Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/12/09

El tamaño de los sueños

Canto tempo sen ler un libro de poesía! Agora chegoume este libriño de poemas en formato "xove" que creo que si, efectivamente, pódelles gustar de verdade á mocidade: sinxelos, directos, cun único tema: o amor. Karmelo C. Iribarren achéganos en El tamaño de los sueños un poemario de amor, ben sexa declarado, correspondido, concretado... tematicamente estruturado, creo que o que máis destaca é a fermosa sinxeleza das súas palabras, sabiamente construídas, para achegarnos ese sentimento universal, unha vez máis, doutro xeito. Porque é o cotián o que destaca por riba de todo, un espello onde reflectirnos calquera de nós, sen ambigüidades nin dobres sentidos, sen delicadezas excesivas, pero si facendo sorrir, e sentir, que é importante na poesía. Humor, ironía, síntese e ningunha grandilocuencia: estas son as claves dun autor que para min era descoñecido.

El amigo


Llora cuanto quieras

sobre mi hombro,

desahógate,

cuenta conmigo

para lo que te haga falta.

Pero no te equivoques,

no soy mejor que él:

le envidio

cada una

de tus lágrimas.



Algunas noches el miedo



Algunas noches me arrimo
a tu calor bajo las mantas
como un niño asustado.
Necesito tocarte
urgentemente. Necesito
saber que está ahí,
que estarás siempre. Sentir
que tengo cerca a un ser humano,
y que no estoy tan sólo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.