Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/09

Desde as antípodas... a ler!

Vino no blogue de Miguel Calvillo hai uns días, e hoxe chámanos a atención Charo e Magalí sobre a súa existencia. Así pois, está claro, esta preciosidade perséguenos e quere anunciarse no noso blogue; non imos ser nós quen llo impida!
De que falamos? Dun anuncio realizado para o Book Council de Nueva Zelanda, unha organización sen ánimo de lucro que traballa por difundi a lectura no país. Está realizado coa técnica de stop motion polo Andersen M Studio e con produción de Colenso BBDO.
A tan interesante animación mergúllanos na lectura de Going West de Maurice Gee, un dos escritores neozelandeses máis recoñecidos.
Como di Miguel:
Y no importa que el texto suene hasta en una magnífica voz extranjera, si con la ilustración de las imágenes, siento lo que lee aunque no entienda lo que dice. La ignoracia del texto no disminuye su valor literario, sino que ensalza la ilustración que cobra mayor precio. Leemos el libro como niños, como un álbum para inocentes adultos que aun no han aprendido a leer.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.