Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/07/10

El último refugio


Xa vos teño falado doutros libros de Roberto Innocenti. E se os coñecedes non hai moito máis que engadir. É un ilustrador que tira o impo, se se pode dicir así.
El último refugio con texto de J. Patrick Lewis e ilustracións de Roberto Innocenti lévanos a un mundo máxico que recrea personaxes de contos e libros famosos. Polas súas páxinas paseará Huckleberry Finn, John Silver, Maigret, Moby Dick... entre outros. Agora ben, as ilustracións, como sucede sempre con Innocenti, devora literalmente a historia. Non queremos ler, queremos agasallar a vista con estas impresionantes figuras, formas e cores que adornan cada páxina, que a converten nunha obra de arte. E iso que a historia é preciosa! Porque é literatura en estado puro.
Un libro para mirar, para reter, para analizar, para observar, para contemplar, para descifrar. Cada detalle importa, e con cada mirada descobres un novo detalle. Un xogo entre imaxe e lectura que disfrutarás, seguro.



2 comentarios:

Anónimo dixo...

A verdade que non o coñecía. Ten unha moi boa pinta, e ademáis sendo do FCE xa ten unha boa carta de presentación.

Ronsel dixo...

vaiche encantar!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.