Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/10

Peaxe sexual

Unha de cada tres mulleres atendidas por Médicos Sen Fronteiras en Rabat e Casablanca admitiu ter sufrido un ou máis ataques sexuais, tanto no seu país coma en Marrocos. No traxecto desde o seu país de orixe ata Marrocos para ir de camiño a Europa, as mulleres migrantes subsaharianas vense expostas a todo tipo de agresións, abusos sexuais ou a ser explotadas no mundo da prostitución. Cada vez son máis, máis novas, e cada vez abusan máis delas. Arrepiante. Ademais, como consecuencia directa da aplicación das políticas migratorias da Unión Europea, moit@s emigrantes non poden nin volver ao seu país nin seguir a Europa, o que aumenta a súa vulnerabilidade especialmente a das mulleres.

"Me violaron durante cinco días, uno tras otro, cinco días. No me pude negar (...). Deseas estar muerta. Pero la muerte no llega. Violada, violada. Te fuerzan, por delante y por detrás. Aunque grites, no hay nadie. Nadie que pueda venir a ayudarte. Estás ahí en la arena, te hacen eso durante días. Estás cansada. Lloras, lloras al mismo tiempo que tu cara se hincha. No hay nadie que te ayude. Nadie".



Vía

1 comentario:

maria dixo...

a nosa sociedade parece que está cada vez máis embrutecida. E o peor é que seguimos calando ante tanta barbarie

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.