Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/09

Vivir con Cálico

Con quen marchou a vivir Cálico Electrónico?. Coa súa, nai. Aquí podedes ver todos os capítulos.




Vía

Vacacións viaxeiras

No blogue Ponte Vella atopamos esta deliciosa selección de lugares onde viaxar este verán... aínda que sexa só co maxín

viaxes

Libro de las madres

O libro que -case- me regalan os meus fillos polo día da nai. A verdade: dous días antes estaba na libraría e chamoume a atención, polo que decidín depositárllelo nas súas mans para que mo agasallaran ese día. E é que o libro me reclamou desde o que vin diante, tanto pola forma como polo contido, nunha coidada encadernación en papel satinado, con fermosas ilustracións de pinturas de diversas épocas... tiña todos os ingredientes para que me gustase. O Libro de las madres editado por Laura Freixas ten como tema único a maternidade, desde diferentes puntos de vista.
A editora propúxose recopilar fragmentos literarios que trataran o tema da maternidade, e estes desde Eurípides a Clarice Lispector. Así, topamos moitos autores: San Agustín, Apolonio de Rodas, Jane Austen, Boccaccio, Chateaubriand, Chéjov, Eurípides, Don Juan Manuel, Clarice Lispector, Joaquim Machado de Assis, Katherine Mansfield, Ovidio, Emilia Pardo Bazán, Benito Pérez Galdós, Jules Renard e Madame de Sévigné.
En canto ás ilustracións, topamos obras como ‘Las tres edades’ de Gustav Klimt, Tintoretto con ‘José y la mujer de Putifar’, pasando por Picasso, Munch ou Delacroix.
Antes de cada relato atopamos as referencias ao texto por se queremos ampliar a lectura, así como os datos sobre a pintura que ilustra en cada ocasión.

Un libro "maternalmente" fermoso e absolutamente recomendábel.

29/06/09

Spamboys

Publicidade para este verán da cervexa Ambar:



Vía Recogedor

A receita

Dous pulsos que latexan a destempo, conviven xuntos pero distantes e o un sen o outro non pode existir; falamos da linguaxe que reflicte respecto, aceptación do diferente, identificación e inclusión das persoas a quen pronuncia; confrontando á realidade que desatende o coidado deste permitindo que un xénero humano signifique máis có outro, que a balanza da desigualdade se incline cara ao masculino e que as persoas non se sintan envoltas polo papel dos aloumiños; o mesmo que as mentes parlantes deberían apreciar e practicar: "Coidar a linguaxe que se usa significa coidar ás persoas".
Esta curta convídate para gozar con todos os sentidos e facer a nosa viaxe lingüística máis cordial e humana: mimar o xénero humano co tacto das palabras.





Vía

Reclamacións

Hoxe é o día das reclamacións:


28/06/09

Sempre hai un lugar para a poesía (LVII)

"El Crematorio"

Les pregunté por el horno a aquellos dos tipos,
era la noche del 18 de diciembre del año 2005,
carretera de Monzón, que no sabes dónde está Monzón,
es un pueblo perdido en el desierto.
Aires de tormenta en lo Alto, sobre la nada desnuda
como una recién casada, luna abajo de las carreteras muertas.
Monzón, Barbastro, mis sitios de siempre.
Me dejaron ver por la mirilla y allí estaba ya el ataúd ardiendo,
resquebrajándose, la madera del ataúd al rojo vivo.

El termómetro marcaba ochocientos grados.
Imaginé cómo estaría mi padre allí dentro de la caja.
Y la caja dentro del fuego y mi corazón dentro del terror.
Hasta las ganas de odiar me estaban abandonando.
Esas ganas que me habían mantenido vivo tantos años.
Y mis ganas de amar, ¿qué fue de ellas? ¿Lo sabes tú,
Señor de las grandes defunciones que conduces
a tus presos políticos a la insaciabilidad, a la perdurabilidad,
a la eternidad sin saciedad, oh, bastardo,
Tú me arrancas,
amor de Dios, oh, bastardo?

Recoge a ese hombre en mitad del desierto.
O no lo recojas, a mí qué puede importarme
tu presencia heladora en esta noche del borracho
que he sido y seré, contra ti, o a tu favor,
es lo mismo, qué grandeza, es lo mismo.
El principio y el final, lo mismo, qué grandeza.
El odio y el amor, lo mismo; el beso y la nalga,
lo mismo; el coito esplendoroso en mitad de la juventud
y la putrefacción y la decrepitud de la carne,
lo mismo es, qué grandeza.

El horno funciona con gasoil, dijo el hombre.
Y miramos la chimenea,
y como era de noche,
las llamas chocaban
contra un cielo frío de diciembre,
descampados de Monzón,
cerca de Barbastro, helando en los campos,
tres grados bajo cero,
esos campos con brujas y vampiros y seres como yo,
«allí sube todo», volvió a decir el hombre,
un hombre obeso y tranquilo,
mal abrigado pese a que estaba helando,
la espesa barriga casi al aire,
«dura dos o tres horas, depende del peso del difunto,
dijo difunto pero pensaba en fiambre o en saco de mierda,
antes hemos quemado a un señor de ciento veinte kilos,
y ha tardado un rato largo», dijo.
«Muy largo, me parece», añadió.

«Mi padre sólo pesaba setenta kilos», dije yo.
«Bueno, entonces costará mucho menos tiempo»,
dijo el hombre. El ataúd ya era pepitas de aire o humo.

Al día siguiente volvimos con mi hermano
y nos dieron la urna, habíamos elegido una barata,
se ve que las hay de hasta de seis mil euros,
eso dijo el hombre.

«Sólo somos esto», sentenció el hombre de una forma ritual,
con ánimo de convertirse en un ser humano, no sabiendo
ni él ni nosotros qué es un ser humano,
y me dio la urna guardada dentro de una bolsa azul.
Y yo pensé en él, en lo gordo que estaba, en cuánto tardaría él
en arder en su propio horno. Y como si me hubiera oído
dijo «mucho más que su padre» y sonrió agriamente.

Entonces yo le dije «el que tardaría una eternidad
en arder soy yo, porque mi corazón
es una piedra maciza y mi carne acero salvaje
y mi alma un volcán
de sangre a tres millones de grados,
yo rompería su horno con solo tocarlo,
créame, yo sería su ruina absoluta,
más le vale que no me muera por aquí cerca».
Por aquí cerca: descampados de Monzón,
caminos comarcales,
Barbastro a lo lejos, malas luces,
ya cuatro grados bajo cero.

Coja las cenizas de su padre, y márchese.

Sí, ya me voy, ojalá yo pudiera arder como ha ardido
mi padre, ojalá pudiera quemar
esta mano o lengua o hígado de Dios
que está dentro de mí,
esta vida de conciencia inextinguible
e irredimible;
la inextinción del mal y del bien,
que son lo mismo en Él.
La inextinción de lo que soy.

Ojalá su horno de ochocientos grados quemase lo que soy.
Quemase una carne de mil millones de grados inhumanos.
Ojalá existiera un fuego que extinguiese lo que soy.
Porque da igual que sea bueno o malo lo que soy.
Extinguir, extinguir, extinguir lo que soy, esa es la Gloria.

Coja las cenizas de su padre, y márchese.
No vuelva más por aquí, se lo ruego, rezaré
por su padre. Su padre era un buen hombre
y yo no sé qué es usted, no vuelva más por aquí.
Se lo ruego. Por favor, no me mire, por favor.

Tuvo un Seat 124 blanco, iba a Lérida,
visitaba a los sastres de Lérida y a los de Teruel,
comía con los sastres de Zaragoza,
pero ahora ya no hay sastres en ningún sitio,

dijo una voz.

Qué solo me he quedado, papá.
Qué voy a hacer ahora, papá.
Ya no verte nunca es ya no ver.
Dónde estás, ¿estás con Él?
Qué solo estoy yo, aquí, en la tierra.
Qué solo me he quedado, papá.

