Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/01/09

A Química do Amor

Creo que vos vai encantar este post. E de seguro iredes ás ligazóns que vos ofrecemos desta volta. Porque o amor é un tema que vos interesa, ou non?
Seica falar de "química do amor" é axeitado. Na fervenza de reaccións emocionais hai electricidade (descargas neuronais) e hai química (hormonas e outras substancias que participan). Elas son as que fan que unha paixón amorosa descontrole a nosa vida e son as que explican boa parte dos signos de namoramento. Cando topamos á persoa desexada dispáranse os sinais de alarma e o noso organismo entra en ebulición. A través do sistema nervioso o hipotálamo envía mensaxes ás diferentes glándulas do corpo, aumentando a produción de adrenalina e noradrenalina.
Non hai dúbida: o amor é unha enfermidade; ten o seu propio rosario de pensamentos obsesivos e o seu propio ámbito de acción.
Segue lendo aquí.
E aquí o artigo "O amor é química e algo de amizade".
Eduardo Punset analiza que sucede no noso cerebro cando nos namoramos.



Pero aínda que nos comportemos de xeito "raro", sempre está ben sentilo, non si?

Vía Aulablog21


5 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu penso que o video ten a súa parte de razón pero eu nunca me vin envolta nestas circunstancias, xa qe penso que o amor verdadeiro non existe.

Anónimo dixo...

Eu penso que o video ten a súa parte de razón pero eu nunca me vin envolta nestas circunstancias, xa que eu non creo no amor para toda a vida.

Anónimo dixo...

Eu opino que o video é un tanto esaxerado en canto a que eu non cambiaría o meu modo de ser e os meus gustos por ninguén.

Anónimo dixo...

Eu opino que o video é un tanto esaxerado en canto a que non vas cambiar a túa forma de ser nin os teus gustos nin por un amor nin por ninguén.

Anónimo dixo...

Paréceme curioso, saber que ao falar de amor non só nos referimos a algo relativo aos sentimentos senón tamén a unha reacción química. Sen embargo aínda que penso que por amor se poden cambiar moitas cousas, algunhas das que se mencionan no video son algo esaxeradas. Ao igual cá miña compañeira, eu non creo no amor verdadeiro pero sí no duradeiro.
Independentemente do que crea do artigo espero que siga habendo artigos tan interesantes como este.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.