extraídas desta ligazón:
http://morecoolpictures.blogspot.com/2008/05/african-portraits.html



Día da Biblioteca


Hoxe celébrase en Santiago o Día da Biblioteca. Con este motivo, Amigos do Libro Infantil e Xuvenil encargou a Agustín Fernández Paz o pregón da xornada e a Xosé Cobas o deseño do cartel.

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ
Agustín Fernández Paz

ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca.
Estamos nun lugar especial, sería imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior, como un aleph que contén a memoria e os soños da humanidade. Unha luz, si. Unha luz que escintila coma un faro entre as tebras, co rítmico latexar dun corazón inmenso que expande ondas de liberdade e de esperanza polo territorio que a circunda.
Quizais poderiamos seguir vivindo se nos faltase este aire que fai vibrar todas as células do noso corpo, se cadra as persoas continuariamos coa nosa existencia rutineira se non existise a biblioteca, mais algún lugar decisivo ficaría baleiro no noso corazón.
Faltaríanos a enerxía que nos fai desexar unha vida mellor, unha cidadanía máis libre, unha sociedade máis xusta. Doeríanos non escoitar a voz das persoas que sufriron a historia e a das que a sofren agora mesmo; sería insoportable oír só as palabras dos que tentan dirixir e controlar as nosas vidas.
Para que isto non suceda, abre as portas e entra. Ábreas sempre, todas as portas, pois cada vez que o fas incorpóraste ao río subterráneo que alimenta a biblioteca, ao torrente de liberdade que a fai vivir e lle dá azos renovados.

ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas. Déixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensión máxica que teñen as palabras e descubrimos que as páxinas dos libros poden conter o mundo enteiro.
Como as labregas que se afanan na rebusca de espigas entre os regos despois da ceifa, tamén os escritores recollen as palabras unha a unha e elaboran con elas o humilde pan dos seus textos. Deste xeito fan que cheguen ata nós, sempre novas e sempre sorprendentes, pois os libros posúen a insólita capacidade de revivir e reinventarse en cada nova lectura.
Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras, talvez sexa unha característica inscrita no ADN da humanidade. Necesitámolas coma o comer, como beber auga, xaora que si. Para entendermos o mundo e para entendernos a nós mesmos, para soñar outros destinos, para loar os dons que a vida nos dá. Sabemos que non poderiamos vivir sen o alento da imaxinación e da creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e dos nosos sentimentos.
Por todo iso, abramos os libros. Eles conteñen os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas paxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Os libros: ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo.

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.


Vía Brétemas

23/10/08

Non á violencia contra as mulleres (XLVII)

Cunha viñeta de El Roto sobran as palabras:


Vivir é incrible

Tenra publicidade para os seguros GNP:




La Pareja Ideal - video powered by Metacafe


Vía

2ª Guerra Mundial

Unha compañeira das B.E. achéganos esta moi boa presentación para entender mellor o proceso da Segunda Guerra Mundial. Ide premendo vós nas frechiñas e poñede os altofalantes: seredes testemuñas de como avións, tanques... foron conquistando países e como foron derrotados os nazis por dúas frontes. Está realmente xenial e é moi instrutiva. Creo que só faltan as datas para ser perfecta:

22/10/08

Exorcismos

Un sacerdote di que Galicia rexistra máis casos de exorcismo que o resto de España porque "a maxia está moi estendida"

José Antonio Fortea destaca a Castela e Valencia como "terras máis cristiás" e "con menos problemas neste campo"

Galicia, onde "a maxia está moi estendida", rexistra máis casos de exorcismo que outros lugares de España, segundo explica o sacerdote José Antonio Fortea con motivo da publicación da súa novena obra 'Memorias dun exorcista' (MR Edicións).

Na outra cara da moeda atópanse Castela e Valencia, "terras máis cristiás, con maior práctica relixiosa e, polo tanto, con menos problemas neste campo", sinala este exorcista, un dos cinco que existen en España.