No me hagas reír, imbécil.

Oh, hijodeputa, has estado conmigo allí
donde yo estuve, sin moverte de las llamas.
He viajado mucho este año, mucho, mucho.
En todas las ciudades de la tierra, en sus hoteles memorables,
y también en los hoteles sucios y bien poco memorables,
en todas las calles, los barcos y los aviones,
en todas mis risas, allí estuviste, redondo
como la memoria trascendental, ecuménica y luminosa,
redondo como la misericordia, la compasión y la alegría,
redondo como el sol y la luna,
redondo como la gloria, el poder y la vida.

Manuel Vilas
de Calor. (Visor, 2008)

Pippo e os idiomas

Artigo de Antón Reixa:

Coraxe. Hoxe quero presentarvos a Pippo. Ten quince anos. Naceu e vive en Madrid. É fillo dunha italiana, italianísima. O seu pai é un galego que leva moito tempo en Madrid. A nai faloulle “lactariamente” en italiano. Cursa estudos nun centro italiano cun esquema de inmersión lingüística na lingua materna e algunha materia en español. A día de hoxe, Pippo fala con corrección e competencia italiano e castelán, avanza moitísimo en inglés, está comezando co francés e ten o desexo de coñecer o galego, a lingua do país do seu pai. O que é máis importante: ten unha intensa cultura literaria e audiovisual.

Pippo é o triunfo cultural da educación lingüística baseada na diversidade e na aplicación da discriminación positiva a favor da lingua menos presente no seu entorno social, o italiano. Os individuos provenientes deses sistemas de ensino resultan inequívocamente máis competentes nas súas linguas vehiculares e máis poliglotas. Atreveríame a dicir que máis felices lingüísticamente. Precisamente iso é o que está en perigo en Galicia, se a Xunta deroga o decreto o galego e do ensino. Hai unha enquisa inapelable que se verificou o 1 de marzo, amais de que habería que demostrar que o 100% dos votantes do PP queiran unha regulación lingüística como a que propón Galicia Bilingüe, o certo é que en números totais os votos a favor da alternativa á maioría absoluta do PP sumaron máis, e aquí si que non debería rexer a aritmética de escanos, senón a forza da razón da maioría social.

Melancolía. Moito me temo que estes razoamentos non valen e que a Xunta en ningún caso, despois da posta en escena da peculiar enquisa, vai deixar as cousas igual que estaban. Por iso, cómpre saír ao aire libre e á chuvia e reafirmar en voz alta as nosas convicións a favor da diversidade e da ecoloxía lingüísticas. Non é unha cuestión de identidades históricas alteradas ou de sermos máis ou menos (ou nada) nacionalistas, é crucial para a liberdade individual e colectiva. Non podemos impedirlle á cidadanía galega do futuro a opción “feliz” de seren efectivamente bilingües e políglotas. Solidarios ecoloxicamente con millóns de falantes de portugués e español.

Pesticidas

Este vídeo amosa graficamente os efectos nocivos das pesticidas.

Pesticides from Designflux : Devoted to Motion on Vimeo.



Vía Recogedor

Non á violencia contra as mulleres (LXXXVIII)

Vídeo feito en Chile no ano 2007:

27/06/09

Extintores e Principio de Distancia

Post de Antón Dobao:


É sabido que Gloria Lago suspira pola extinción da lingua galega. Non unha extinción absoluta, home non; un esvaecemento balsámico que lla retire da vista, nada máis. O que non soportan Gloria Lago, Roberto Blanco Valdés e os ignorantes templarios de Galicia Bilingüe, incluído o filólogo de FAES que non dá lido correctamente a Saussure, é a presenza da lingua galega, a posibilidade odiosa do contacto, o noxo ao contaxio. Desde hai tempo sabemos que os odios ás linguas, os desexos de exterminio e os prexuízos concomitantes son unha grosa representación de conceptos e sentimentos irracionais referentes ás comunidades de falantes.

A lingua é cuestión de clase. En todos os sentidos. O tecnicismo normalización provén da ciencia da socioloxía da linguaxe e expresa a necesidade de inverter tendencias de substitución. Opoñerse, como fan os ignorantes múltiples, ás medidas tendentes a inverter tendencias implica apoiar a substitución lingüística, desexala. Ou sexa, querer que desapareza a lingua socialmente feble.

Que a lingua galega viva desde hai séculos nas capas sociais máis humildes propicia a aparición do principio de distancia. Este principio opera en moitas direccións. Contra uns modelos enxebres de oralidade; tamén en certas posicións que conciben imposible o galego como lingua de cultura. Aquela estupidez -a ignorancia sempre é moi atrevida- de expresar a imposibilidade de xuntar lingua galega e matemáticas, física e ciencias en xeral, xa respondida convenientemente por grandes científicos galegos, era unha manifestación radical do mesmo principio de distancia que pace na convicción transxénica de que a lingua galega é inservible e prescindible, de inferior categoría, por andar fozando nas capas máis humildes da sociedade. De confiarmos na estupidez, teriamos que concluír que aqueles que non posúen certo acomodo económico, un grao determinado de formación e ademais viven en zonas distantes do embigo da civilización non teñen dereito a vivir na súa propia lingua; nin sequera, a posuíla.

Galicia Bilingüe quere corrixir e moderar as expresións radicais da idiocia, proveñan de Blanco Valdés, de FAES ou de Demetrio Peláez. Non propugnan directamente o exterminio; confórmanse con que aos nosos fillos non os mesturen cos deles. Nin a nós con eles. Todos xuntos e en unión agochan as súas vergonzas no rocho das miserias. A distancia é o seu horizonte, o lugar onde se condensa todo o seu coñecemento, que colle nunha partícula microscópica. Vale, están dispostos a aturar a existencia da lingua galega, pero lonxe e sen posibilidade de contaxio. Fóra da vista, como se fai coas vergonzas propias. Chámanlle a ese exilio liberdade, igualdade e rexeitamento á imposición. Manexan o mecanismo trapalleiro da inversión da proba. Son os extintores.

Os extintores non operan sos. Hai presidentes de deputación, conselleiros e presidentes da Xunta con complexo de practicantes: subministremos as mellores vacinas para previr os peores contaxios. Pura vocación de servizo público; cómpre preservar a saúde e a hixiene de certas minorías sociais que desexan non ter moito roce con falas propias de seres inferiores. A cristalización política do principio de distancia. A vergonza da orixe humilde ou a soberbia da orixe acomodada; a consideración do castelán como unha lingua propia de seres superiores, máis cultos, máis educados, máis intelixentes, máis finos. Mellores.

Fronte á extinción, vida e contaminación. Xustamente o que lles pon tanto medo. A lingua galega en todos os ámbitos, fachendosa, orgullosa, mesmo cun punto de chulería. Ese é o peor pesadelo dos ignorantes. E cando non poida ser, cando se impoñan atrancos para que a lingua teña aire co que alimentarse, haberá que exercer dereitos e reclamalos ante calquera instancia, mesmo xudicialmente. Na concreción, na materialización da realidade en casos concretos, persoais, identificables, estará o triunfo do discurso normalizador. E demostrando día a día que a lingua galega está máis viva ca nunca e ten un brillante futuro. Sen mensaxes de derrota e desaparición. Os discursos que datan a derrota non van servir máis que para preparar os funerais.

O galego é a lingua propia de Galicia. Por tanto, de todos os galegos e galegas, falen o idioma que falen en cada caso. Quen son un fato de ignorantes e irresponsables para impedir que todos os nenos teñan plena competencia lingüística en galego? A quen e por que pode molestar algo tan imprescindible e ao mesmo tempo tan inocente? Só a eses ignorantes e irresponsables. Aos que teñen vergonzas que esconder. Aos que non soportan compartir espazo cos seres inferiores. Aos que, na súa estulticia, se cren superiores. Aos extintores.

