Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/06/10

Mulleres en Hollywood

Cun test moi sinxelo, creado por Allison Bechdel no seu cómic Dykes to Watch Out For en 1985 poderemos comprobar o rol da muller nas películas que se producen en Hollywood. Realmente lamentable a imaxe da muller que a industria do cine transmite:




Só tres preguntas:
.- Hai dúas mulleres ou máis que teñan nome?
.-Fálanse entre si?
.- Falan de algo que non sexa "homes"?

Grazas, Pilar

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.