Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/01/10

O nadal de Thalía

Thalía, coma decote, aproveitou o Nadal para ler, ademais de estudar Bioloxía, claro. E achéganos as súas reflexións.



El Aleph
Borges

Este libro en principio facíase moi pesado e non me animaba moito a lelo, pero segundo ían pasando as páxinas comeceino a entender e a disfrutar. Non é un libro que pola miña propia iniciativa lería, pero doume conta a posteriori que sería un erro non facelo.



Amanecer
Stephanie Meyer

O último libro desta saga é o máis completo e á vez extenso. É tamén o que máis me gustou.
Saber finalmente como rematan os acontecementos desta gran historia de amor esperta en min un sentimento magoento, porqeu non vai haber máis, pero tamén de satisfacción porque descubro o final.
Neste libro temos a transformación, o nacemento tan anceiado e temido. Unha das partes que máis me gustou é a da batalla cos Vulturis: mantíñame intrigada o final. Non me defraudou nada. Ten partes moi divertidas e outras que quizais sexan menos amenas, pero sen dúbida paga a pena lelo.



Plenilunio
Antonio Muñoz Molina

Este é un gran libro. É moi duro, reflcte moi ben a dor, a crúa realidade dunha violación; fala do que senten as vítimas, a familia, o propio violador. O libro invita á reflexión, a dármonos conta da nosa propia inconsciencia. Tentar pedir axuda sen conseguilo; a desesperación non tería importancia para os máis. É un gran libro que TOD@S debemos ler.



La fundación
Antonio Buero Vallejo

Esta obra de teatro gustoume moito. É unha forma moi animada de representar o que era estar no cárcere.
O personaxe de Tomás pareceume moi entretido. Ao principio non entendía por que el vía todo iso, pero finalmente todo ten sentido.
Gustaríame vela representada, porque se está ben léndoa, que será vela no teatro???


Moitas grazas, Thalía, unha vez máis. Xa sabes que seguimos contando contigo e as túas lecturas.


4 comentarios:

Oshidori dixo...

Thalía le demasiado!
(ciumes)
xD

Ronsel dixo...

Mira que es! Onde está ese comentario dunha lectura do que me falaches no Nadal e que aínda non recibín?

Anónimo dixo...

jajajajaj....non leo moito non....se case non teño tempo para ler.
Non puxeches todas as lecturas, faltouche esa que che comentara...e si q estaba na libreta, peo debíchela pasar..
Bueno xa a pos a próxima vez que che mande a libreta, que agora estou lendo un dos que me deixaras... =)
Bicos!!

**Thalía**

Ronsel dixo...

Si que a puxen, si. Mira máis abaixo...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.