Pois iso

Mitos

Sen dúbida, hai mortes que quedan marcadas na historia e na traxectoria de moitas persoas. Michael Jackson é o último en apuntarse a unha extensa lista de artistas que, se xa eran imprescindibles en vida, a morte os convirte en auténticas iconas; e se aínda por riba lle engadimos que as circuntancias do pasamento sexan máis ou menos estrañas, xa estaremos moito máis preto do mito.
Non hai que ser moi intelixente para asegurar que, por moito que pasen os anos ou as xeracións, Michael Jackson será un referente cultural, como o son todos e cada un dos artistas que vos cito a continuación:


Bob Marley: Dificilmente podemos atopar un artista que estea tan plenamente identificado cun estilo musical coma este profeta rastafari xamaicano. Falar de reggae é pensar en Marley e falar de Marley é pensar en reggae. Probablemente, xunto con Jim Morrison e o Che, sexa unha das personaxes cuxa imaxe e personalidade pasa de xeración en xeración sen que o tempo lle pase factura.



Janis Joplin: Dotada dunha espectacular voz foi considerada unha muller forte e radical; unha icona de rebeldía entre as mulleres dos anos 60 e, ao mesmo tempo, a primeira muller que foi considerada de maneira unánime como unha estrela do Rock & Roll. Morreu de sobredose cando tiña tan só 27 anos.




Jim Morrison: A morte en estrañas circunstancias deste poeta e líder absoluto dos míticos The Doors en xullo do 71 á idade de 27 anos desencadeou que sexa considerado coma un dos artistas máis coñecidos (e recoñecidos) entre o público de varias xeracións. Aínda que a súa carreira musical non durou máis de seis anos, a súa marcada personalidade e talento fai que a súa tumba no cemiterio Père-Lachaise de Paris sexa un lugar de peregrinación para os seus fans.

Jimi Hendrix: Está considerado coma un dos máis grandes guitarristas da historia da música; durante a súa carreira artística, tan breve como intensa, foi o precursor de moitas estruturas e sons dentro do ámbito da guitarra eléctrica. Está dentro dese nutrido grupo de artistas que morreron á idade temperá de 27 anos (coma Joplin, Morrison ou Kurt Cobain)





Freddie Mercury: Considerado coma un dos mellores vocalistas da historia do rock, a morte do líder da banda británica Queen en novembro de 1991 causou un forte impacto dentro do mundo da música. Para aclarar numerosos rumores e informacións que indicaban que o artista padecía SIDA, foi o propio cantante o que, meses antes de morrer, confirmaba a desgraciada nova.


Frank Sinatra: O simple feito de citar que era, é e será coñecido por sempre co alcume de "A voz", creo que xa é suficiente motivo para incluílo dentro desta lista. Cancións coma "My Way", "New York, New York" ou "Strangers in the night" formarían parte de calquer listado-resumo das cen mellores cancións do século XX.


John Lennon: Decembro de 1980. O compositor e líder dos Beatles (sen dúbida, a banda máis influínte na música dos anos 60) é asasinado nunha rúa de Nova Iorque por un fanático seguidor do músico. Precisamente un dos símbolos do movemento pacifista morre de forma violenta. Comenza o mito.

26/06/09

Notas

Hoxe demos as notas no instituto. Algúns e algunhas xa estades de vacacións. Con outr@s temos cita en setembro. Felices vacacións para tod@s.
Agardamos vervos por aquí, porque este blogue non ten descanso.





Desde APETEGA

Manifesto de APETEGA (Asociación do profesorado de Tecnoloxía de Galicia)en defensa da lingua galega:

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) quere facer público o seguinte comunicado:
Como asociación de profesorado, queremos manifestar a nosa preocupación ante a intención do novo goberno de Galicia de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.
Consideramos que a lingua galega forma parte da riqueza e da idiosincrasia do noso país, e como todos sabemos o seu uso está en alarmante retroceso.
Dende as institucións educativas debe ser transmitida e apoiada para fomentar o seu uso, buscando unha situación de igualdade real entre as dúas linguas de Galicia.

Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA


Lingua e embaixador no Vaticano

Texto de Manolo Rivas:


O ex alcalde da Coruña e actual embaixador de España no Vaticano, Francisco Vázquez, escribiu o pasado domingo un interesante artigo titulado De la lengua española (La Voz de Galicia, 21.6.09). Hai unha primeira parte feita con erudición e estilo ameno, que o lector agradece. Nótase no texto o palpitar de Vázquez ante os grandes relatos históricos e a paixón que nel espertan os seus protagonistas, sexan reais, como é o caso co emperador Carlos V, ou do mundo da ficción, pois é confeso o seu feitizo polos heroes da banda deseñada, dende o Príncipe Valente a Superman. O principal corpo do artigo está dedicado a glosar o intre histórico en que o Rei-emperador falou en lingua española na corte pontificia e converteuna así en "idioma diplomático e universal".

Non era a primeira vez que Carlos V se expresara nese escenario en castelán, pois era un xeito de marcar o seu poder ante os pontífices, mais nesta ocasión foi unha intervención longa e utilizada adrede coa estratexia de amoucar á representación francesa. El falaba moi ben o francés, por iso aquel discurso da Pascua de 1536 foi considerado unha "rodomontada". Un termo italiano que se adoita asimilar ao castelán "bravuconada". Aínda que neste caso acáelle mellor a idea de que falou así "por fachenda", por sentido de orgullo.

Dende logo que é moi interesante a figura de Carlos V. Entre os feitos admirábeis, o máis admirábel sen dúbida foi o de ser quen de retirarse cando estaba no máis alto cumio dun poder terreal e o sol, como ben nos aprenderon na escola, non se puña naquel inmenso imperio. Certo que se foi cando albiscou o terríbel fracaso que ían representar as guerras de relixión. Marchou daquela para o mosteiro estremeño de Yuste e concentrouse, entre outras afeccións curiosas, no coidado da súa formidábel colección de reloxos. Xogaba como un neno ao imposíbel de sincronizar todas as máquinas do tempo. E tamén lía as aventuras do Chevalier deliberé, do borgoñón Olivier de la Marche. Segundo o anecdotario de Manuel Domínguez Merino, no mosteiro participaba da rutina dos monxes e tocoulle un día espertar os relixiosos. Un deles tiña o sono pesado e o ex emperador espeliuno con rudeza, o que o outro aproveitou para un xuízo severo: "Non vos chegou con sacudir tanto tempo os que andaban polo mundo que aínda vides amolar os que nos retiramos del!".

O neto de Maximiliano de Austria, María de Borgoña, Fernando de Aragón e Isabel de Castela, o fillo de Filipe e Xoana (coñecidos polos alcumes de O Fermoso e A Tola), tivo unha herdanza cultural moi diversa que mantivo e cultivou cun especial don de linguas. Chegou a dominar o flamengo, o francés, o alemán, o italiano, o inglés e o castelán, ademais do que quixo de latín, que seica non foi moito. Segundo palabras que se lle atribúen, este sería o reparto: "O español sérveme para gobernar as España se as Indias, para falar con Deus y comigo mesmo; o inglés para escribir a miña tía Catarina de Aragón, raíña de Inglaterra; o italiano, para tratar co Papa, sobre temas de relixión e de estado; sírvome do flamengo para falar cos amigos; do alemán para discutir con Lutero, e do francés sempre que trato de traer ao rego a ese díscolo parente meu que se chama Francisco I de Francia". Máis célebre é o testemuño do xesuíta Bouhours: "[...] De falar ás mulleres, falaría italiano; de falar aos homes, francés; de falar ao seu cabalo, alemán; mais para falar con Deus, el falaría español". En versión pop e non rigorosa: "Un home debe dominar catro idiomas: o francés para a diplomacia, o italiano para amar, o español para pelexar e o alemán para domear os cabalos".