Fortea, que é sacerdote, arcipreste, teólogo, exorcista e escritor, advirte de que "as grandes cidades promoven tipos de esoterismo moi perigosos", e constata que no mundo, en xeral, hai poucos exorcistas, posto que se trata dun "ministerio considerado excepcional, dado que non hai moitos casos que atender".

Os casos de influencias demoníacas son moitos máis, "pero eses non teñen nada de espectacular", afirma. Malia que non haxa moitos novos casos de exorcismos -uns catro ó ano en España-, o pai Fortea cre que fan falta, "polo menos, máis sacerdotes especializados neste tema para poder responder as consultas dos fieis". "E dicir, tería que haber sacerdotes que puidesen atender a xente dende a experiencia e non dende o que cada un pensa sen coñecer o tema a fondo", sinala.

En España hai cinco exorcistas, tres deles na Provincia Eclesiástica de Madrid. O seu mestre na profesión é o pai Gabriele Amorth, da Diocese de Roma, que sostén que Hitler ou Stalin estaban posuídos. Pero el asevera: "Non creo que haxa nin un só político ou personaxe da vida pública posuído. A posesión é un fenómeno extraordinario que tampouco ten que ver coa vida moral da persoa".

Os "síntomas" dos "clientes" do pai Fortea son cambio de voz, convulsións, transos, berros blasfemos, utilización de linguas non coñecidas polo posuído ou aversión ao sagrado. Non sempre se presentan todos á vez e o "tratamento" pasa por rezos e chamamentos ao demo para que saia do posuído. As sesións normalmente duran entre media hora e tres horas e, aínda que hai casos que se resolven cunha soa visita, outros prolónganse durante meses. Nos quince anos exercendo esta profesión tratou moitas persoas necesitadas neste campo, pero non sabe a cantas porque non leva a conta.

'Memorias dun exorcista' é un libro que se basea no seu diario, no que conta as súas experiencias dende a súa ordenación. "O que mostra -ao longo das súas 352 páxinas- é a vida real día a día dun párroco", relata. Tras esta, a súa novena obra, prepara unha obra teolóxica sobre os aspectos espirituais do exorcismo.

José Antonio Fortea Cucurull naceu en Barbastro (Huesca) en 1968. Estudou Teoloxía en Navarra e Comillas e a súa tese sobre 'O exorcismo na época actual'' foi dirixida polo actual secretario xeral da Conferencia Episcopal Española e bispo auxiliar de Madrid, monseñor José Antonio Martínez Camino, entón secretario da Comisión para a Doutrina da Fe.

E ti que cres?

Espazo de batalla

Battlespace é unha colección de fotografías de 22 profesionais independentes sobre as guerras de Irak e Afganistán que recolle dun xeito duro e cru o que significa a guerra. Ollo! Moitas delas poden afectar a vosa sensibilidade!





Vía Microsiervos

Vermella

Sempre xeniais:



video

O verán de Thalía

Teño que recoñecer que os libros son a miña debilidade. E se esta se pode compaxinar con recomendacións a lectores ávidos, como é o caso que nos ocupa, disfruto aínda máis. E así dou paso a unha das miñas alumnas lectoras, que me vén de agasallar coa súa libreta de lecturas do curso pasado, coa incorporación das lecturas do verán... e as deste curso. Por suposto, nas Estelas están e estarán as recomendación de lecturas na nosa lingua, xa que para iso foi creado; por coherencia, colgarei aquí as lecturas en castelán.

Los crímenes de Oxford
Guillermo Martínez

É un libro que me gustou moito, xa non só por ser unha novela de crime e misterio senón tamén polo xeito de escribir do autor, por como se desenvolven os feitos. Creo que paga a pena lelo. Teño ganas de ver a película para ver a adaptación a outro xeito de contar historias e poder comparar. Seguramente pasará o de sempre: quedarémonos co libro.



