Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/01/09

Pola PAZ (IV)

Hoxe, e grazas a Olga, este poema de José Mário Branco, A Ronda do Soldadinho, incluído no libro-disco Solaina do grupo musical Na Virada e editado por Kalandraka, e que contén doce temas inspirados en letras populares de autores galegos, portugueses e brasileiros :

Um e dois e trés

Era uma vez um soldadinho

De chumbo náo era

Como era o soldadinho.

Um menino lindo

Que nasceu num roseiral

O menino lindo

Náo nasceu para facer mal.

Menino cresceu

Já foi á escola de sacota

Um e dois e trés

Já sabe ler, sabe contar.

Menino cresceu

Já aprendeu a trabalhar

Vai gado guardar

Já vai lavrar e semear.

Menino cresceu

Mais náo colleu de semear

Os senhores da terra

Mandam-no á guerra morrer ou matar.

Os senhores da guerra

Náo matam, mandam matar.

Os senhores da guerra

Náo morrem: mandam morrer.

A guerra é para quem

Nunca aprendeu a semear

É para quem só quer

Mandar matar para roubar.

Dançemos, meninos,

A roda no roseiral

Que os meninos lindos

Náo nascem para fazer mal.





Nota: A versión incluída no libro-disco é unha adaptación deste poema.
Editado o 29/11/2009

2 comentarios:

Unknown dixo...

Ola, son Xico de Carinho do grupo Na Virada e coordinador do libro-disco "Solaina" no que está incluido o tema "Ronda do soldadinho" de J.Mário Branco. Fiquei sorprendido da vosa alusión a ese tema, que situades certamente no título Solain da ed.Kalandraka, mais gostaría que fixésedes referencia ao grupo Na Virada, que en definitiva foi quen o grabou e arranxou. Outra sorpresa, ainda maior, é a cantiga que colocades a continuación que, ao non ter explicación algunha, se sobreentende que é a versión que se atopa en "Solaina", cousa que non sucede. Gostaría que aclaredes ese asunto. Tamén, se vos parece, poderiades colocar a nosa versión, moi moi diferente da que tendes no blog.
Sen outro particular, saúdos
Xxico

Anxinho dixo...

Moitas grazas polas observacións; xa editei a entrada mencionando o voso traballo.
Por outra banda, estariamos encantados de poñer a vosa versión se nola facedes chegar ao noso correo electrónico.
Un saúdo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.