Nado en 1500, criado en Flandres e Borgoña, o máis posíbel é que as primeiras linguas de Carlos fosen o flamengo e o borgoñón-francés. O artigo citado de Francisco Vázquez sitúanos ao Rei-emperador como un pioneiro paladín do castelán como "a lingua española", mais é moi ilustrativo, mesmo para os políticos de hoxe, aínda que o noso embaixador non o reflicte, o xeito en que Carlos se achegou ao castelán. Aínda que contou con algún instrutor enviado para este mester, o seu coñecemento era mínimo cando arribou para ser coroado rei de Castela, o que aconteceu en Valladolid en febreiro de 1518. Aí ocorreu algo moi importante. O futuro rei, como gobernador, adiantarase a colocar amizades flamengas nos principais cargos da Administración e mesmo no arcebispado de Toledo. Xente que non se preocupaba de falar a lingua do país. Que fan as Cortes de Castela? Para aceptar e xurar como rei a Carlos, esixen atender un listado de 88 peticións. Entre as principais, que o rei se compromete a aprender e falar o castelán, ademais de retirar dos postos administrativos a quen non reúnan esa condición. Carlos acepta. E entón as Cortes xurárono como rei.

Isto que conto é un complemento, coido que necesario, á exposición de Francisco Vázquez, mais non é a razón de ser primeira desta miña crónica. O meu arrinque vén pola deriva estraña e oblicua do embaixador articulista na final do seu escrito. Fai no texto o que Nabokov chama con enxeño, e en termos de xadrez, un salto de cabalo. Nunca pensei que o políglota Carlos V dera para tan pouco. Despois da crónica histórica do acontecido en Roma, o embaixador infórmanos dunha realidade obvia: a forza e a expansión do español (castelán) no mundo de hoxe. É algo do que nos felicitamos e aproveitamos, no mellor sentido, tanto como el. O embaixador lémbranos tamén que a Constitución estabelece que o español é "lingua común e oficial de todos os españois". E que o seu uso "representa o 15% do produto interior bruto de España". A cousa podería ficar moi ben aí, mais o galego Francisco Vázquez, malia a súa función diplomática, non renuncia ao descarte. Mentres son miles e miles os estranxeiros que estudan español no Instituto Cervantes, só un número moi reducido -un cesto de cereixas, digo eu!- estudan o galego, catalán ou éuscaro. Así que conclúe o seu, iso si, moi oportuno artigo co proverbio "Intelligenti pauca" ou "al buen entendedor pocas razones bastan". Eu debo ser intelixente e parvo a un tempo, porque entendo e non entendo. Como di e non di, eu entendo e non entendo.

Hai cousas fundamentais que o embaixador, que representa a todos os cidadáns españois, falen o que falen, elida no seu comentario. Non vou ir de rodomonte e lembrar a triste historia da Igrexa católica española en relación coas linguas romances, a comezar polo castelán. Tivo que vir George Borrow, da Sociedade Bíblica londinense, e a mediados do século XIX, para que se editase o Novo Testamento en español! E a xente do pobo tiña medo a coller o libro nas mans. O que si cómpre lembrar, sen estar perto da Santa Sede, é que o concilio vixente, o Vaticano II, recomenda vivamente o uso das linguas vernáculas, en especial das que foron marxinadas canda a xente que as fala. Cómpre lembrar tamén que a Constitución española, que no seu Artigo 3 (Título preliminar) di que "o castelán é a lingua española oficial do Estado", tamén engade, no mesmo artigo: "As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos" e "A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección". Cómpre tamén lembrar que as linguas non están para competir no Libro dos Récords. As linguas suman. Están para compartir. Nin os fineses nin os islandeses, por poñer dous exemplos, van renunciar á súa lingua e á súa riquísima literatura por seren poucos falantes. Mutatis mutandi, por que entende que a industria cultural é moi importante para España e non o pode ser, na súa escala, para Galicia?

Un bo entendedor, sen prexuízos, decátase con facilidade das magníficas coordenadas nas que se atopa Galicia para ser unha sociedade avanzada e un modelo de cosmopolitismo racional. Unha lingua, o galego, que nos permite comunicarnos con todos os países de fala portuguesa. Outra, o castelán, que nos abre as portas ao todo o eido hispano. Mais en lugar de modelo temos a subtracción lingüística. Quen nos dera políticos co entendemento daqueles fidalgos das Cortes de Castela!




E se non podes saír?

Un anuncio feito por alumnado de 4º de ESO contra as drogas:

25/06/09

Esta lingua quere xastres

A ofensiva contra o galego está ben calculada e poderosamente armada. Era sabido: a dereita coñece a sintaxe do exterminio dende o mesmo intre en que o patentou, e opera nas atalaias máis privilexiadas, nas máis altas, nas máis seguras, dende que inventou para si propia o poder. Pero hai algo que nin o pedigrí nin a folla de servizos da dereita aseguran: a lucidez no diagnóstico. Feijóo e o seu goberno engánanse na lectura do escenario, e o que é peor, porfían na súa miopía. Esa é a súa debilidade. E tamén unha oportunidade.

A lingua é forte na medida en que son fortes, e moitos, e distintos, os que a defenden. O primeiro sinal de que o conselleiro de Educación non tiña en contra un partido político senón unha sociedade, a galega, ferida na súa dignidade e escandalizada pola obscenidade do seu ataque, dérona milleiros de persoas nas rúas de Compostela o pasado 17 de maio. Non estaban todos, pero tampouco estaban só os de sempre. Logo viñeron os editores, as escritoras, as aparelladoras, as universidades, os sindicatos, os mestres, o meu veciño do segundo, unha amiga do PSOE, un concelleiro nacionalista e un profesor moi facha que tiven na facultade. Viñeron todas as nais e todos os pais que viven nun país que Feijóo ignora. As nais e os pais cos que o conselleiro non contaba cando perpetrou ese pasaporte á demagoxia que se fai chamar enquisa.

Agora, o escenario demanda novas actitudes, novos argumentarios, outra estratexia colectiva. Das institucións relacionadas coa lingua galega cómpre agardar compromiso, non co nacionalismo nin coa soberanía senón coa lingua que as lexitima no ordenamento xurídico ou nos seus estatutos. Dos partidos políticos, un esforzo de centralidade no mínimo común da convivencia. Dos actores tradicionais na defensa do galego, intelixencia e xenerosidade para asumir que neste intre a lingua non os necesita na primeira liña. Nada pode prestar máis axuda a Feijóo que un traxe cativo. A resistencia pide roupas folgadas, elásticas, sen costuras. O galego non necesita frautistas nin destinos tráxicos nin museos. A lingua quere xastres. E moitas.

Artigo de Iago Martínez

Xuntanza coa CGENDL

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística tivo esta cuarta feira unha xuntanza co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, onde lle expresaron a "preocupación" e o "malestar" diante da polémica orixinada arredor da lingua galega no ensino. "Esta polémica é moi negativa para a convivencia nos centros, e polo tanto para a educación en xeral e para a lingua en particular", indican. Ao fío, achegámoslles os dez puntos debatidos pola coordinadora este xoves co conselleiro e en base aos cales os representantes do colectivo solicitaron da Xunta que, como parte "fundamental" do sistema educativo, se lles permita participar na elaboración de "calquera documento que lexisle o uso das linguas no ensino":

1.O marco lexislativo educativo ten que evitar a confrontación na comunidade escolar.

2.O alumnado non pode ser segregado por razón de lingua.

3.Débese garantir a presenza do galego no ensino ao 50% como mínimo para poder acadar a competencia nas dúas linguas cooficiais. Só así o alumnado poderá escoller en liberdade.

4.Téñense que elaborar materiais didácticos, de calidade e actualizados, en lingua galega para todas as materias e todos os ciclos educativos, que suplan as carencias existentes.