Nada
Carmen Laforet

Gustoume moito sobre todo pola ambientación e a época na que se desenvolve, xa que deixa averiguar parte da nosa historia e a vida que a xente levaba nesa época: a posguerra. Unha vida inxusta e deprimente que me fai sentir coma se eu mesma fose a protagonista. Encantoume.



El halcón maltés

Dashiell Hammett

Gustoume moito o libro pola historia e polo seu desenvolvemento. Ademais, o final foi unha gran e grata sorpresa, aínda que recoñezo que é o único final que podía ser realmente abraiante. A figura do protagonista encantoume, é moi peculiar, sensible e concienzuda, que actúa por deber e honor. Creo que é un libro que lle pode gustar a calquera, pero sobre todo a aquelas persoas que coma min disfrutan con historias de novela negra, de crimes e misterios.

21/10/08

Requiem alemán

A miña última lectura deste verán "negro" foi Requiem alemán, terceiro libro de Philip Kerr, co que abandono temporalmente o xénero. Mentres as dúas anteriores desenvolvíanse na Alemaña nazi, esta situarase rematada a Segunda Guerra Mundial, cunha Alemaña vencida onde escasea o traballo detectivesco do noso protagonista. Así, o seu traballo lévao a Viena, e o autor aproveita para amosarnos unha cidade que non parece agradarlle. Novamente, personaxes históricos mergúllanse neste libro, xogando coa posibilidade do real e do irreal, do verídico ou non destes momentos históricos. De todos os xeitos, a min gustoume menos cás anteriores. Quizais por cansazo. Non sei.

“No hay nada que les guste más a los vieneses que estar en lugares “acogedores”. Tratan de recrear este ambiente cordial en bares y restaurantes, con el acompañamiento de un cuarteto de música formado por un contrabajo, un violín, un acordeón y una cítara, un extraño instrumento que se parece a una caja de bombones vacía con treinta o cuarenta cuerdas que se tañen como las de una guitarra. Para mí, esta combinación omnipresente encarna todo lo falso de Viena, igual que el sentimiento almibarado y la cortesía afectada. Me hacía sentir “acogido”, solo que se trataba de la clase de acogimiento que experimentarías una vez embalsamado, sellado dentro de un ataúd forrado de plomo y pulcramente depositado en uno de esos mausoleos de mármol que hay en el Cementerio Central”

Una lectora nada común

O sábado deixoume este libro "la Paramio", fonte de sabedoría, polo que onte non o lin, devoreino (dado o seu tamaño é doado). É divertido e encantador, os libros como subversión e ataque á sociedade establecida, ou polo menos, ao protocolo da raíña dos ingleses. Cal é o verdadeiro valor dos libros? Porque desde que estes entran na vida da raíña, todo será diferente para ela. Sátira, comedia... podemos lelo desde diferentes perspectivas e todas elas serán atractivas, cun final máis que inesperado. Unha lectura sobre a lectura, que se fai curta en exceso. Pero sempre pecharemos o libro cun sorriso nos beizos. Nestes tempos xa é moito, non si?

Nunca le había interesado mucho la lectura. Leía, por supuesto, como todo el mundo, pero el gusto por los libros era algo que dejaba a los demás. Era un hobby, y la naturaleza de su trabajo entrañaba no tener obvies. El jogging, cultivar rosas, el ajedrez o escalar, el aeromodelismo y decorar tartas. No. Las aficiones suponían preferencias y había que evitar las preferencias: excluían a la gente. No tenía preferencias. Su trabajo consistía en mostrar interés, pero no en interesarse. Y además leer no era hacer algo. Ella hacía cosas.

