Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/08/09

Curta dun arquivo fotográfico

Getty Images adquiriu en 1995 o fondo do Arquivo Hulton, un dos bancos de imaxes máis importantes do mundo, con fondos desde o século XIX ata boa parte do XX. Agora mesmo está en proceso de dixitalización. Mercé a unha iniciativa de Getty, que organizou un programa de realización de curtas ao redor do arquivo, Laurie Hill fixo Fotografías de Xesucristo, esta magnífica e divertida curta a partir dos fondos do arquivo que recibiu o premio do xurado do SIFF 2009 Short Film:



Vía Capítulo 0

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.