5.Hai que ofrecerlle ao profesorado cursos de reciclaxe e capacitación en lingua galega; para isto é imprescindible contar cun programa previo de formación de formadores.

6.Cada centro debe seguir elaborando o seu Proxecto lingüístico, que é a base para que os ENDL desenvolvan as súas funcións unha vez analizada a situación sociolingüística do centro.

7.Decreto de infantil.

A)Nesta etapa débese garantir que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento das dúas linguas oficiais tendo en conta que a lingua minorizada precisa de maior reforzo.

B)Propoñemos que avalíen os resultados das liñas de galego en infantil de cara a manter este programa. Os informes elaborados nestes centros valoran moi positivamente estes proxectos xa que permitiron conseguir que todo o alumnado adquirise a competencia nas dúas linguas oficiais, fose cal fose a lingua inicial dos rapaces e rapazas.

8.Equipos de Normalización e Dinamización.


A)Débense implementar programas de formación en dinamización lingüística para o profesorado interesado.

B)Hai que potenciar as coordinacións intercentros.

C)Téñense que consolidar as funcións das coordinadoras provinciais dependentes da DXPL.

9.A administración debe realizar campañas efectivas de dignificación da lingua, que comecen polo propio goberno da Xunta. A situación do galego é moi delicada, por iso algunhas accións e declaracións realizadas nos últimos tempos cuestionan o labor de recuperación do galego feito ata o momento.

10. Parécenos inadecuado que a enquisa sexa a base dun decreto novo. Esta consulta, tal e como foi realizada, non pode ter ese peso nunha lexislación educativa. En cambio, débense ter en conta conta os diferentes datos sociolingüísticos existentes tirados de estudos elaborados con rigorosidade (MSG, IGE), así como os diferentes Proxectos Sociolingüísticos de Centro realizados nos últimos anos.

Neno, muro e burro

Unha idea. E grandes muros vergoñentos:

Cun só clic

Campaña de concienciación para o uso do cinturón de seguridade do Road Safety Council del Gobierno de Australia Occidental.







Vía Microsiervos

Como a terra

Artigo de Marta Dacosta:

Anda o tempo revolto. Pasamos da calor máis intensa a un ceo escamento que sabemos acabará por descargar nunha intensa treboada, nunha arroiada sen límete que varrerá a terra seca na que morreron as árbores que con traballo chantamos meses atrás. Mentres o tempo non deu en mudar dunha semana a outra, as vacas ceibas arrincaron os gromos e iso malia os enganos dos peches rechamantes polos que triparon sen consideración. Así que miramos cara ao ceo e ficamos desolados, tanto esforzo, tanta dedicación e outra vez as inclemencias e a desconsideración esboroaron o plan seguido para recuperar o monte.

Falo de feitos tanxíbeis, mais que na súa realidade son a alegoría perfecta para falar destes meses que seguiron a marzo, deste vendaval que até me leva as palabras, deste gando salvaxe que tripa por riba de nós, con licencia para destruír canto atopa por diante, como unha máquina programada para facer desaparecer no menor tempo posíbel calquera pequena herba que poida ser un sinal de recuperación ou de existencia. Porque xuño teima en abalarnos unha e outra vez: eliminan a demostración do coñecemento do noso idioma nas licenzas por estudos, rebuscan nas fórmulas legais para suprimir a obrigatoriedade dunha proba en galego no acceso á función pública, inician o proceso de derrogación do Decreto que recolle que polo menos o 50% das materias no ensino deben ser impartidas en galego, as galescolas deixan de selo e o goberno, despois de impoñernos a súa opinión contra a lingua, prohíbenos aos docentes que digamos o que pensamos desta tramposa consulta sen garantías. Alguén pensará que chove... mais non, mexan por nós. E por se non bastase, veñen as coincidencias e Carlos Callón ten que declarar porque un xuíz presentou denuncia contra el por ter apoiado o dereito dun cidadán que reclamara ser atendido en galego pola xustiza.

Entón penso que sentimos que nos golpean coma a vara que contra a cerdeira vai e vén facendo que caia por terra o froito da árbore que teimosamente se mantén en pé. Mais eu quero berrar que, malia a vara que nos abala, o gando que nos tripa e devora e a seca e as treboadas que só poden destruírnos, nós, coma esta terra, estamos aquí e seguimos, volveremos dar os froitos que alimentarán aos pardais e agromaremos de novo, coa chuvia maina, mentres a raíces se cravan na terra e o tronco medra, resistente ás adversidades.

Porque como a terra, que unha e outra vez é extremadamente xenerosa, a nosa loita prende e esperta ás follas durmidas. E así comprobamos como pouco a pouco somos máis, máis voces que se unen e que declaran que amamos esta lingua e que faremos o necesario para que as nosas fillas, as nosas netas, bisnetas e tataranetas sigan portando no seu ADN mitocondrial esta arela común, esta lingua que nos identifica e que nos fai máis fortes. Porque queremos merecer a nosa terra...

O galego que non fala
a lingua da súa terra,
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela.

(Victoriano Taibo)

A Gran Mentira Lingüística

Novamente, desde o mesmo blogue:

Satisface oír a un lingüista castellano de alto nivel (catedrático de la UAM y reconocido investigador) decir científicamente lo que para muchos es un sentimiento de abuso y constante tergiversación por parte de aquellos cuyo oficio central es negar a los demás que desarrollen plenamente su cultura, su lengua y sus potencialidades más o menos aristotélicas, añadiendo, paralelamente a tal negación y a las diversas coacciones de hecho y de derecho que la acompañan, la Gran Mentira Lingüística (GML, en adelante) para uso común de desinformados. Él también tiene ese sentimiento de abuso y tergiversación, pues como ustedes saben el idioma castellano (él es castellano) ya no existe (dice la GML): ha sido superado históricamente por el español (¿) del que, al parecer, es un dialecto. Es el idioma que faltaba por ningunear, pero ese ninguneo completa el ciclo imperial-casposo y nos lleva al centro de la cuestión: aquí sólo hay realmente una lengua y unos cuantos engendros absurdos, primitivos, incapaces de encantar a nadie, inútiles (GML dixit)…bien, escuchen al profesor Moreno Cabrera y disfrutarán con su ciencia y su mejor voluntad de reinterpretar este raro país, que a veces parece nuestro peor enemigo siendo, según dicen, nuestro país, cosa cada vez más dudosa, visto lo visto. Sería, en todo caso, como un padre desalmado, digamos. O ignorante, que de todo hay. También pueden hacerse con este libro titulado El nacionalismo lingüítico, del mismo Juan Carlos Moreno Cabrera. En Galicia estamos retrocediendo a toda velocidad de la mano de aquellos a los que Moreno Cabrera se refiere: son exactamente ellos, los de siempre, que ya empiezan a ser una pesadilla insoportable.


24/06/09

Home sen cualidades

Unha animación de Lars Arrehenius:



Vía

Lingua propia e liberdade

Artigo de Alba Nogueira:

A protección xurídica das linguas no Reino de España ten unha dupla natureza. Por unha banda a Constitución e o Estatuto protexen as linguas como sinais de identidade e parte do patrimonio cultural (art.3 Constitución). Por outra, preservan os dereitos lingüísticos dos falantes das linguas oficiais. Protección colectiva da lingua e individual dos falantes son, por tanto, os eixos da lexislación lingüística.

O Goberno galego promove medidas que supoñen unha clara violación do mandato constitucional e estatutario de protección do galego como sinal de identidade e lingua propia de Galicia co argumento falso da liberdade dos falantes. Distingamos os dous planos de protección para percibir a falacia do uso do discurso da liberdade no ámbito da actuación das Administracións galegas.