Contrapublicidade

Unha curta xenial de Rodrigo Cortés; non falta o humor:



Vía


Con fundamento

Xa que hoxe hai un mes que naceu o meu sobriño adoptivo, un dos máis pequenos "lectores" deste noso blogue, vou aproveitar para proxectar isto sobre a manipulación para que algo aprendan estes pais primeirizos:

video

20/10/08

Cores

Pornografía infantil NON


Sumámonos á campaña blogueira contra a pornogrofía infantil iniciada pola Huella Digital. O obxectivo é que o próximo 20 de novembro, Día Universal do Neno, os blogues escribamos un post no que apareza a frase Pornografía infantil NON para sementar os buscadores de Internet de críticas a este pesadelo social.

19/10/08

Jar

Quen me coñeza comprende o que significa este nome. Quizais non entendan por que hoxe, pero é unha pequena homenaxe necesaria neste día e a esta hora, ademais. E a publicidade seguro vos gustará, aínda que nada teña que ver co motivo nin co nome galego. É moi fermosa:

Sempre hai un lugar para a poesía (XLV)

Poema de Francisco Serradilla, libro Tratado inusual del universo, 2000.

Inspirado en un comentario de José Luis Téllez
a la obra Octeto de Steve Reich:
…es una música constantemente móvil y al mismo tiempo
constantemente inmóvil, quieta y, como las olas del mar,
en constante agitación.

En la definitiva isla,
bajo una cúpula de extraña geometría,
junto al sonido de un sobre que se cierra,
en la isla definitiva, en la paz
definitiva,
sobre la luciérnaga —ya olvidada— del vértigo,
a salvo no del espanto sino
de esa mala tristeza que no es melancolía.

En esa definitiva isla sola, a salvo
de la mala tristeza,
que fuera trazo mismo de la desesperanza
al pasar,
una vez visto el hombre y sus constructos,
una vez olvidada la utopía.

En una isla, tal vez definitiva,
sobre aquella luciérnaga del vértigo – olvidada quizá -,
y dentro del sonido de un sobre que se cierra,
en la desesperanza de los cielos ya rotos,
de la tristeza mala una vez visto el hombre,

en esa isla,
una sola memoria,
debajo de una cúpula con la geometría extraña
de un mundo en el que, nunca,
nada de lo que vemos se repite,
nadie de los que vemos se repite.

Cine e Dereitos Humanos


A Mostra Internacional de Cine e Dereitos Humanos 2008 desenvolverase en 11 sés de España e Latinoamérica durante os meses de outubro e novembro. En Ponferrada, onde máis preto nos queda, será do 25 ao 29 de novembro. Esta é páxina:

http://www.muestraderechoshumanos.org/

Cúmprense 60 anos da aprobación dos Dereitos Humanos: sen cumprir, séguense violando sistematicamente. Esta edición plantexa problemas de sostenibilidade e medioambiente, a situación da muller, os conflitos armados, as migracións... para actuar de escaparate a través do cine. Proxectaranse filmes como: "China Blue", "503", "Algodón, otra manera de vestir", "Crossing numbers", "Doble vida"... Máis que interesante.





18/10/08

Alfabeto corporativo

Este alfabeto foi creado por Arnoud van den Heuvel e Koert van Mensvoort no ano 2005. Mola, non si?





Vía Microsiervos

100

A base para comprendelo: "100 moedas de ouro":



Vía La Huella Digital

Flexibilidade

De que falamos? Diso que eu non teño... ben, coma estes non haberá moitos, non si?

video


video


17/10/08

O Sol

The Big Picture publica algunhas fotografías espectaculares co Sol como protagonista:



Vía Microsiervos


Los primeros americanos

Segundo Darío Grandinetti nunha película sobre Eduardo Galeano: “periodista, escritor, polemista, poeta… y calvo”. Aquí temos un vídeo chamado "Los primeros americanos" onde o autor le algúns dos seus textos. Aquí podedes acceder ás outras ocasións nas que xa falamos del:





Vía

500 anos de esforzo

O meu bo amigo Mario pasoume esta espléndida presentación que ben podería ser nosa...

