Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/04/09

Muros

Ás veces, os humanos erguemos muros invisibles para fuxir daquilo ao que lle temos medo: podemos construír muros contra a soidade, contra a dor, contra a inimizade... Pero non contentos con iso, somos quen de construírmos muros para afastarnos doutros pobos que viven ao noso carón, como sinal de vitoria e asoballamento. Así sucede, por exemplo, entre Israel e Palestina, ou entre EEUU e México. E entre Marrocos e o Sáhara Occidental.
Xa temos falado deles. Cando tratamos o tema do Sáhara como eixo central do noso club de lectura o curso pasado, incidimos na súa existencia. Agora traémosvos unha nova reflexión de man de Jordi Calvo Rufanges.
Un muro que é unha xigantesca barreira de pedras, area e arame, custodiada por máis de 125.000 soldados marroquís, armados por países como España e Francia, con máis de 5 millóns de minas. Símbolo da ocupación militar do territorio saharaui. Responsabilidade non exclusiva de Marrocos, xa que o Estado español, antigo colonizador, segue sen posicionarse claramente, pero, iso si, segue a vender armas a Marrocos.
E vivan os Dereitos Humanos.



Vía Libro de Notas


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.