As Administracións galegas (autonómica e locais) teñen só unha lingua propia –o galego– aínda que en Galicia haxa dúas linguas oficiais. A consideración de lingua propia do galego supón un plus con respecto á declaración de oficialidade. O Tribunal Constitucional recoñeceu nas Sentenzas 46/1991 e 337/1994 que o caracter de lingua propia significa que é “a” lingua da Administración o que implica un mandato de normalización, o seu uso preferente e que isto “permitirá corregir situaciones de desequilibrio heredadas históricamente y excluir que dicha lengua ocupe una posición marginal o secundaria” (FX 10, STC 337/94).

A publicidade institucional en galego, o principio de oferta positiva na atención ao público en galego, a tramitación dos procedementos en galego son todas medidas derivadas do carácter de lingua propia do galego. Como por outra banda fai de xeito simétrico a Administración Xeral do Estado en relación co castelán con respecto aos seus servizos, mesmos nos territorios que temos outra lingua oficial. E como fai tamén a normativa estatal para protexer a “identidad de la lengua oficial del Estado”, por exemplo, no Real Decreto 564/1993, sobre presencia de la letra “ñ” y demás caracteres específicos del idioma castellano en los teclados de determinados aparatos.

O segundo plano de protección sería o dos dereitos individuais ao uso de calquera das linguas oficiais. Neste ámbito, efectivamente, os cidadáns teñen liberdade para escoller que lingua usan nas súas relacións cos poderes públicos. Esta liberdade individual, non obstante, non obriga a cambiar o principio de utilización preferente da lingua propia senon a traducir aqueles documentos dirixidos a esas persoas concretas e a estar en disposición de contestarlles na lingua da súa elección.

O que é absolutamente falso é que nesa liberdade de elección entre a posibilidade de condicionar a organización do sistema educativo ou a configuración da capacitación dos empregados públicos. Igual que os pais e nais non poden escoller se os seus fillos e fillas estudan Educación para a Cidadanía, “el derecho a la educación que la Constitución garantiza no conlleva que la actividad prestacional de los poderes públicos en esta materia pueda estar condicionada por la libre opción de los interesados de la lengua docente” (FX 9 STC 337/1994). En caso contrario poñeríase en xogo a consecución dos obxectivos do sistema educativo como panca de igualdade dos cidadáns. Tampouco os aspirantes a empregados públicos poden escoller de que se examinan porque o que están acreditando no proceso selectivo é que están capacitados para respectar os dereitos lingüísticos dos cidadáns. En definitiva convertíndose en garantes de que a Administración galega usará a súa lingua propia con carácter xeral e estará en disposición de relacionarse cos cidadáns na lingua oficial que, de xeito expreso, escollan.

Non hai liberdade individual, por tanto, que poida estar por enriba do dereito dos galegos e galegas a protexer a súa lingua propia erradicándoa do curriculum educativo dalgúns estudiantes ou permitindo o acceso ao emprego público de persoas que violen os dereitos lingüísticos dos cidadáns por incapacidade para expresarse en dúas linguas. Cun discurso dun liberalismo agresivo o Partido Popular transgrede conscientemente o marco constitucional e a interpretación que del fai o Tribunal Constitucional.


Ti podes

Tenra publicidade: se podes soñalo, podes facelo.



Vía Recogedor

Enterradores da lingua

Un artigo de Miguel Anxo Fernán Vello:

Velaquí están. Velaquí están de novo. Houbo un tempo –era Manuel Fraga Iribarne presidente da Xunta– no que estiveron caladiños, hibernados. ¿Como lle ían dicir iso a un exministro de Franco? Mais ficaron á espreita. Sempre estiveron aí. E veñen de moi lonxe no tempo. Sendo algúns naturais de Galicia, senten aversión polo idioma propio do país. Pensan que está ben para os chistes ou, como máximo, para un pimpollo lírico de condescendente sorriso bucólico. Na súa mente, chea de prexuízos establecidos e talvez dunha caste estraña de superstición, o galego é menor, un “dialecto de aldea”, unha fala de chafallas e ignorantes, linguaxe revirada de pailáns. Eles séntense “señoritos”, xente fina, displicente, e non queren que os seus fillos se “contaminen” con palabras-esterco, con voces-corredoira, con fondos acentos-raiceira. Algúns, eles mesmos fillos da aldea –de Panjón, Carballino, La Peroja ou Chandreja de Queija–, sofren porque no fondo da súa alma saben que senten odio pola súa procedencia, saben que desprezan o que en boa parte son. Mais axiña “politizan” o seu odio e, en máis dun caso, móstranse particularmente agresivos contra o idioma e contra a cultura da que este provén e que este proxecta na actualidade.

Cando a lingua galega ergue timidamente o seu ferido corpo por riba dos valados que a historia adversa lle impuxo, disparan. Cando o noso idioma comeza a respirar minimamente e de xeito natural no ámbito do ensino, na administración e na vida pública en xeral, tratan de lle cortar o paso que lle corresponde por realidade e por lei, tratan de o esganar para que non teña fíos de alento que lle permitan abesullar un digno futuro. Os enterradores da lingua falan de liberdade e algúns mesmo din sentir amor pola que é –eles sempre o negarán– a súa vítima. Mais, en realidade, eles son incapaces de sentir amor ningún por ningunha lingua. Mesmo a lingua imposta, o castelán que veu de Castela, é por eles mal falada, e curan, solertes, o seu despropósito lingüístico acudindo ao inglés. Tristes, raposeiros e incultos estes enterradores da lingua. Enterradores políticos que tratan de impor as artes obscenas do enterramento dunha lingua, eles, ebrios de liberdade para consumaren o etnocidio.

23/06/09

Só para hetero

Anuncio sexista. Neste caso non contra a muller, o habitual, senón que presenta aos heterosexuais como usuarios exclusivos da marca; ademais, a este mozo cóbraselle máis por responder ao estereotipo "gay"




Vía

Galicia resiste

Gustoume especialmente este post que lin en El voto con botas. Tráiovolo sen traducir:

Mientras se consuman las primeras medidas contra la lengua gallega, ahora ya en clara posición de inferioridad institucional, además de la propia inferioridad histórica propiciada desde fuera del país (son terribles los artículos de opinión y editoriales que se leen en Madrid sobre las lenguas periféricas, terribles y cínicos, hasta extremos indignantes), mientras se avanza, digo, en la línea de la definitiva liquidación lingüística, el conselleiro de educación viaja a su tierra para cerrar el curso y ser abucheado por los profesores. Si hubiera ido a cualquier otro sitio le hubiese ocurrido lo mismo. Una de las satisfacciones de mi reciente viaje a Galicia ha sido comprobar como la opinión general en el ámbito educativo está contra las actuaciones de la Xunta en la cuestión lingüística, intentando situar de nuevo al gallego en una clara posición de desigualdad. Decir que Feijóo ha metido la pata no es toda la verdad: Feijóo y su gente (PP) están haciendo lo que creen, y lo que creen responde a una mentalidad típica de pequeñoburgueses ascendentes a la busca de nuevos símbolos identitarios que los vistan de nuevos ricos políticos. No dan el perfil de burgueses sólidos con ideas sólidas e iniciativas sólidas, lo que es lo mismo que reconocer que aún no tenemos dirigentes a la altura de nuestras necesidades, al menos en el ámbito de las clases sociales que viven alrededor del capital, y disponen de él. Acabarán con el gallego o intentarán hacerlo, lo mismo que acabarán con nuestras costas, incluso en sus rincones más protegidos (Touriñán, un espacio a defender que puede ser ocupado por piscifactorías que tienen mil sitios más adecuados en la propia costa gallega: si el viejo Paz Andrade levantara la cabeza!). Bien, añado: o intentarán hacerlo. No es seguro que consigan consumar estas cosas. Nunca había visto antes tal energía resistente en Galicia, que parece despertar definitivamente de un mal sueño de siglos.