16/10/08

Así tortura EEUU

Torturing Democracy é unha organización dedicada a denunciar actos de tortura realizados polo goberno do seu país, EEUU. Este traballo condénsase nunha web e nun documental que amosa a violación dos dereitos humanos e a transgresión da fronteira entre a Xustiza e a barbarie por parte deste país, supostamente tan democrático e respectuoso.




Vía Mangas Verdes

Acuarelas literarias

Desas presentacións que nos chegan ao correo e pensas... "esta aprovéitoa":


video

60 anos

O próximo 10 de decembro cumpriranse 60 anos da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que segue a ser en moitos casos iso, unha declaración. Seguen existindo lugares onde non se teñen en conta, seguen existindo persoas a quen non se lles respeta nin o primeiro dos dereitos.
Tedes aquí a presentación en imaxes do texto íntegro da declaración, unha preciosa videocreación de Seth Brau, con música de Rumspringa e produción de Amy Poncher.



Vía Mangas Verdes


15/10/08

El aplastamiento de las gotas

Xa en dúas ocasións manifestamos a nosa admiración pola obra de Cortázar. E como non hai dúas sen tres, aquí tedes unha nova entrega que nos chega da man, como non, de No sólo libros.
Hoxe escoitaremos na súa propia voz o pequeno relato "El aplastamiento de las gotas", incluído no libro Historia de cronopios y de famas.




Yo no sé, mira, es terrible cómo llueve. Llueve todo el tiempo, afuera tupido y gris, aquí contra el balcón con goterones cuajados y duros, que hacen plaf y se aplastan como bofetadas uno detrás de otro, qué hastío. Ahora aparece una gotita en lo alto del marco de la ventana; se queda temblequeando contra el cielo que la triza en mil brillos apagados, va creciendo y se tambalea, ya va a caer y no se cae, todavía no se cae. Está prendida con todas las uñas, no quiere caerse y se la ve que se agarra con los dientes, mientras le crece la barriga; ya es una gotaza que cuelga majestuosa, y de pronto zup, ahí va, plaf, deshecha, nada, una viscosidad en el mármol.

Pero las hay que se suicidan y se entregan enseguida, brotan en el marco y ahí mismo se tiran; me parece ver la vibración del salto, sus piernitas desprendiéndose y el grito que las emborracha en esa nada del caer y aniquilarse. Tristes gotas, redondas inocentes gotas. Adiós gotas. Adiós.


U-la chave?



video

Ao noso carón, POBREZA


Hoxe é o día en que os blogues (Día de acción blog) apostan por un intento común: loitar contra a pobreza. Nestes tempos nos que só se oe unha palabra, crise, os pobres son máis pobres, sempre son eles os que levan a peor parte. Non temos necesidade de ir ao terceiro mundo nin de mirar moi lonxe, está aquí, ao noso carón, e non temos máis que abrir os ollos para vela. Porque pobreza non é só non ter para comer, é carecer mesmo do dereito á dignidade do ser humano.






14/10/08

Los falsificadores

Esta película conta a historia duns xudeus nun campo de concentración, pero a diferenza do resto, gozan duns privilexios especiais, xa que son os encargados de levar a cabo a "Operación Bernhard", falsificando pasaportes, documentos, papeis e cartos. Vivir mellor cós demais, ou simplemente VIVIR, converterase nun dilema moral ao longo do filme, o que fai que esta sexa especialmente interesante. Máis que recomendábel


A carreira do gorila

Iniciativa inglesa para salvar os gorilas da extinción. A organización chámase Great Gorillas e dedícase a concienciar, buscar fondos e xestionar con ONG e aldeas africanas acordos que permitan a pervivencia destes primates, como dotar de recursos ás poboacións para que non se vexan obrigadas a destruír o medio natural. Pasaron xa cinco anos desde a primeira carreira e a idea exportouse a EEUU. Ademais, recadaron máis de 1,2 millóns de euros.





Vía Mangas Verdes

Groucho

Era un gran tipo....

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.