GB apreta

Galicia Bilingüe solicitou ao Presidente que se retire dos centros de ensino a Guía para a planificación lingüística distribuída hai dous anos. Lembremos que o actual responsábel de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, é un dos seus tres redactores. En palabras de GB:
En este vídeo figuran algunas perlas de esta Guía discriminatoria, este experimento que antepone la conservación de una lengua a la formación de nuestros hijos.

Toda a nova aquí:


Vía Brétemas

Imaxes superpostas

Orson Welles lendo Moby Dick e as ilustracións debuxadas sobre páxinas da novela:

Orson Whales from Alex Itin on Vimeo.



Vía

Nylon Road

Un cómic sobre a Vida en Irán, Nylon Road, de Parsua Bashi, inmigrante que debe enfrontarse ao seu pasado, á súa vida en Irán, a todos os seus "eu" anteriores, que loitarán con ela na actualidade para se comprender a si mesma e para entender a sociedade na que agora debe vivir. Amósanos así como é a vida da muller en Irán, todo o que esta debe pasar, a agonía, a desigualdade, a inxustiza, as "comeduras de tarro"... unha viaxe cara ao seu interior que serve de exemplo como superación. O problema deste cómic, seguramente, é que está á sombra de Persépolis, posto que é moi similar e pretende contarnos algo moi semellante. Con todo, non creo que sexa unha mala obra, nin moito menos, aínda que deba pagar a factura de ser un lastre daquel. Creo que o mellor do cómic é presentarnos as súas outras "eu" con toda claridade, enfrontándose a elas para poder saír aboiar e loitar no futuro. Unha viaxe cara ao pasado con billete de volta para o futuro, e grazas a esa viaxe entenderemos mellor esoutro mundo que se nos antolla tan diferente.
Botádelle un ollo, creo que paga a pena.

22/06/09

Seguras

Desde Intermón Oxfam:



Sabedes que ocorre, por exemplo, no leste do Chad? Alí, nos campos de refuxiados, pódense ver mulleres cargando auga, cos seus nenos e nenas, anciás... pero non hai homes. Estes ou ben morreron ou ben marcharon cos grupos armados, por propia iniciativa ou á forza. Estas mulleres chegaron a Djabal desde Darfur, en Sudán, fuxindo das súas aldeas para salvar a vida hai xa 5 anos. Cada vez que saen do campo de refuxiados xóganse a vida, xa que polos arredores hai homes armados dispostos a violar, roubar e matar.
Viven constantemente ameazadas. Por seren mulleres.

En 5 botellas

Creo que un día, hai un tempo xa, colgamos algo similar. Agora quedamos reducid@s a 5 botellas. En cal andas ti?:




Zoommm Textos biónicos

De complicada lectura este poemario de Estíbaliz Espinosa, Zoommm Textos biónicos, editado por Xerais. Uns poemas artisticamente híbridos na súa dialéctica e no propio discurso, aplicando a oposición entre humano e mecánico, ou o que é semellante, entre real e virtual. E fuxindo do sentimentalismo.
En palabras da autora:
“Hai moito interese nos ámbitos artísticos en poñer énfase na idea de creatividade, de acto de creación como algo case máxico, como se tentasemos equipararnos á divindade… En realidade, a creación é plaxio. A literatura é constante hipertexto… E isto faise evidente en internet: colles retallos doutra xente… Creamos con material que crearon outros…”; “O meu interese polo ser humano como autómata xorde dun caldo de influencias: a ciencia ficción, a filosofía, a cosmoloxía, a neurociencia… E o feito de terme posto a escribir en internet…”; “Todo testemuño parte dun eu subxectivo. Pero non sabemos o que é o eu… Interesábame tomar distancia: situándome no futuro, –que pensarán de nós no futuro– e o pasado remoto: o neanderthal, o que puidemos ser e non fomos… Adoptar unha perspectiva deshumanizada para entender o humano: miralo desde o cosmos…”.

non sigas lendo. isto é unha trampa.
non vou dicirche que faría canto quixeras

e estamos incriminados nela, ti e mais eu
non vou dicirche que quizais non

e debes seguirme punto por punto ata o final
non vou dicirche que enterrei todas as palabras...


21/06/09

Para entendérmonos

Carta de José Manuel Atanes Limia publicada no Faro de Vigo:

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa,... apelido: Vázquez, Nogueira, .... e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ....
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo,... e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela,...
Botamos aturuxos, arroutadas,.... e damos colo, apertas, ....
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ....
Aos arbustos: silva, xesta, ....
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, ...
Ás comidas: grelos, cacheira, .....
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ......
Aos peixes: xouba, ollomol , .... e aos mariscos: vieira, zamburiña,....
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ....
Ás serras: O Larouco, A Capelada, ...
Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...
As rochas: Pena Corneira, A Pedra de Avalar, ...
Aos ríos: Toxa, Xallas,..
Aos pobos: Soutelo, Peroxa, ....
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño,...
Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo,...
Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo,..
Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, ...
As vacas: Marela, Xeitosa, ....
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ..
Aos sentimentos: morriña, agarimo, ...
Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ..
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, ...
Á musica: os alalás, a chouteira, .......
Aos xogos: a billarda, a porca, ......
Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ..
Aos paxaros: paporrubio, rula,...
Ao vestido: saia, polaina,...
....e agora veñen que para que serve o galego, pois e obvio, para entendernos.

A prol do galego

Leo no blogue de Fran Alonso esta misiva que María Reimóndez lle dirixiu:

Amigas e amigos:

Creo que a ninguén lle fai falta explicar a situación de gravidade extrema na que nos atopamos con respecto ao noso idioma e a nosa cultura. As persoas que me coñecedes sabedes que son pouco tendente a agoniar e moito máis tendente a actuar. Por iso creo que, despois de escoitar e observar tanto despropósito debemos deixar de agardar que outr@s fagan por nós e tomar a iniciativa. De aí a razón deste correo.

Hai xa días que veño escoitando voces que pensan o mesmo ca min (Rivas, Cordal, Fernández Paz, entre outr@s) e é que cómpre mobilizar á sociedade, sobre todo aquela galegofalante que mantivo ata o de agora a lingua viva pero que segue participando dos prexuízos que se instalaron con desprezo e co mecanismo terrible de facer sentir vergonza permanente do propio. É tempo de mobilizar ese grandísimo sector da poboación para calar mentiras e para desbloquear esta situación na que nos atopamos de agresión á lingua sen precedentes na democracia.

As ideas poderían ser moitas, envíovos a miña agardando que deste xermolo poidamos tirar os primeiros pasos para este grande movemento que precisamos. A miña idea (obviamente gandhiana) é que baixemos a pé de obra facer o que ninguén fixo: debater, falar, cambiar mentalidades. Así, gustaríame poder organizar convosco unha grande MARCHA POLA LINGUA que percorrese a partir de agosto, pouco a pouco, con accións de diversa índole, as aldeas e vilas de Galicia. O obxectivo da marcha sería establecer un diálogo verdadeiro, sen partidismos nin mediacións da prensa, coa cidadanía. Escoitando e tamén falando, desfacendo preconceptos e tentando reinstaurar o orgullo do propio dun/has galegofalantes longo tempo desprezad@s por parte de certos colectivos urbanos que agora toman a palabra. Concibo a marcha como un acto en positivo, no que debe de primar sobre todo o AGRADECEMENTO a todas as persoas que conservaron e conservan a lingua dunha forma anónima e sen as cales non poderiamos cantar, nin escribir, nin facer teatro, cine... Esas persoas se cadra precisan un recoñecemento para moverse, para sentir orgullo, para non asumir como sempre se nos dixo, que o galego é cousa “de pailáns”. Iso que tan ben saben repetir e amplificar con novos discursos dende as instancias de poder actual.

É hora de facernos valer tamén como xente que traballamos coa lingua dende diversas facetas. Todo o mundo é benvido e por iso me gustaría contar con vós, coas vosas ideas e arte para fomentar a conciencia crítica. Podemos utilizar centos de recursos que combinados poden cambiar este país, dende compartir e recoller música (mesturar cos novos estilos, co popular...) ou léxico ata facer da retranca o noso estandarte (podemos facer un enterro da lingua retranqueiro, publicar o seu obituario nos xornais que tanto fan por esmagala, contar contos), dar a coñecer á cidadanía os moitos logros que se fan dende o galego e que non se visibilizan. Xunt@s podemos chegar realmente á cidadanía, axitar a prensa que por unha vez se interesa desgraciadamente por este tema e falar coa nosa voz alta e clara.

Para comezar a cohesionar esta idea gustaríame que nos vísemos en Compostela o día 2 de xullo para comezar a andar, e debater as ideas base que queremos defender e como imos facelo. Dende o meu punto de vista, os obxectivos deberían centrarse en temas como:
-galegofalantes non somos minoría
-a democracia non é impoñer o que queren os colectivos con poder (sexan por razón de lingua, sexo, orientación sexual, relixión, clase, etc) senón crear un lugar onde todas as persoas poidan desenvolverse en igualdade
-a defensa do idioma galego non é unha imposición senón un dereito, sobre todo na educación e na administración.
-a única lingua que se impuxo e impón é o castelán
-o galego é riqueza, é pensar en diversidade fronte a un pensamento único que está directamente vinculado ao fascismo
-o galego únenos a miles de pobos dado que somos unha maioría a nivel mundial as persoas que vivimos en entornos plurilingües, por moito que pareza o contrario (de feito tende a dicirse que Portugal é o único país monolingüe polo menos de Europa e nós sabemos que nin iso é certo).

Gustaríame aclarar finalmente tamén que o meu papel en todo isto non é máis que o de tentar catalizar o que todas e todos nós queremos e podemos sen dúbida conseguir e o de se cadra dar os primeiros pasos no camiño. A miña experiencia no traballo en cooperación dime que esta é a vía do cambio, a que temos que seguir. E se non funciona prefiro polo menos dicir que o intentamos.

Se estades minimamente de acordo con todo isto e queredes dar as vosas ideas, participar, sacar a rabia que levamos dentro de xeito creativo, por favor contestade e espallade este correo. Contestade dicindo a que hora poderiades quedar o día 2 a ser posible antes do día 28 de xeito que poidamos buscar un lugar axeitado para vernos dependendo de canta xente sexamos. Porque as ameazas son tamén oportunidades, comecemos a andar o camiño da esperanza.

M

Óperas

Os mellores edificios para escoitar as mellores óperas do mundo:

En pé de igualdade

O Fiscal Superior de Galiza, Carlos Varela García, instou hoxe á Administración autonómica a pór en marcha medidas "legais" que sitúen o idioma galego "en pé de igualdade" co castelán. Así o expuxo no trascurso do acto anual da Irmandade Xurídica Galega, celebrado hoxe no Pazo de Fonseca de Santiago, no que varios maxistrados recibiron a "toga da galeguidade" ao entrar a formar parte do órgano. Por outra banda, un grupo de secretarios e funcionarios xudiciais recibiron as insignias da entidade.

Varela apelou ao principio xurídico da discriminación positiva, que favorece á lingua en inferioridade de condicións, para que o principio de cooficialidade lingüística sexa "real" e "efectivo", alegando que, de non ser así, "o principio de igualdade establecido pola Constitución española "non será tal". Por iso pide ao Goberno galego que adopte accións "correctoras" para que o galego "non estea en inferioridade de condicións".

Por outra banda, tal e como acordaron no acto fundacional da Irmandade celebrado fai un ano en Celanova, a entidade transladou á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a necesidade de promover unha nova asemblea de concellos galegos para "correxir algunhas carencias" que, asegurou Varela, observaron no "escaso" uso da lingua galega por parte das asesorías xurídicas e as policías locais.

O Fiscal Superior afirmou que tamén pretenden transmitir este proceso "regaleguizador" aos directivos das Escolas de Prácticas Xurídicas e ás facultades de dereito das universidades da comunidade, para que incorporen nos programas académicos cursos, materiais e medidas de "fomento" do uso do galego "entre os xuristas que se están a formar".

Carlos Varela tachou de "imprescindible" o diálogo aberto coas asesorías xurídicas das centrais sindicais que aínda non optaron polo emprego da lingua galega no ámbito laboral, e animou aos membros da Irmandade a levar o discurso da normalización lingüística "ao extremo do exemplo" no seu traballo "para que se difunda e espalle", concluíu.

Artigo

Madrid antigo

Fotografías de Madrid antes, durante e despois da guerra civil.

20/06/09

Cyril

E é que hai magos e magos:


video

La reina en le palacio de las corrientes de aire

Si, xa o lin. Hoxe á mañá remateino para poder dedicar a fin de semana a corrixir exames. Alédame telo rematado, e alédame que se remate a triloxía. Engancha, si, coma adoita ocorrer coa novela negra; non hai nada mellor que este tipo de literatura para fuxir do mundo real. Pero, desde logo, quedo con outras novelas e con outros escritores. A pesar da sona, da publicidade. E sigo a preferir o primeiro da triloxía.
En La reina en le palacio de las corrientes de aire Stieg Larsson riza o rizo, abonda en obviedades, pero segue a manter ese ritmo frenético que non permite deixar a lectura ata o desenlace. Así que seguramente sexa unha moda pasaxeira, pero de momento, lémolo e entretémonos un bo anaco, que ás veces, é canto pedimos á lectura.
O mellor é esa crítica social que subxace nas súas novelas, cun coidado especial e atento ao mundo dos malos tratos e abusos contra as mulleres. Así como un xeito de buscar delictos "oficiais" nos estados de dereito, ou terrorismo de estado. Bótase de menos que a protagonista sexa menos protagonista, e bótase de máis algunhas complexidades que sobran na trama. Pero como vos dixen, calquera dos tres libros engancha, constitúe unha lectura amena e o seu grosor non impide devorala en pouco tempo.
Pero en canto á literatura negra nórdica sigo a quedarme con outros títulos.


Desde o ILG

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago advirte a Feijoo de que as actuacións do seu Executivo supoñen un serio retroceso na extensión do coñecemento do galego e na súa implantación na sociedade, na administración e no ensino, causando un dano gravísimo ao prestixio social da lingua galega. Fai fincapé en que se difunden desde as máis altas instancias as falsas ideas de que o galego é lingua só dunha parte da cidadanía e de que existe un proceso de imposición que discrimina os castelán-falantes. Lembra que o Consello de Europa chamou a atención sobre a insatisfactoria situación do galego no ensino, a discriminación que sofren os galegofalantes no sistema xudicial e a situación de marxinación nas empresas que prestan servizos públicos en Galicia.
Insta ao Goberno a promover a lingua en todos os eidos cumprindo a lexislación vixente e destaca que se debe impedir que a lingua se convirta en motivo de conflito.



Desde a Aula Castelao

A Aula Castelao de Filosofía calificou como "equívoca e tendenciosa" a enquisa da Consellaría de Educación. Segundo a entidade, é unha iniciativa demagóxica que ten como obxectivo final limitar ou suprimir nos nenos e nenas a competencia lingüísitica en galego. Reivindica o seu traballo a prol da normalización do galego a través de publicacións ou da Semana Galega da Filosofía. Así, o vocabulario técnico ou filosófico é traducíbel, expresábel e interiorizábel en calquera lingua, polo que defende o galego como idioma de coñecemento e reflexión filosófica para contribuír ao enriquecemento do vocabulario e dos contidos dos currículos de Filosofía dos centros. Pide ás institucións que apoien a competencia lingüística en galego, polo que reclamou que se propicien realmente as canles de coñecemento científico, tecnolóxico, filosófico e artístico na lingua propia.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.